Adaptadores

De MediaWiki
Saltar a: navegación, buscar

Introdución

  • Un adaptador:
    • é un elemento intermediario entre unha fonte de datos (XML, Arrays, Ficheiros, BBDD) e un interface de usuario que amosa eses datos, por exemplo un Spinner, unha lista de Selección, etc.
    • Por cada dato crea unha View e a representa.
    • É o responsable de xerar todos os elementos de representación asociados aos datos. Imaxinar que cada ítem estivera formado por dous subcompoñentes: nome de persoa e foto. O adaptador debe ser quen de poder representar iso.
  • Dispoñemos tipos de adaptadores pero imos usar: ArrayAdapter, que proporciona un interface de selección a través dun array de obxecto de calquera tipo.


  • Neste curso imos ver como usar ArrayAdapter para presentar datos de selección a través de Spinner e ListView.





-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2015).