Android Debug Bridge: ADB

De MediaWiki
Saltar a: navegación, buscar

Introdución

Máis información neste enlace.

  • O Android Debug Bridge ADB é unha utilidade que permite comunicarse cun dispositivo virtual ou real.
O executable se atopa no cartafol de instalación do SDK/plataform-tools/ e ten nome 'adb' en Linux ou 'adb.exe' en Windows.


  • Esta composto dun:
  • Un servidor que sempre está funcionando no ordenador real e que vai servir de 'ponte' para mandar os comandos dende o cliente ao emulador ou dispositivo real Android. Este servidor sempre estará escoitando no porto 5037.
O servidor escanea os portos impares dende 5555 a 5585 buscando dispositivos reais ou emuladores aos que mandar os comandos.
  • Un cliente ADB, que mandará as ordes ao emulador ou dispositivo real a través do servidor adb facendo uso do porto 5037.


  • Cando un cliente se quere conectar ao emulador, este comproba se xa está executándose o servidor. En caso de que non estea, levanta o servizo.
Se queremos levantalo manualmente temos que executar a orde: adb start-server.

Dispositivos conectados

O shell do dispositivo

  • Permite executar comandos dentro do dispositivo android.
  • Android está baseado en Linux, por tanto poderanse executar moitos dos comandos dese SO nun dispositivo android.
  • Importante: Para acceder en modo root en AVDs con versións de android 7 ou superior débese execuatar antes de entrar nel:adb root.


Sacar ficheiros do dispositivo

  • Outra das funcionalidades que nos permite é sacar ficheiros/carpetas do dispositivo.

Instalar unha aplicación

  • As aplicacións instalables teñen extensión apk como se verá na UNIDADE 2 do curso: adb install.
  • Neste caso vaise baixar de internet un visor PDF moi sinxelo para Android.

Introducir ficheiro no dispositivo

  • Ao igual que se sacan ficheiros do dispositivo tamén se poden introducir ficheiros no mesmo: adb push.


Desinstalar unha aplicación do dispositivo

  • Ao igual que se pode instalar unha aplicación tamén se pode desinstalar: adb uninstall.
  • Tamén se pode realizar de modo gráfico.


Varios dispositivos

  • Até agora só traballamos con adb cun só dispositivo. Como actuar cando hai máis dun dispositivo real ou virtual?.


Conectar un dispositivo físico

  • Agora tócalle a quenda aos dispositivos físicos.
  • Hai que habilitar a Depuración USB


Conectar un dispositivo físico en Windows

  • En Linux e OS X non é preciso instalar o driver do dispositivo para conectarse a el, pero en Windows si.
  • Neste caso vaise usar de exemplo un dispositivo físico Samsung.









-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Alvarez. -- (2018).