Android Instalación desde cero

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda


Introdución

Inicialmente para desenvolver aplicacións có Android Studio necesitamos ter instalado:

  • O JDK.
  • O SDK.
  • O Android Studio.

Como o Android Studio xa se pode descargar có SDK só teriamos que ter instalado previamente o JDK.


  • Compoñentes a instalar:
Logo oracle.jpg O Oracle JDK 7 (Java Development Kit)
00 android platform.png O SDK (Software Development Kit) de Android (xa ven có Android Studio)
Androidstudioicon.png O Android Studio. IDE para desenvolver aplicacións Android.

Instalación Oracle JDK

  • Para poder desenvolver aplicacións é necesario ter instalado o JDK. Non chega có JRE.
O JDK versión 7 ou superior é necesario se queremos desenvolver aplicacións para o Android 5.0 ou superior.
Para comprobar que versión do JDK tedes instalada podedes abrir un terminal / consola e escribir na liña de comandos: javac --version.
  • Vaise instalar a versión 7.
  • Ou ben podemos facelo automaticamente. Escolleremos esta opción se temos un S.O. Linux ou Mac OS X.
Na actualidade a versión de Oracle JDK xa non está dispoñible nos repositorios de Debian / Ubuntu, porque Oracle retirou a licenza de distribuidor de Java" (JDL).
Para instalalo podemos facer uso dos repositorios Webupd8.
Os pasos a seguir son dende un terminal:
Engadimos os repositorios
1   sudo add-apt-repository ppa:webupd8team/java


Actualizamos os repositorios
1   sudo apt-get update


E instalamos a versión de Java:
1   sudo apt-get install oracle-java7-installer


No caso de querer instalar a 8 poderíamos poñer: sudo apt-get install oracle-java8-installer


Unha vez instalada podemos comprobar a versión escribindo: javac version


  • Se temos varias versións instaladas do JDK (por exemplo a OpenJDK) podemos escoller unha o outra coa orde:
1   sudo update-alternatives --config java


  • Para establecer automaticamente as variables de contorna podemos executar (neste caso para a versión 7):
1   sudo apt-get install oracle-java7-set-default

Android Studio

  • Comprobamos que cumprimos os requisitos mínimos de hardware.
  • Windows:
   Microsoft® Windows® 8/7/Vista (32 or 64-bit)
   2 GB RAM mínimo, 4 GB RAM recomendado.
   400 MB de espazo en disco.
   Ó menos 1 GB para o Android SDK, imaxes dos emuladores e caches
   1280 x 800 de resolución de pantalla mínima.
   Java Development Kit (JDK) 7
   Para ter a aceleración dos emuladores: Intel® processor con soporte para Intel® VT-x, Intel® EM64T (Intel® 64)
  • Mac OS X:


   Mac® OS X® 10.8.5 or higher, up to 10.9 (Mavericks)
   2 GB RAM mínimo, 4 GB RAM recomendado.
   400 MB de espazo en disco.
   Ó menos 1 GB para o Android SDK, imaxes dos emuladores e caches
   1280 x 800 de resolución de pantalla mínima.
   Java Runtime Environment (JRE) 6
   Java Development Kit (JDK) 7
   Para ter a aceleración dos emuladores: Intel® processor con soporte para Intel® VT-x, Intel® EM64T (Intel® 64)


  • Linux:
   GNOME or KDE desktop
   GNU C Library (glibc) 2.15 o posterior
   2 GB RAM mínimo, 4 GB RAM recomendado.
   400 MB de espazo en disco.
   Ó menos 1 GB para o Android SDK, imaxes dos emuladores e caches
   1280 x 800 de resolución de pantalla mínima.
   Oracle® Java Development Kit (JDK) 7
Probado nun Ubuntu® 14.04, Trusty Tahr de 64 bits.


  • O proceso de instalación é bastante parecido en todos os S.O., sendo Windows máis sinxelo de instalar:


  • En Linux e Mac OS X debemos descomprimir o arquivo baixado.
1   sudo unzip android-studio-ide-141.2422023-linux.zip -d .
O parámetro -d indica en que cartafol se vai descomprimir o arquivo.


  • Para executalo debemos situarnos no cartafol descomprimido, acceder ao cartafol /bin e dentro deste executar o arquivo:
1   ./studio.sh


  • En Windows debemos instalar a aplicación baixada, instalala e executar o programa instalado:
PDM AndroidStudio instalacion11.JPG


Executando por primeira vez o IDE

  • A primeira vez que se executa aparece un asistente para a creación dun novo proxecto Android.









-- Ángel D. Fernández González -- (2015).