DRUPAL Apariencia Instalación

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Aumentando o tamaño dos arquivos que podemos subir ao Drupal

  • Se durante a instalación dun Theme vos aparece unha mensaxe de que o arquivo ten un tamaño superior a 2MB quere dicir que a configuración do PHP está configurada para ese límite.
Para solucionalo poderíamos editar o arquivo de configuración de PHP (/etc/php5/apache2/php.ini => direcitva: upload_max_filesize) e aumentar ese límite, pero como normalmente ides ter o CMS instalado nun aloxamento compartido, non teredes acceso a dito arquivo.
Para solucionalo podedes editar o arquivo /cartafol_instalado_drupal/.htaccess e engadir estas liñas:
php_value upload_max_filesize 10M
php_value post_max_size 10M
No exemplo estamos a poñer un límite de subida de arquivos cun tamaño máximo de 10MB.
Tedes unha explicacións máis detallada (aplicada a o CMS Moodle) no meu blog.

Instalando un novo Theme

  • NOTA: Esta sección está asociada á realización dun Exercicio.


  • Para instalar un novo tema podemos facelo graficamente ou manualmente.


  • Primeiro debemos decidir o tema a instalar.
  • Podemos ir a este enlace onde temos varios criterios de busca. Un dos que sempre temos que ter en conta é o que indica o 'core compatibility' no que teremos que escoller a versión do drupal que temos instalada.
  • Podemos ir a este enlace no que aparece un índice dos temas.


  • Vexamos un exemplo de busca:
Drupal apariencia 18.jpg


  • Imos a instalar o tema Drupal8 Zymphonies Theme que aparece na busca anterior. Ao premer nel aparecerá a súa información:
Drupal apariencia 19.jpg

Como está indicado:

  • Está activamente mantido, polo que se aparecen bugs serán corrixidos.
  • A nivel de desenvolvemento soamente faranse modificacións para corrixir os erros atopados.
  • Indica o número de sitios que informaron da súa instalación.
  • Indica o número de veces que se descargou o tema do sitio web.
  • Indica a última vez que foi modificado.


  • Procederemos a instalación.

Manualmente

Graficamente


  • Lembrar que Drupal ten dous temas diferentes:
  • Un para administración (por defecto seven)
  • E outro para o sitio web (é o que configuramos nos exemplos anteriores).
Para visualizar o novo tema, teremos que visitar o sitio web xa que se estamos na área de administración seguiremos vendo o tema 'seven'.

Recuperando Drupal dun tema non operativo

  • Pode darse o caso de que instaledes e activedes de forma accidental un tema que non se visualice correctamente ou que vos deixe de dar acceso á parte administrativa de Drupal.
  • Nese caso podemos establecer o theme anterior facendo os seguintes pasos:
  1. Instalamos a ferramenta Drush.
  2. Unha vez instalada e estando nunha terminal no cartafol do sitio web de Drupal:
drush status theme
Devolve o theme actualmente activo.
drush config-set system.theme admin seven
Cambia o theme de administración (no exemplo está seleccionado o seven).
drush config-set system.theme default bartik
Cambia o theme do sitio (no exemplo está seleccionado o bartik).
  • Se despois de facer a orde anterior non aparece o theme seleccionado probade a baleirar a caché:
drush cache-rebuild




-- Ángel D. Fernández González -- (2016).