DRUPAL Conceptos previos

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Que é un CMS

Drupal Joomla-Drupal-Wordpress.jpg
  • Drupal ao igual que outros programas son CMS (Content Management System ou o que é o mesmo: Sistemas de Xestión de Contidos.
  • Un CMS é un programa baseado na arquitectura cliente - servidor que permite administrar e xestionar contido web sen necesidade de ter coñecementos de programación.
  • Antigamente para facer unha web para unha empresa era necesario un programador con coñecementos de HTML, CSS, Javascript, PHP e acceso a base de datos Mysql (se dita aplicación necesita acceder a datos).


  • Con este tipo de programas, aínda que é aconsellable saber algo do indicado no punto anterior, non é necesario. Con este tipo de software, podemos crear un sitio web a través das opcións que nos da o programa e ademais podemos engadir contido tamén a través do mesmo programa.
  1. Permite xestionar a seguridade (usuarios, permisos,...) dunha forma sinxela.
  2. Permite cambiar o aspecto completo do sitio web escollendo modelos.


  • Existen CMS de propósito xeral:
Este tipo de CMS poden adaptarse a practicamente calquera necesidade de sitio web.
Ten multitude de opcións de ampliación das súas funcionalidades
  • Existen CMS de propósito específico:
  • Moodle: Para educación. Tedes un exemplo no moodle do centro].
  • MediaWiki]: Permite publicar contido na web e aos usuarios editar contido directamente no navegador, gardando en forma de versións as modificacións feitas. Un exemplo é este mesmo sitio web.
  • Wordpress.org: Fundamentalmente para facer blog´s,aínda que se poden facer outro tipo de sitios.


  • Vemos na seguinte imaxe diferentes CMS dependendo do seu uso:
Drupal listado cms.jpg
Información obtida da wikipedia

Compoñentes comúns CMS

  • A maior parte dos CMS van ter que ter instalado e configurado o seguinte Software:
  • Un servidor web que responda as peticións dos usuarios. Debemos configurar dito servidor web para que dea soporte a páxinas PHP.
  • Un servidor de base de datos, normalmente mysql.
  • Poderemos necesitar un servidor ftp para 'subir' os arquivos ao sitio onde está aloxado o noso servidor web.


Como funciona a arquitectura cliente-servidor

Drupal Cliente-Servidor.png


  • Nese intre sucede o seguinte:
  1. O computador 'traduce' a dirección moodle.cifprodolfoucha.es a unha dirección en Internet. Dita dirección se identifica por 4 grupos de números separados por punto (por exemplo 217.160.230.68). Dita labor a fan os servidores DNS.
  2. Con esa dirección (é un computador en Internet) o navegador fai unha petición de obter unha páxina web e manda esa petición a través dos router´s ata chegar ao computador destino.
  3. Nese computador destino recíbese a petición nun porto determinado (o tráfico web vai ao porto 80 por defecto). Nese porto se atopa 'escoitando' un proceso (no noso caso dito proceso é xestionado por un servidor web, apache).
  • O servidor identifica:
  • IP do computador orixe.
  • A url que envía xunta coa páxina a cargar (moodle.cifprodolfoucha.es => neste caso non se envía páxina, pero o servidor web vai cargar unha páxina por defecto, normalmente index.php).
  • O servidor web está configurado para asociar a dirección (moodle.cifprodolfoucha.es) a un cartafol do seu disco duro (no caso de apache dito servidor é /var/www/html).
Fixarse que un servidor web pode dar servizo a máis dun sitio web e polo tanto vai poder recibir solicitudes de máis dun sitio.
  • Busca nese sitio cartafol a páxina solicitado. Se é unha páxina php 'executa' previamente o código php que ai no seu interior.
  1. O computador envía de volta ao cliente a páxina solicitada.


  • Como vemos neste tipo de arquitectura usamos un modelo de aplicación distribuída, temos un computador (servidor) que é o que envía a información solicitada aos clientes e por outra banda temos os clientes que solicitan información ao servidor.


  • Todos os CMS funcionan seguindo este tipo de arquitectura. A maiores con respecto o visto nos pasos anteriores, as páxinas php van buscar información a un servidor de bases de datos (mysql).



Proceso de instalación dun CMS

  • O proceso sempre é o mesmo.
  1. Instalar e configurar un servidor web (normalmente apache) que atenda ás peticións do noso sitio identificado por unha URL: http//meusitio.es
  2. Engadir as librerías necesarias para que o servidor web poida cargar páxinas php.
  3. Instalar e configurar un servidor FTP para subir arquivos ao noso sitio web.
  4. Instalar e configurar un servidor de bases de datos (normalmente Mysql)
  5. Crear unha base de datos en Mysql cun usuario que teña permiso sobre dita base de datos.
  6. Baixarse o software do CMS do sitio web e descomprimilo no cartafol onde da servizo o servidor web.
  7. Dende un navegador introducir a URL do noso sitio web, empezando a instalación do CMS. Durante a instalación se nos pedirá o nome da base de datos, usuario e password creado anteriormente.


  • Se estamos nun aloxamento compartido (tipo PaaS) non teremos que facer os catro primeiros pasos.




-- Ángel D. Fernández González -- (2016).