DRUPAL Configuración da conta
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Introdución
- Neste apartado explícase como configurar as opcións predeterminadas das contas do usuario, personalizar as mensaxes que lle chegan aos usuarios cando se rexistran, se dan de baixa,... e como personalizar os campos que aparecen cando un usuario se rexistrar.
- Para ir as opcións da conta temos que ir ao menú Administrar => Configuración => e premer na sección Configuración de la cuenta.
Opcións
- Na sección Opciones de contacto indicamos que os usuarios novos non van ter un formulario de contacto para que se poidan poñer en contacto con eles. Isto pode cambiarse editando o usuario xa que lle aparece a mesma opción como xa vimos na sección de creación dun usuario.
- Na sección Usuarios anónimos aparece o nome se lle vai asignar a un contido publicado en Drupal que non leve autor.
- Na sección Rol de Administrador se indica cal é o rol que vai levar todos os permisos cando se instale un novo módulo. Os permisos postos ata o momento non se cambian.
- Isto o vimos na sección de permisos desta unidade, onde puidemos comprobar que no rol 'Administrador' están todos os permisos.
- Na sección Creación y cancelación de cuentas indicamos quen pode crear contas novas en Drupal. Por defecto, os usuarios poden crear as súas propias contas, pero non serán activadas ata que o fago o administrador.
- Tamén podemos indicar que acción realizar cando se cancela unha conta con respecto ao contido publicado.
- Na sección Dirección de correo electrónico para notificaciones indicamos que dirección de correo vai utilizar Drupal cando envía correos aos usuarios (sería o campo Dende (from) dun correo).
- Drupal vai enviar automaticamente correos aos usuarios na situacións indicadas a continuación na sección.
- Por cada situación podemos 'personalizar' a mensaxe que vai recibir o usuario:
Personalización dos datos do usuario
- Ao igual que cos tipos de contido, imos poder engadir ou modificar os datos que son recollidos cando un usuario dáse de alta.
- O funcionamento é igual que nos tipos de contido, xa visto na unidade didáctica 2: Contidos.
-- Ángel D. Fernández González -- (2016).