DRUPAL Instalar Drush

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Instrudución

  • Drush é un comando do shell para Drupal.
  • Drush vai permitir:
  • Descargar novas versións de Drupal.
  • Instalar Drupal.
  • Instalar módulos de Drupal
  • Outras funcións...
  • Normalmente as operacións que fagamos con Drush poderíamos facelas graficamente, pero é unha forma máis rápida e eficiente de facelo.
  • Por exemplo, para poñer Drupal en 'modo mantemento' poderíamos executar a seguinte orde: drush sset system.maintenance_mode 1
  • NOTA IMPORTANTE: Para que funcionen os comando drush con Drupal é necesario executalos estando no cartafol onde está instalado Drupal (no noso caso /var/www/html/drupal)

Instalación de Drush

  • Nota: No momento de escribir este manual (Setp. do 2016) a versión de Drush que se descarga coa orde apt-get é a versión 5.10 que non vale para usar coa versión de Drupal 8.x. Polo tanto será necesario descargalo manualmente.


Automaticamente

  • Para Ubuntu/Debian:
1 sudo apt-get install drush
  • Para CentOS/RHEL:
1 sudo yum install drush
  • Para OS X con Homebrew:
1 brew install drush


Manualmente

  • Para instalalo manualmente previamente teremos que ter instalado composer.

Instalar o programa php

  • Programa necesario para poder executar páxinas php dende a liña de comandos.
  • Executaremos esta orde:
1 sudo apt-get install php5-cli

Composer


  • Composer é un programa (ferramenta) que permite solucionar os problemas de dependencias de librerías cando instalamos un determinado programa.
  • Necesita ter instalado PHP. A versión vai depender da versión composer a descargar. Podede consultar dita versión no enlace anterior, na sección de System Requeriments.
  • Para instalalo necesitamos executar estas liñas de código dende consola:
1 php -r "copy('https://getcomposer.org/installer', 'composer-setup.php');"
2 php composer-setup.php
3 php -r "unlink('composer-setup.php');"
  • Isto creará un arquivo 'composer.phar' que deberemos mover ao cartafol '/usr/local/bin/' coa orde: mv composer.phar /usr/local/bin/composer
  • Se todo foi correcto, poderemos escribir a orde composer nun terminal e aparecerá as opcións coma na pantalla seguinte:
Drupal instalar composer 1.jpg

Instalando drush


  • Deberemos crear un script de nome drushScript.sh (por exemplo) nun cartafol calquera e copiar o seguinte:
# Download latest stable release using the code below or browse to github.com/drush-ops/drush/releases.
php -r "readfile('https://s3.amazonaws.com/files.drush.org/drush.phar');" > drush
# Or use our upcoming release: php -r "readfile('https://s3.amazonaws.com/files.drush.org/drush.phar');" > drush

# Test your install.
php drush core-status

# Make `drush` executable as a command from anywhere. Destination can be anywhere on $PATH.
chmod +x drush
sudo mv drush /usr/local/bin
sudo ln -s /usr/local/bin/drush /usr/bin/drush
  • Cambiar os permisos: chmod 755 drushScript.sh.
  • Executar: sudo drushScript.sh.
  • Agora se poñemos na consola: drush --version debería aparecer a versión do mesmo (no exemplo actual aparece 8.1.3).


  • Para comprobar se funciona podedes cambiar a modo mantemento coa orde: drush sset system.maintenance_mode 1


NOTA IMPORTANTE: Para que funcionen os comando drush con Drupal é necesario executalos estando no cartafol onde está instalado Drupal (no noso caso /var/www/html/drupal)

Comandos

  • Importante: Debemos executar os comandos dende o cartafol onde está instalado o Drupal (/var/www/html/drupal no noso caso).


Por exemplo, podemos facer o backup da base de datos con este comando:
1 drush sql-dump > /path/to/backup_dir/database-backup.sql
Tamén podemos facer un backup da base de datos e que busque os datos, usuario/password no arquivo de configuración de Drupal escribindo:
1 ./drupalsqldump.sh sites/default/settings.php > /path/to/backup_dir/database-backup.sql


Podemos limpar a caché:
1 drush cache-rebuild