DRUPAL Módulo Migrate Source CSV Plugin

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • Con este módulo imos poder importar datos dende un arquivo CSV ao noso DRUPAL.
  • Para instalalo, instalar e activar previamente o módulo:


Instalando o módulo migrate-tools

Nota: Lembrar mirar o comentado anteriormente na wiki sobre a versión do CORE compatible coa versión do plugin.

  • O módulo migrate_tools engade novas funcionalidades ao comando Drush, xa visto na WIKI, engadindo seis novos comandos, permite facer rollback (marcha atrás, cancelación) das operación de importación e incorpora unha interface gráfica (Menú administración => Estrutura => Migración) no que se pode consultar os grupos de migración dispoñibles.
Unha vez instalado teremos os seguintes módulos que teremos que activar:

Drupal import 8.jpg


  • Unha vez instalado dispoñeremos dunha nova entrada en Menú Administrar => Estrutura => Sección Migrations:

Drupal import 9.jpg


Creando unha cadea de conexión

  • Se cando premedes na opción List Migration sobre o grupo de migración, vos da un erro, probade a facer o seguinte:
Crear unha nova cadea de conexión á base de datos mysql có nome de 'migrate'.
Para facer isto último teremos que editar o arquivo de configuración de DRUPAL que se atopa en /cartafol_drupal/default/sites/settings.php e engadir a seguinte cadea de conexión:
1 $databases['migrate']['default'] = array (
2 'database' => 'DB_NAME',
3 'username' => 'DB_USER',
4 'password' => 'DB_PASSWD',
5 'host' => 'localhost',
6 'port' => '',
7 'driver' => 'mysql',
8 'prefix' => '',
9 );
Cambiando os datos polos de cada un.


Instalando o módulo Migrate Source CSV Plugin

Unha vez instalado deberemos activalo:

Drupal import 10.jpg







-- Ángel D. Fernández González -- (2016).