DRUPAL Módulos Específicos

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • Neste punto veremos diferentes módulos necesarios para completar o curso.
  • Ditos módulos estarán referenciados nas unidades onde sexan necesarios.


Módulo Display Suite


  • Uso do módulo: O principal uso deste módulo é para dar un formato aos tipos de contido en Drupal.
  • Cando creamos un tipo de contido formado por varios campos, estes aparecen un detrás doutro. Con este módulo imos poder asociar ao contido un layout específico (multi-columna) e tamén poderemos personalizar o estilo (con CSS) a cada unha das partes do novo layout. En cada parte creada poderemos colocar os campos que conforman o tipo de contido creado en Drupal.




Funcionamento básico

  • Vexamos un exemplo de funcionamento básico deste módulo.
  • Comentar que podemos modificar o CSS do layout escollido. Este atópase no cartafol /instalción_drupal/modules/ds/css. Concretamente o do exemplo ten de nome ds-2col.css.
 1 /**
 2  * @file
 3  * Styling for the ds-2col template.
 4  */
 5 
 6 .ds-2col > .group-left {
 7   float: left; /* LTR */
 8   width: 50%;
 9 }
10 
11 [dir="rtl"] .ds-2col > .group-left {
12   float: right;
13 }
14 
15 .ds-2col > .group-right {
16   float: left; /* LTR */
17   width: 50%;
18 }


  • Podemos ver como cada rexión ten como clase CSS asociada: group-left e group-right.


Funcionamento avanzado

  • Nestes exemplo imos modificar mediante clases e con arquivos CSS o aspecto dos tipos de contido dentro de cada rexión.


  • Poñer a definición de clases CSS no arquivo de configuración de layout pode levar consigo que se actualizamos o módulo perdamos os cambios. Tamén leva consigo que se queremos aplicar as mesmas clases a outros deseños teríamos que modificar tamén os CSS doutros layouts.
Veremos a continuación, no seguinte exemplo, como colocar o CSS nun arquivo separado e cargado polo Theme de Drupal.
  • Con isto vemos unha parte do que se pode facer con este módulo.


Módulo Slick Carousel

  • Permite engadir slideshow ao noso sitio web.
Slick View: https://ftp.drupal.org/files/projects/slick_views-8.x-1.0-rc2.tar.gz
Depende do módulo blazy: https://www.drupal.org/project/blazy
Librería Slick Library: https://github.com/kenwheeler/slick/ (ten que engadirse ao cartafol /libraries/)
Librería easing Library: https://github.com/gdsmith/jquery.easing (ten que engadir ao cartafol /libraries/)

Módulo Asset Injector

  • Ven a substituír ao CSS Injector na versión 7 de Drupal.
Permite engadir, utilizando regras, código CSS e Javascript ás páxinas do noso sitio web.
Podedes ver un exemplo de uso (coa versión 7 e CSS Injector) neste enlace.


  • Unha vez instalado podemos acceder dende: Administrar => Configuración => Asset Injector (dentro do grupo Development).



Módulo Paragraphcs

Depende do módulo entity_reference_revisions
Depende do módulo entity. Dito módulo será integrado no Core do Drupal.


  • Este módulo vai permitir crear un novo tipo de contido (Paragrapcs) no que imos poder modificar a posición dos campos e integrar novos tipos.



Funcionamento básico

  • Sobre dito paragraphc imos poder aplicar os deseños vistos no módulo Display Suite o calquera outra forma que permita modificar a súa presentación.
  • A diferenza vai estribar en que imos poder utilizar un paragraphc completo como se foxe un campo máis dun tipo de contido.
  • Vexamos un exemplo no que imos crear un paragraphc no que gardaremos información sobre as novas dos xogadores de baloncesto.
Imos facer que o paragraphc estea formado por un campo de texto e unha imaxe e imos modificar o tipo de contido 'Ficha Xogador' para que poidamos engadir un número ilimitado de paragraphc do tipo creado.
Visualizaremos o resultado.


Módulo View Unpublished


  • Uso do módulo: Permite establecer permisos sobre que roles poden ou non ver contido non publicado.



Módulo Publish Content


  • Uso do módulo: Permite que un rol poida publicar/despublicar contido.



Módulo Agregator

  • Link de descarga: Non necesita. Ven no CORE de Drupal


  • Uso do módulo: Permite publicar contido RSS externo.






-- Ángel D. Fernández González -- (2016).