DRUPAL Módulos Instalación

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Aumentando o tamaño dos arquivos que podemos subir ao Drupal

  • Se durante a instalación dun Módulo vos aparece unha mensaxe de que o arquivo ten un tamaño superior a 2MB e que non se pode instalar, quere dicir que a configuración do PHP está configurada para ese límite e impide que se poidan subir ao servidor arquivos superiores a dito tamaño.
Para solucionalo poderíamos editar o arquivo de configuración de PHP (php.ini) e aumentar ese límite, pero como normalmente ides ter o CMS instalado nun aloxamento compartido, non teredes acceso a dito arquivo.
Para solucionalo podedes editar o arquivo /cartafol_instalado_drupal/.htaccess e engadir estas liñas:
php_value upload_max_filesize 10M
php_value post_max_size 10M
No exemplo estamos a poñer un límite de subida de arquivos cun tamaño máximo de 10MB.
Tedes unha explicacións máis detallada (aplicada a o CMS Moodle) no meu blog.


Instalación

  • Un módulo amplía as funcionalidades de Drupal.

Graficamente


Por consola

  • Neste exemplo vaise instalar o módulo SMTP necesario para poder enviar correos electrónicos dende Drupal (por exemplo cando un usuario non lembra o seu contrasinal e preme a opción para enviarlle por correo as instrucións para recuperalo).


Activación

  • Despois da instalación dun novo módulo teremos que activalo.
  • Pode suceder que dito módulo apareza como inhabilitado. Normalmente será debido a que dito módulo depende doutro. O problema que temos en Drupal é que non informa de dita dependencia se non prememos sobre a descrición do módulo como amosa a seguinte imaxe:


Drupal modulos 1.jpg




-- Ángel D. Fernández González -- (2016).