DRUPAL Módulos Instalación
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Sumario
Aumentando o tamaño dos arquivos que podemos subir ao Drupal
- Se durante a instalación dun Módulo vos aparece unha mensaxe de que o arquivo ten un tamaño superior a 2MB e que non se pode instalar, quere dicir que a configuración do PHP está configurada para ese límite e impide que se poidan subir ao servidor arquivos superiores a dito tamaño.
- Para solucionalo poderíamos editar o arquivo de configuración de PHP (php.ini) e aumentar ese límite, pero como normalmente ides ter o CMS instalado nun aloxamento compartido, non teredes acceso a dito arquivo.
- Para solucionalo podedes editar o arquivo /cartafol_instalado_drupal/.htaccess e engadir estas liñas:
php_value upload_max_filesize 10M php_value post_max_size 10M
- No exemplo estamos a poñer un límite de subida de arquivos cun tamaño máximo de 10MB.
- Tedes unha explicacións máis detallada (aplicada a o CMS Moodle) no meu blog.
Instalación
- Un módulo amplía as funcionalidades de Drupal.
Graficamente
Por consola
- Neste exemplo vaise instalar o módulo SMTP necesario para poder enviar correos electrónicos dende Drupal (por exemplo cando un usuario non lembra o seu contrasinal e preme a opción para enviarlle por correo as instrucións para recuperalo).
Iremos a páxina de descarga do módulo e copiaremos a URL ou descargaremos a versión correspondente á versión do Drupal instalado. Nos imos a descargar o módulo localmente. Deberemos premer na columna de 'Download' sobre a versión correcta. Escollede a versión comprimida tar.gz e deixada en /tmp/.
Descomprimimos o arquivo baixado coa orden: tar -xzvf /tmp/smtp-8.x-1.0-alpha2.tar.gz. Mover a continuación o cartafol smtp/ ao cartafol onde Drupal instala os módulos. Dito cartafol de atopa en /drupal/modules. No caso de utilizar xampp estará en /opt/lampp/htdocs/drupal/modules. Cambiar o propietario de dito cartafol coa orde: chown -R www-data:www-data smtp.
Activación
- Despois da instalación dun novo módulo teremos que activalo.
- Pode suceder que dito módulo apareza como inhabilitado. Normalmente será debido a que dito módulo depende doutro. O problema que temos en Drupal é que non informa de dita dependencia se non prememos sobre a descrición do módulo como amosa a seguinte imaxe:
-- Ángel D. Fernández González -- (2016).