DRUPAL Permisos de usuarios

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Permisos

  • Neste punto vanse explicar os permisos que poden asociarse aos roles en Drupal.
  • Ditos permisos están agrupados en categorías para facer a busca máis doada.
  • Para acceder á sección de permisos: Menú Administrar => Usuarios => Lapelad Permisos:

Drupal permisos 1.jpg

  • Unha vez premido, aparecerá unha táboa.
  • A primeira columna amosará todos os permisos que podemos asinar a un rol.
  • As seguintes columnas amosarán cada un dos roles creados en Drupal.
  • Os permisos está agrupados polo módulo ao que pertencen.
  • Cada vez que instalemos/activemos un módulo teremos que comprobar que permisos ten asociados e darlle ditos permisos aos roles que o necesiten.
Un exemplo de permisos asociados ao módulo Search (lembrar que os módulos se atopan no menú Administrar => Ampliar):

Drupal permisos 2.jpg

Nota: Fixarse como no exemplo existe un rol de nome 'Permite Comentarios' que ten o permiso de 'Usar búsqueda' marcado pero sen posibilidade de quitalo (inhabilitado).
Isto é así xa que o permiso tamén está asinado ao rol 'Authenticated User', polo que 'herda' dito permiso. Se queremos quitalo deberemos quitalo primeiro ao rol 'Authenticated User'.


  • No bloque de permisos Node temos os permisos asociados aos tipos de contidos creados.
Vexamos un exemplo có tipo de contido Ficha Xogador:

Drupal permisos 3.jpg


  • No bloque de permisos Comment podemos indicar que roles teñen permiso para facer operacións sobre os comentarios:

Drupal permisos 4.jpg


  • Finalmente, unha vez asinados os permisos aos roles debemos premer o botón Guardar Permisos na parte baixa da páxina.

Drupal permisos 5.jpg


Módulos asociados

Módulo Publish Content

Permite establecer permisos sobre que roles poden ou non publicar contido.
Unha vez instalado e activado, aparecerá na lapela de permisos un bloque dentro da sección Publish Content no que podemos seleccionar que roles teñen permiso para publicar / despublicar contidos.


Drupal permisos 6.jpg


Módulo View Unpublished

  • Un módulo que permite ter un maior control sobre os permisos dos contidos publicados é o View Unpublished
Permite establecer permisos sobre que roles poden ou non ver contido non publicado.
Unha vez instalado e activado, aparecerá na lapela de permisos un bloque dentro da sección View Unpublished no que podemos seleccionar que roles teñen permiso para ver contido non publicado.


Drupal permisos 7.jpg


Nota: No momento de escribir este manual o módulo está en desenvolvemento e parece que non está rematado de pasar a Drupal 8 polo que poida que non funcione.





-- Ángel D. Fernández González -- (2016).