DRUPAL Taxonomía

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • A taxonomía vai permitir 'clasificar' os contidos do sitio en base a etiquetas.
  • Ditas etiquetas van estar agrupadas formando un vocabulario.
Cando vimos a creación de artigos na wiki xa introducimos etiquetas cando creamos novos artigos, xa que dito tipo de contido ten entre os seus campos unha referencia a un termo de taxonomía.


Creando un novo vocabulario

  • Imos ver un exemplo de creación dun novo vocabulario.

Creando sub-termos

  • Dentro da creación do vocabulario podemos ter termes que pertenzan a outro termo (por algún tipo de relación), formando unha árbore.
  • Así, no caso que estamos a facer, pode crear a seguinte árbore de termos:
Auga:
-------> Natación
-------> Waterpolo
Balón:
-------> Baloncesto
-------> Football
Motor:
-------> Motociclismo
-------> Coches

Vexamos como implementar esta relación.


Agregando campos a un termo

  • Os termos son tratados por Drupal como se foran entidades, polo que podemos engadir campos como fixemos cos tipos de contido.
Tamén imos modificar a forma como se engaden novos termos e como se visualizan os termos igual que como fixemos cos tipos de contido xa vistos anteriormente.
  • Imos ver un exemplo no que engadimos un campo de tipo Imaxe a o vocabulario anterior.
Cando cremos un termo de dito vocabulario pedirá unha imaxe para dito termo.
Cando visualicemos a lista de contidos que fagan referencia a dito termo, tamén aparecerán os campos creados.


Creando novos contidos a partires dos termos dun vocabulario

  • Grazas ao módulo Vistas (Views) imos poder crear novas páxinas ou bloques.
  • Un bloque é un contido que aparece dentro dunha das rexións que nos ofrece o tema seleccionado.
Normalmente estará situado na parte esquerda ou dereita do contido principal pero pode estar en calquera parte.
Drupal taxonomia 26.jpg
Exameplo de bloques


  • Normalmente:
  • Imos crear bloques asociados a categorías no que queremos que se listen ditan categorías e que cando se preme nunha delas aparezan os contidos que teñan o termo seleccionado.
  • Imos crear páxinas de contidos que cumpran con algún criterio de selección que teñan en conta o valor/es dos termos dun vocabulario.
  • Podemos ler na wiki como crear unha vista sinxela. No segundo caso facemos un exemplo de creación dun bloque no que aparecen os termos dun vocabulario.
Aplicando os mesmos conceptos ao vocabulario creado nesta sección podemos ter un resultado parecido ao seguinte:
Drupal taxonomia 27.jpg





-- Ángel D. Fernández González -- (2016).