Deseño de pantallas: Layouts

De MediaWiki
Saltar a: navegación, buscar

Introdución

  • Un Layout é un elemento da Interface de Usuario (UI).
  • Nel podemos definir os elementos visuais que compoñen a pantalla.
  • Pode ser definido en ficheiros xml ou en código Java en tempo de execución. Xa vimos no apartado anterior as vantaxes dos ficheiros xml.
  • Cada ficheiro xml asociado a unha pantalla/layout debe conter un elemento raíz e dentro deste poderanse ir engadindo máis layouts e obxectos fillos até construír unha xerarquía de Vistas (Views) que definirán a pantalla/layout.
  • No seguinte exemplo a liña 2 indica o inicio do elemento raíz que se pecha na liña 15.
  1. <?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
  2. <LinearLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
  3.               android:layout_width="fill_parent" 
  4.               android:layout_height="fill_parent"
  5.               android:orientation="vertical" >
  6.     <TextView android:id="@+id/text"
  7.               android:layout_width="wrap_content"
  8.               android:layout_height="wrap_content"
  9.               android:text="I am a TextView" />
  10.     <Button android:id="@+id/button"
  11.             android:layout_width="wrap_content"
  12.             android:layout_height="wrap_content"
  13.             android:onclick="onButtonClick"
  14.             android:text="I am a Button"/> 
  15. </LinearLayout>

Cargar recurso XML: layout

  • Como xa sabemos, cada vez que se compila, cada ficheiro layout XML é compilado a unha obxecto Vista accesible a través de Java por medio da clase R.
  • O layout cargarase cando se chame ao método onCreate() da Activity chamando ao método setContentView() ao que se lle pasa como referencia o recurso do layout a través da Clase R e do nome do layout (o nome do ficheiro xml, neste caso: main_layout.xml)
  1. public void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
  2.     super.onCreate(savedInstanceState);
  3.     setContentView(R.layout.main_layout);
  4. }
  • Deste xeito cargarase en pantalla o layout con todos os elementos visuais que contén.
  • Un layout ten atributos ao igual que calquera View como xa se indicou no apartado anterior.
  • Un layout estende a clase ViewGroup como se viu no apartado anterior.

Parámetros dun layout

  • Os atributos xml dun layout, que comezan chamándose layout_algo, definen os atributos que son apropiados para cada ViewGroup onde se atopa a Vista

00 layoutparams.png


  • A imaxe amosa a como os Views fillos herdan os LayoutParams dos contedores, dos pais.
  • Cada View fillo debe definir os seus parámetros apropiados en función do seu pai, aínda que pode definir parámetros para os seus fillos.
  • Cada fillo contén propiedades tipo que definen o seu tamaño e posición:

Tamaño

  • Definir valores para os atributos: layout_width e layout_height.
    • Normalmente usarase estes dous valores:
      • wrap_content: axusta o tamaño ao contido.
      • match_parent: aumenta de tamaño até o tamaño do contedor pai.
    • Outros posible tipos de valores son:
      • px, dp, sp, in, mm, pt.
      • As unidades px, dp e sp xa se viron nun apartado anterior.
  • En Java podemos capturar o tamaño dunha View con:
    • Para saber o tamaño desexado do View temos getMeasuredWidth() e getMeasuredHeight().
    • Para saber o ancho e alto real do View usaremos getWidth() e getHeight().

Posición

  • As views son un rectángulo xeometricamente falando.
  • Unha view está definida por:
    • Unha localización: expresada polo par de coordenadas: esquerda e arriba (left e top)
    • Unha dimensión: expresada como ancho e alto (width e height)
    • A unidade para medir a localización e a dimensión é o píxel (px).
  • En Java para obter a localización temos:
    • getLeft() e getTop()
    • getRight() e getBottom()
    • Devolven o X e Y relativa ao seu pai.


Recheo. Padding

  • O Padding é o recheo/espacio que deixa o contido da vista con respecto aos seus lados.
  • O tamaño do Padding exprésase en calquera das unidades vistas previamente (px, pt, dp, sp, mm, in) para os lados esquerdo, superior, dereito e inferior (left, top, right, bottom) da vista.
    • Por exemplo un paddind de 2px no lado esquerdo indica que o contido da vista vai comezar 2px á dereita do borde esquerdo.
  • O tamaño da vista é todo: contido máis recheo o espaciado.


  • O tamaño do padding dunha view pode expresarse en XML como:
    • android:padding (Neste caso o mesmo recheo para os catro lados)
    • android:paddingLeft
    • android:paddingTop
    • android:paddingRight
    • android:paddingBottom


  • O tamaño do padding dunha view pode expresarse en Java con:
    • setPadding(int, int, int, int)
  • O tamaño do padding dunha view pode capturarse en Java con:
    • getPaddingLeft(), getPaddingTop(), getPaddingRight() and getPaddingBottom()

Marxes

  • android:layout_margin
  • android:layout_marginBottom
  • android:layout_marginTop
  • android:layout_marginLeft
  • android:layout_marginRight


Explicación Gráfica

Unidade 2 00 marxe recheo.jpg

  • A vista PAI ten definida un recheo distinto para cada lado: os elementos que contén o PAI van estar separados do borde do pai pola distancia definida no recheo.
  • Cada vista Fillo ten definido un marxe (ou varios) con respecto aos límites que lle marca o PAI.
    • Fillo 1: Pola esquerda e por arriba, comeza onde remata o recheo do PAI, pero a maiores este elemento ten definidos uns marxes propios para eses lados.
    • Fillo 2: Non ten definido ningún marxe esquerdo.
    • ...


  • Por exemplo, neste caso temos o seguinte código no layout:
  1.     <ImageView
  2.         android:id="@+id/imageView"
  3.         android:layout_width="wrap_content"
  4.         android:layout_height="wrap_content"
  5.         android:paddingLeft="50px"
  6.         android:layout_marginLeft="100px"
  7.         android:src="@mipmap/ic_launcher" />
Que dará este resultado:
PDM UI 9.jpg

Construción dun layout

  • Un layout pode ser construído de 2 formas:
    • Ficheiro xml
    • Cun Adaptador: cando non se coñece o contido do layout ou o seu contido é dinámico podemos usar a clase de Java AdapterView que en tempo de execución creará o layout en engadirá nel as vistas que se indiquen.


  • Imos ver nos seguintes apartados como se constrúen layouts.
  • Na actualizade o layout recomendado para facer deseños é o ConstraintLayout.
Outros son FrameLayout, LinearLayout, RelativeLayout,


  • Cada un deles dispón os elementos visuais no seu interior de distintas formas.
  • Cada un deles pode conter layouts do mesmo ou distinto tipo e así sucesivamente.



Aspectos xerais dos layouts en AndroidStudio

PDM UI 10.jpg



Xerarquía de compoñentes

  • Podemos visualizar a xerarquía dos diferentes views que engadamos na ventá Component tree:
PDM UI 11.jpg
Con a aplicación en execución no emulador, podemos acceder á mesma xerarquía, pero dunha forma máis completa, permitindo acceder a todas as propiedades de todos os compoñentes gráficos da aplicación:



Modo deseño

PDM UI 15.jpg


  • Podemos ver o deseño da nosa activity de dúas formas diferentes:
  • Design: A forma tradicional, vese graficamente como quedan as compoñentes.
  • Blueprint: Vese o esqueleto do noso deseño. Os view amosan os seus límites, pero non o contido gráfico.



Modo orientación

PDM UI 16.jpg


  • Podemos indicar como está orientado o dispositivo, o activar o modo noite e outra serie de variantes.



Modo Device

PDM UI 17.jpg
  • Podemos visualizar como quedaría o noso deseño cunha resolución determinada.
Podemos seleccionar unha das xa preconfiguradas, elixir algunha das emuladores creados ou crear unha nova.



Modo API

PDM UI 18.jpg
  • Das APIs instaladas, podemos seleccionar unha delas para ver como quedaría o aspecto da aplicación.



Modo Aspecto

PDM UI 19.jpg
  • Podemos cambiar o aspecto da activity por un dos predefinidos ou por un dos creados por nos.



Modo Idioma

PDM UI 20.jpg
  • Se tivésemos creados os arquivos de idiomas, poderíamos ver o aspecto en diferentes idiomas. O veremos na sección de internacionalización.



Erros ou avisos no deseño

PDM UI 21.jpg
  • Se temos mal o deseño (atributos mal postos, valores incorrectos,...) aparecerá un aviso no puntos indicados na imaxe.
Premendo sobre a icona aparecerá a descrición do erro.







-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2015).