Facendo a práctica cunha máquina virtual

De MediaWiki
Saltar a: navegación, buscar

Introdución

As propiedades que tedes que ter configuradas no AVD / Dispositivo real / Máquina virtual son as seguintes:

  • Tarxeta SD Externa.
  • Cámara emulada ou real.
  • GPS.
  • Acceso a Internet.

A maiores no caso do AVD teredes que ter descargada a Google API da versión correspondente (Google Api Intel/Arm versión 21, Android 5.0).


Traballar e desenvolver aplicacións cos AVD (Android Virtual Device) pode ser desesperante.

Neste curso podemos ter tres opcións de traballo.

Dispositivo real

Esta será sempre a mellor opción.

Por temas de compatibilidade con versións antigas de Android, se recomenda un dispositivo con versión Android 3.1 (API 12) ou superior.

Tamén será necesario que teña soporte para GPS e acceso a Internet.


Máquina virtual con VirtualBox

Esta é a opción recomendada para aqueles alumnos que non teñan dispositivo real ou un un equipo con suficientes recursos para usar un AVD.


Inconveniente: O único inconveniente que ides ter é que non se pode gravar audio cun micrófono (polo menos nos non fomos capaces) e polo tanto a práctica de unidade Multimedia referida á gravación de audio teredes que facelo nun AVD.



Instalación do VirtualBox

Debemos ir a este enlace e descargar o Virtualbox correspondente ó voso S.O.

NOTA: Comentar que se estades a utilizar Linux, normalmente o podedes atopar no Centro de Descargas de Software.


Descarga da máquina virtual

Debemos descargar a máquina virtual para VirtualBox (vos daré o enlace na clase)

  • Pódese descargar en formato OVA ou nun zip.
  • Neste último caso unha vez descargada e descomprimida facemos o proceso de agregala:

Conectar a máquina virtual có Eclipse ou Android Studio

O proceso é o seguinte:

  • Debemos situarnos na MV Android e premer as teclas ALT+F1. Desta forma pasamos a modo consola. Escribiremos a orde netcfg. No resultado aparecerá a IP da máquina virtual. Se estades en modo bridge vos debe aparecer unha IP da vosa rede interna. Prememos as teclas ALT+F7 para volver ó modo gráfico.
PDM Avanzada VM 10.jpg


  • Agora debemos pechar a máquina virtual (apagádea) e ir a unha consola de comandos / terminal.

Este paso só o temos que facer se estamos en modo NAT na máquina virtual.

En linux:
  1. ./VBoxManage modifyvm Android4.0 --natpf1 adb,tcp,*,5555,*,5555
En Windows:
Nos situamos no cartafol onde se instala o VirtualBox (normalmente en C:\Program Files\Oracle\VirtualBox):
  1. VBoxManage modifyvm Android4.0 --natpf1 adb,tcp,*,5555,*,5555

Sendo Android4.0 o nome da máquina virtual.

  • Agora debemos ir ó cartafol onde está o SDK instalado, e dentro deste ó cartafol platform-tools: /ruta_sdk/platform-tools/
En modo NAT:
  1. adb connect localhost:5555
En modo BRIDGE:
  1. adb connect IP_OBTIDA_NO_PASO_ANTERIOR:5555

Nota: Se estades en Linux deberedes poñer ./adb


Agora xa vos debería aparecer a o S.O. Android no Eclipse.

AVD

Como xa sabedes, en Android podemos facer uso dos AVD. É importante que dende o SDK Manager comprobedes que tedes actualizado o Android Sdk Tools, Plataform-Tools, o SDK e as Imaxes da API 21.

Imos utilizar a versión Android 5.0 (API 21 / Google API 21 => Na práctica con GoogleMap).

Tamén teredes que engadir unha tarxeta SD Externa e unha cámara web (emulada ou real) ó AVD.


Para traballar cun ADV (e non morrer no intento :) ) teredes que ter un procesador INTEL e ter instalado a aceleración hardware de Intel.

Isto xa foi explicado no curso de iniciación (https://manuais.iessanclemente.net/index.php/Dispositivos_Virtuais_de_Android:_AVD#Aceleraci.C3.B3n_HW).

Podedes utilizar outra imaxe (ARM) sempre que teñades unha velocidade aceptable. En caso de irvos moi lento eu vos recomendo que usedes a máquina virtual de VirtualBox explicada no punto anterior.



-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2014).