FrameLayout

De MediaWiki
Saltar a: navegación, buscar

Introdución

  • Un FrameLayout é usado normalmente para situar un único View na pantalla.
Un exemplo típico é o dunha lista a escoller cun scroll ocupando toda a pantalla do móbil.


  • Se se poñen varios, a forma de determinar a súa posición faríase mediante o atributo android:layout_gravity ou a marxe.
  • Se se poñen varios na mesma posición estes superpóñense.


Caso práctico

  • Comezamos creando un novo proxecto: U2_03_Frame.
  • A continuación cambiamos o contido do XML do layout polo seguinte:
  1. <FrameLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
  2.     xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
  3.     android:layout_width="match_parent"
  4.     android:layout_height="match_parent" >
  5.  
  6.     <TextView
  7.         android:layout_width="wrap_content"
  8.         android:layout_height="wrap_content"
  9.         android:text="@string/hello_world" />
  10.  
  11.     <TextView
  12.         android:layout_width="wrap_content"
  13.         android:layout_height="wrap_content"
  14.         android:layout_margin="30dp"
  15.         android:text="Texto 1" />
  16.  
  17.     <TextView
  18.         android:layout_width="wrap_content"
  19.         android:layout_height="wrap_content"
  20.         android:background="#0F0"
  21.         android:text="Texto 2" />
  22.  
  23. </FrameLayout>
  • Observar que o elemento Raíz é FrameLayout.
  • Observar como a segunda Vista (O TexView Texto 1) ten unha marxe para todos os lados de 30 dp.
  • Observar como a terceira Vista (TextView Texto 2) superponse sobre a primeira.


  • A imaxe amosa o resultado do XML anterior.

Android 2013 U2 03 Frame 01.jpg




-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2015).