Diferencia entre revisiones de «Instalación Android Studio»

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Línea 38: Línea 38:
 
* Vaise instalar a última versión.
 
* Vaise instalar a última versión.
  
* Para instalalo podemos ir directamente a páxina de Oracle e descargar a versión correspondente a nosa plataforma: http://www.oracle.com/technetwork/es/java/javase/downloads/jdk7-downloads-1880260.html. Escolleremos a plataforma correspondente.
+
* Para instalalo podemos ir directamente a páxina de Oracle e descargar a versión correspondente a nosa plataforma: http://www.oracle.com/technetwork/java/javase/downloads/index.html. Escolleremos a plataforma correspondente.
  
  

Revisión del 17:00 4 sep 2018


Introdución

Inicialmente para desenvolver aplicacións có Android Studio necesitamos ter instalado:

  • O JDK.
  • O SDK.
  • O Android Studio.

Como o Android Studio xa se pode descargar có SDK só teriamos que ter instalado previamente o JDK.


  • Compoñentes a instalar:
Logo oracle.jpg O Oracle JDK 7 (Java Development Kit)
00 android platform.png O SDK (Software Development Kit) de Android (xa ven có Android Studio)
Androidstudioicon.png O Android Studio. IDE para desenvolver aplicacións Android.


Nota: Pódese utilizar un VirtualBox e facer a instalación nunha máquina virtual, aínda que dependerá da potencia do equipo e a memoria que teñades, que vos dea un bo desempeño. Se o facedes desta forma deixade a lo menos 20GBs de espazo en disco, xa que instalado un dispostivo virtual e as opcións por defecto xunto có S.O. (eu o fixen nun Linux Mint 17.3) vos colle xa 12GBs. De todos xeitos, eu recomendo facelo no equipo real para que vos funcione 'decentemente'.

Instalación Oracle JDK

  • Para poder desenvolver aplicacións é necesario ter instalado o JDK. Non chega có JRE.
O JDK versión 7 ou superior é necesario se queremos desenvolver aplicacións para o Android 5.0 ou superior.
Para comprobar que versión do JDK tedes instalada podedes abrir un terminal / consola e escribir na liña de comandos: javac --version.
  • Vaise instalar a última versión.



Unha vez instalada podemos comprobar a versión escribindo: javac version


  • Se temos varias versións instaladas do JDK (por exemplo a OpenJDK) podemos escoller unha o outra coa orde:
1   sudo update-alternatives --config java


  • Para establecer automaticamente as variables de contorna podemos executar (neste caso para a versión 7):
1   sudo apt-get install oracle-java7-set-default




Android Studio


  • Comprobamos que cumprimos os requisitos mínimos de hardware (podedes consultar os últimos neste enlace. Deberedes situarvos ao final da páxina).
  • Windows:
   Microsoft® Windows® 7/8/10 (32- or 64-bit)
   3 GB RAM mínimo, 8 GB RAM recomendado más 1GB para o emulador de Android.
   2 GB de espazo en disco,4 GB recomendados (500 MB para el IDE + 1.5 GB para o Android SDK e as imaxes dos emuladores)
   1280 x 800 é a resolución mínima recomendada.
   Java Development Kit (JDK) 7
   Para ter a aceleración dos emuladores: Intel® processor con soporte para Intel® VT-x, Intel® EM64T (Intel® 64)


  • Mac OS X:
   Mac® OS X® 10.10 (Yosemite) or higher, up to 10.13 (macOS High Sierra)
   3 GB RAM mínimo, 8 GB RAM recomendado más 1GB para o emulador de Android.
   2GB de espazo en disco.4 GB recomendados (500 MB para el IDE + 1.5 GB para o Android SDK e as imaxes dos emuladores, 
   1280 x 800 de resolución de pantalla mínima.
   Java Development Kit (JDK) 7
   Para ter a aceleración dos emuladores: Intel® processor con soporte para Intel® VT-x, Intel® EM64T (Intel® 64)


  • Linux:
   GNOME or KDE desktop
   GNU C Library (glibc) 2.19 o posterior
   3 GB RAM mínimo, 8 GB RAM recomendado más 1GB para o emulador de Android.
   2GB de espazo en disco.4 GB recomendados (500 MB para el IDE + 1.5 GB para o Android SDK e as imaxes dos emuladores, 
   1280 x 800 de resolución de pantalla mínima.
   Java Development Kit (JDK) 7
   Oracle® Java Development Kit (JDK) 7


Probado nun Ubuntu® 14.04, Trusty Tahr de 64 bits.


  • O proceso de instalación é bastante parecido en todos os S.O., sendo Windows máis sinxelo de instalar:



Windows

  • En Windows o proceso de instalación do programa é o seguinte:



Linux

  • En Linux e Mac OS X debemos descomprimir o arquivo baixado.
1   sudo unzip android-studio-ide-141.2422023-linux.zip -d .
O parámetro -d indica en que cartafol se vai descomprimir o arquivo.


  • Para executalo debemos situarnos no cartafol descomprimido, acceder ao cartafol /bin e dentro deste executar o arquivo:
1   ./studio.sh


  • Se queremos que estea dispoñible para todos os usuarios, debemos movelo a /opt:
1   sudo mv android-studio /opt/
Despois debemos facer un acceso directo no escritorio. Creamos un arquivo coa orde: sudo nano android.desktop e escribimos o seguinte:
1 [Desktop Entry]
2  Name=Android Studio
3  Comment=Integerated Development Environment for Android
4  Exec=/opt/android-studio/bin/studio.sh
5  Icon=/opt/android-studio/bin/studio.png
6  Terminal=false
7  Type=Application
8  Categories=Development;IDE


Despois executamos a orde:
1   desktop-file-install android.desktop
E xa podemos escribir o texto Android nos programas instalado e aparecerá a icona para lanzalo:
PDM AndroidStudio instalacion19.JPG




Executando por primeira vez o IDE

  • Cando se executa por primeira vez teremos que indicar nun dos pasos explicados despois, onde vai a descargarse o Android SDK.
O Android SDK é o conxunto de librerías e utilidades que van permitirnos facer:
  • Debugger
  • Crear Dispositivos Virtuais de Android (AVD). Son emuladores dun S.O. Android.
  • Documentación e códigos de exemplo.
  • Incorpora a ferramenta ADB (Android Debug Bridge) que permite conectarnos cun dispositivo ou emulador Android.
O veremos máis adiante en profundidade.
Durante o asistente vai preguntar onde queremos descargar o Android SDK. Inicialmente o descarga no perfil do usuario conectado, pero isto ten como desvantaxe que outro usuario non tería acceso e tería que descargar o seu propio SDK.
Para evitalo imos crear un cartafol:
  • WINDOWS:
O podemos facer no raíz do disco, nun cartafol C:\SDK creado previamente.
  • LINUX:
Creamos un cartafol en /opt:
1 sudo mkdir /opt/sdk
2 sudo chmod 777 /opt/sdk


  • A primeira vez que se executa aparece un asistente para a creación dun novo proxecto Android.

Creando o primeiro proxecto Android

  • Cando abrimos por primeira vez o IDE do Android Studio ofrece a posibilidade de crear un novo proxecto Android:
PDM AndroidStudio crearProxecto1.jpg
Neste asistente podemos:
  • Crear un novo proxecto Android.
  • Abrir un proxecto existente.
  • Traballar con versións que sexan sincronizadas con Gint, ou outras ferramentas coma Subversion ou Mercurial.
  • Depurar unha aplicación.
  • Importar proxectos dende outros IDE´s coma Eclipse.
  • Importar códigos de exemplo de aplicacións Android.
  • Na parte baixa temos as opcións de:
  • Configure: Opcións de configuración. Indicar onde se atopa o Android SDK, procurar actualizacións, configurar múltiples opcións do IDE, Importar ou Exportar a configuración,...
  • Get Help. Documentación.


Cabe sinalar que estas opcións tamén as temos dende o propio IDE se pechamos o asistente de inicio:


PDM AndroidStudio crearProxecto2.jpg


Unha vez premido a opción de 'Novo proxecto Android' empeza un asistente:


Coñecendo o IDE

  • Ao iniciar o Android Studio por primeira vez pode ser que vos apareza un erro de que é necesario instalar unha certa versión das build-tools.
Para solucionalo teredes que premer no enlace do propio erro:





  • Dentro do Android Studio podemos ter diferentes 'vistas' do proxecto.
O lóxico é que traballemos sobre a vista Android:


PDM AndroidStudio coñecendoIde1.jpg


  • Para configurar múltiples opcións do programa podemos ir aos settings (atópase tamén no menú File):


PDM AndroidStudio coñecendoIde2.jpg


Compoñentes do Android Studio

Android SDK

O Android SDK xa ven có Android Studio e polo tanto non é necesario instalalo separadamente como sucedía có Eclipse.

Para ver onde está instalado iremos a settings (visto anteriormente) ou escolleremos esta opción da barra de ferramentas superior:


PDM AndroidStudio coñecendoIde3.jpg


Aparecerá a seguinte pantalla:

PDM AndroidStudio coñecendoIde4.jpg


Se prememos no check Show Package Details podemos indicar que partes de cada versión do S.O. Android queremos descargar (non todas son necesarias).

Vemos a ruta do SDK. Se o cambiamos deberemos modificalo aquí.

Android SDK Manager Alone

  • Podemos ir dende a opción anterior premendo o enlace Launch Standalone SDK Manager.
  • Podemos ir á ruta onde está instalado o SDK e executar o programa: SDK Manager. Se seguimos o manual este estará instalado no cartafol C:\SDK (windows) ou /opt/sdk (Linux)


Aparecerá a seguinte pantalla:

PDM AndroidStudio coñecendoIde5.jpg


Como vemos temos as mesmas opcións da pantalla anterior pero tamén unha apartado de Tools onde podemos actualizar o Android SDK instalado.

Na parte baixa dispoñemos da sección 'extras' onde cabe sinalar o Google USB Driver para que cando conectemos un dispositivo físico o recoñeza e podamos instalar aplicacións sobre él (non funciona con todos, pode ser necesario instalar drivers específicos do fabricante) e o Intel x86 Emulator Accelerator, usado para que os dispositivos virtuais corran moito máis rápido (só funciona en Windows e procesadores Intel).


PDM AndroidStudio coñecendoIde6.jpg



  • Nota: Cabe sinalar como xa vimos neste enlace que compoñentes deben ser descargados de cada API.

Actualizacións Android Studio

Para cambiar o 'canal' que utiliza Android Studio para buscar actualizacións debemos ir á opción do menú: File => Settings => Appearence & Behavior => System Settings => Updates.

Máis información neste enlace.


Ao facer a actualzación do Android Studio pode ser que nos indique a necesidade de descargar a nova versión nun zip. Se é o caso non imos poder actualizar e os pasos a seguir son os seguintes:


  • Ao actualizar o Android Studio pode suceder que nos dea un aviso da necesidade de actualizar o Plugin Gradle.

Actualizacións Plugin Gradle

  • Para consultar as versión de Gradle dispoñibles podemos visitar este enlace.
Para cambiar a versión do Gradle temos que editar o arquivo gradle-wrapper.properties
PDM AndroidStudio coñecendoIde8.jpg


  • Para consultar a versión do Plugin Gradle que vai facer uso da distribución anterior, podemos consultar este enlace.
Para cambiar a versión do Plugin Gradle temos que editar o arquivo Build.gradle do Proyect
PDM AndroidStudio coñecendoIde9.jpg




-- Ángel D. Fernández González -- (2018).