Instalación JDK, Eclipse, Android SDK e ADT Plugin

De MediaWiki
Saltar a: navegación, buscar
  • Como xa se indicou nos obxectivos en escenarios vaise proceder a instalar o necesario para poder crear e executar aplicacións Android.


Na actualidad (Novembro do 2015):

  • En Maio do 2013 aparece un novo IDE para o desenvolvemento de aplicacións en Android denominado Android Studio. A primeira versión estable deste IDE aparece en Decembro do 2014 coa versión 1.0. No momento de escribir estes apuntes a derradeira versión estable é a 1.2.2 de Xuño do 2015. Nesta edición do curso non imos traballar con Android Studio, quedando á decisión do alumno o desenvolvemento das aplicacións utilizando este IDE, tendo en conta que a asistencia por parte do profesorado dos problemas que poidades atopar no seu uso non serán atendidos.
  • Neste caso temos neste enlace combinacións de teclas moi útiles para o manexo do Android Studio.



  • Anteriormente tiñamos que instalar o JDK, Eclipse, ADT Plugin e Android SDK.
  • Podíamos instalar estes compoñentes por separado ou ben baixar non só paquete denominado Bundle todo o necesario para desenvolver aplicacións Android: Paquete con Eclipse + ADT Plugin + Android SDK, só se precisaría instalar o JDK (Java Development Kit).
Os enlaces para baixarse o Bundle son:


  • Para instalar os compoñentes por separado podemos seguir estes apuntes:




  • JDK ou JRE:?
    • Para crear e executar aplicacións Android con Eclipse é suficiente con ter instalada a MV de Java (JRE), pero puidera darse o caso de que o lector tamén desexase desenvolver aplicacións Java con outros IDES ou en consola, e para iso precisa a Ferramenta de Desenvolvemento (JDK), a cal inclúe a MV de Java (JRE). Por tanto, optaremos por ter unha instalación o máis completa posible instalando o JDK.
    • No caso de utilizar o Android Studio é obrigatorio o uso do JDK.




-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2015).