Intents explícitos

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Intents explícitos

  • Como comentamos anteriormente os intents explícitos son a forma que temos de 'chamar', ou sexa 'abrir' outra activity polo seu nome.
O seu nome está definido no arquivo AndroidManifiest.xml pero se estamos nun proxecto e queremos chamar a activities definidas dentro do mesmo, tamén podemos facer uso do nome da clase da forma: NomeClaseActivity.class (o veremos nos exemplos).



  • Imos comezar usando os Intents de forma explícita, primeiro chamando a unha segunda activity que imos crear nós e logo chamando á calculadora.
  • Finalmente chamaremos a distintas activities, como contactos, navegador web, etc de forma implícita.
  • En calquera dos casos imos pasar información entre as Activities, ben dende a que chama á chamada, como viceversa.
  • Como indicamos imos comezar creando unha Aplicación con 2 Activities: unha principal e outra secundaria.
  • Logo lanzaremos a calculadora do sistema.

Caso Práctico 1: Lanzar unha segunda Activity propia da aplicación

Se non o temos creado antes, crearemos un novo paquete de nome: Intents como un subpaquete do teu paquete principal.



  • Dentro do paquete Intents crear unha nova 'Empty Activity' de nome: UD06_01_Intents de tipo Launcher e sen compatibilidade.
Modifica o arquivo AndroidManifiest.xml e engade unha label á activity como xa vimos na creación do proxecto base.



  • Dentro do paquete Intents crear unha nova 'Empty Activity' sen ser de tipo Launcher de nome: UD06_01_Segunda_Intents no Launcher e sen compatibilidade.
Modifica o arquivo AndroidManifiest.xml e engade unha label á activity como xa vimos na creación do proxecto base.
Como xa comentamos anteriormente ao desmarcar a opción Launcher leva consigo que no arquivo AndroidManifiest.xml non se cre sección 'Intent-filter' como vemos na seguinte imaxe:
PDM Intents 1.jpg




  • Esta práctica vai constar de dúas activities na que unha delas chamará a outra:

O XML do layout da Activity principal

 1 <?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
 2 <android.support.constraint.ConstraintLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
 3     xmlns:app="http://schemas.android.com/apk/res-auto"
 4     xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
 5     android:layout_width="match_parent"
 6     android:layout_height="match_parent"
 7     tools:context=".Intents.UD06_01_A1_Intents">
 8 
 9     <TextView
10         android:id="@+id/tvNome_UD06_01_A1_Intent"
11         android:layout_width="wrap_content"
12         android:layout_height="wrap_content"
13         android:layout_marginStart="8dp"
14         android:layout_marginTop="8dp"
15         android:text="Dime o teu nome:"
16         android:textSize="18sp"
17         app:layout_constraintStart_toStartOf="parent"
18         app:layout_constraintTop_toTopOf="@+id/etNome_UD06_01_A1_Intents" />
19 
20     <EditText
21         android:id="@+id/etNome_UD06_01_A1_Intents"
22         android:layout_width="wrap_content"
23         android:layout_height="wrap_content"
24         android:layout_marginStart="8dp"
25         android:layout_marginTop="8dp"
26         android:ems="10"
27         android:inputType="textPersonName"
28         android:hint="Nome a enviar"
29         app:layout_constraintStart_toEndOf="@+id/tvNome_UD06_01_A1_Intent"
30         app:layout_constraintTop_toTopOf="parent" />
31 
32     <CheckBox
33         android:id="@+id/ckDestruir_UD06_01_A1_Intents"
34         android:layout_width="wrap_content"
35         android:layout_height="wrap_content"
36         android:layout_marginEnd="8dp"
37         android:layout_marginStart="8dp"
38         android:layout_marginTop="48dp"
39         android:text="Destruír esta activity ao chamar á segunda"
40         android:textSize="14sp"
41         app:layout_constraintEnd_toEndOf="parent"
42         app:layout_constraintStart_toStartOf="parent"
43         app:layout_constraintTop_toBottomOf="@+id/etNome_UD06_01_A1_Intents" />
44 
45     <Button
46         android:id="@+id/btnLanzar_UD06_01_A1_Intent"
47         android:layout_width="0dp"
48         android:layout_height="wrap_content"
49         android:layout_marginEnd="8dp"
50         android:layout_marginStart="8dp"
51         android:layout_marginTop="16dp"
52         android:text="Chamar 2ª Activity: Recibir Datos"
53         app:layout_constraintEnd_toEndOf="parent"
54         app:layout_constraintStart_toStartOf="parent"
55         app:layout_constraintTop_toBottomOf="@+id/ckDestruir_UD06_01_A1_Intents" />
56 </android.support.constraint.ConstraintLayout>



A clase Java a activity principal

 1 package es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.Intents;
 2 
 3 import android.app.Activity;
 4 import android.content.Intent;
 5 import android.os.Bundle;
 6 import android.view.View;
 7 import android.widget.Button;
 8 import android.widget.CheckBox;
 9 import android.widget.EditText;
10 import android.widget.Toast;
11 
12 import es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.R;
13 
14 public class UD06_01_A1_Intents extends Activity {
15 
16     public final static String NOME = "nome";       // É o nome da variable
17 
18     private void xestionarEventos(){
19 
20         Button btnLanzarActivity = findViewById(R.id.btnLanzar_UD06_01_A1_Intent);
21         btnLanzarActivity.setOnClickListener(new View.OnClickListener() {
22             @Override
23             public void onClick(View v) {
24                 CheckBox chkDestruir = findViewById(R.id.ckDestruir_UD06_01_A1_Intents);
25                 EditText etNome = findViewById(R.id.etNome_UD06_01_A1_Intents);
26 
27                 Intent intent = new Intent(getApplicationContext(), UD06_01_A2_Intents.class);
28                 intent.putExtra(NOME, etNome.getText().toString());
29 
30                 startActivity(intent);
31 
32                 if (chkDestruir.isChecked()) {
33                     finish();
34                 }
35             }
36 
37         });
38 
39     }
40 
41     public void finish() {
42         super.finish();
43         Toast.makeText(this, "Mataches a actividade principal", Toast.LENGTH_SHORT).show();
44     }
45 
46     @Override
47     protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
48         super.onCreate(savedInstanceState);
49         setContentView(R.layout.activity_ud06_01__a1_intents);
50 
51         xestionarEventos();
52     }
53 }
  • Liña 14: Definimos unha constante de tipo String, chamada NOME. Observar que é pública. Isto o facemos para que dende a segunda activity poida acceder a ela. O obxectivo é que o nome do parámetro que estamos a utilizar para enviar o dato, nos aseguremos que sexa o mesmo.
  • Liña 27: Creamos un obxecto de tipo Intent. O construtor recibe 2 parámetros:
    • O primeiro parámetro é unha referencia ao contexto. Non podemos poñer 'this' xa que estamos dentro dunha clase anónima e por tanto this non é a activity. Por iso poñemos getApplicationContext()
    • O segundo parámetro é a clase que o sistema ‘intentará’ cargar (no noso caso o nome da clase asociada á Activity que desexamos cargar).
  • Liña 28: Asignamos ao intent un par CHAVE-VALOR a través do método putExtra(). Neste caso un valor String a través de NOME, definido na liña 14.
    • Tamén poderíamos non usar a constante: intent.putExtra("nome", etNome.getText().toString())
  • Liña 30: Lanzamos a Activity
  • Liña 32-34: Se o CheckBox do Layout está marcado entón destruímos esta Activity:
Fixarse por tanto que a pesar de que chamamos á segunda Activity, o código se segue executando. Se non queremos que iso sexa así teremos que empregar return; para que saia do método.


    • Realizar probas marcando e desmarcando esta marca e premendo despois o botón Back da Segunda Activity..


Nota: Indicar que tamén podemos lanzar a segunda activity con este código:

1                 Intent intent = new Intent();
2                 intent.setClassName("es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo","es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.Intents.UD06_01_A2_Intents");
Sendo 'es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo' o nome do paquete definido no AndroidManifiest.xml e 'es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.Intents.UD06_01_A2_Intents' o nome do paquete xunto có nome da Activity tamén definido no AndroidManifiest.xml.
Ou con este outro:
1                 intent.setClassName(getApplicationContext(),"es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.Intents.UD06_01_A2_Intents");
Sendo o primeiro parámetro unha referencia ao contexto e o segundo o nome da clase.
  • Os datos anteriores os obtemos do AndroidManifiest.xml:
PDM Intents 10.jpg


O veremos máis adiante neste punto da Wiki, como chamar a outras aplicacións instaladas no S.O. Android empregando esta forma.


O XML da Activity que recibe a chamada

<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<android.support.constraint.ConstraintLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
    xmlns:app="http://schemas.android.com/apk/res-auto"
    xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
    android:layout_width="match_parent"
    android:layout_height="match_parent"
    tools:context=".Intents.UD06_01_A2_Intents">

    <TextView
        android:id="@+id/tvResultado_UD06_01_A2_Intent"
        android:layout_width="wrap_content"
        android:layout_height="wrap_content"
        android:layout_marginEnd="8dp"
        android:layout_marginStart="8dp"
        android:layout_marginTop="8dp"
        android:contentDescription="Nome enviado"
        android:text="Resultado"
        app:layout_constraintEnd_toEndOf="parent"
        app:layout_constraintStart_toStartOf="parent"
        app:layout_constraintTop_toTopOf="parent" />

    <Button
        android:id="@+id/btnPechar_UD06_01_A2_Intent"
        android:layout_width="wrap_content"
        android:layout_height="wrap_content"
        android:layout_marginEnd="8dp"
        android:layout_marginStart="8dp"
        android:layout_marginTop="24dp"
        android:text="Pechar"
        app:layout_constraintEnd_toEndOf="parent"
        app:layout_constraintStart_toStartOf="parent"
        app:layout_constraintTop_toBottomOf="@+id/tvResultado_UD06_01_A2_Intent" />
</android.support.constraint.ConstraintLayout>



A clase Java da Activity que recibe a chamada. Activity Secundaria.

 1 package es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.Intents;
 2 
 3 import android.app.Activity;
 4 import android.content.Intent;
 5 import android.os.Bundle;
 6 import android.view.View;
 7 import android.widget.EditText;
 8 import android.widget.TextView;
 9 
10 import es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.R;
11 
12 public class UD06_01_A2_Intents extends Activity {
13 
14      private String formaPecharActivity=null;
15 
16 
17 
18     private void xestionarEventoss(){
19         findViewById(R.id.btnPechar_UD06_01_A2_Intent).setOnClickListener(new View.OnClickListener() {
20             @Override
21             public void onClick(View v) {
22                  formaPecharActivity = " Premendo botón Pechar";
23 
24                 EditText et_apelido = (EditText) findViewById(R.id.etApelido_UD06_01_A2_Intents);
25 
26                 finish();
27             }
28         });
29     }
30 
31     public void finish() {
32         super.finish();     // IMPORTANTE. SEMPRE HAI QUE CHAMAR A SUPER.XXXX en calquera método do ciclo de vida da activity que sobrecarguemos
33 
34 
35         if (formaPecharActivity==null){ // Quere dicir que vimos de pulsar o botón atrás, non o botón pechar, xa que se prememos o botón Pechar damos un valor á variable
36             formaPecharActivity = " Premendo botonera Retroceso";
37         }
38         Toast.makeText(this, "Saíches da actividade secundaria: " + formaPecharActivity, Toast.LENGTH_SHORT).show();
39 
40     }
41 
42     @Override
43     protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
44         super.onCreate(savedInstanceState);
45         setContentView(R.layout.activity_ud06_01__a2__intents);
46 
47         // Recuperamos o nome enviado dende a Activity 1
48         TextView tvResultado = (TextView) findViewById(R.id.tvResultado_UD06_01_A2_Intent);
49         Intent intent = getIntent();
50         tvResultado.setText("Ola " + intent.getExtras().getString(UD06_01_A1_Intents.NOME));
51 
52         xestionarEventoss();
53     }
54 }
  • Para recuperar a información na segunda Activty hai que realizalo cando se está creando a Activity, pode ser nun método a parte chamado dende o onCreate() ou no propio onCreate();
  • Liña 14: Variable tipo String para gardar a forma na que se sae da segunda activity: Botón Pechar ou tecla Back.
  • Liña 22: En caso de premer o botón 'Pechar' a variable anterior ten un texto indicandolo (entón xa non vale null)
  • Liña 26: Chamamos ao método finish() para que peche a activity.
  • Liña 35-37: En caso de que a variable formaPecharActivity==null quere dicir que estamos destruíndo a activity pero non a través do botón, se non premendo o botón Back.
  • Liña 49: Recuperamos o intent enviado dende a activity principal.
  • Liña 50: Collemos a información que viña en NOME e mostrámola nunha etiqueta de texto.

Continuación caso Práctico 1: Pasar datos da actividade secundaria á principal

  • Até agora pasamos datos da actividade principal á secundaria.
  • Imos modificar a aplicación anterior, para que na secundaria se poida introducir o apelido dunha persoa e este se pase á actividade principal.
  • Ademais imos controlar na Actividade Principal se se volveu da actividade secundaria premendo o botón Pechar ou a botonera Back.


  • A continuación vanse ver os cambios introducidos no código anterior.

Pasar datos da secundaria á principal: A clase Java da Activity principal

  • A continuación vaise indicar o código que se engadiu ou modificou con respecto ao anterior.
  • Agora á actividade secundaria chámase con método startActivityForResult(intent, número). Este método indícalle que esperamos que nos devolva un resultado cando esta remate.
  • O número que lle pasamos á actividade secundaria é o que nos vai devolver esta cando se peche e así cando se volva á actividade principal, nesta, co método onActivityResult(int requestCode, int resultCode, Intent data) podemos comprobar que número nos devolve a actividade que nos pasa o control e actuar en consecuencia.



 1 package es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.Intents;
 2 
 3 import android.app.Activity;
 4 import android.content.Intent;
 5 import android.os.Bundle;
 6 import android.view.View;
 7 import android.widget.Button;
 8 import android.widget.CheckBox;
 9 import android.widget.EditText;
10 import android.widget.Toast;
11 
12 import es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.R;
13 
14 public class UD06_01_A1_Intents extends Activity {
15 
16     public final static String NOME = "nome";       // É o nome da variable
17     public final static String APELIDO = "apelido";       // É o nome da variable
18     private final int COD_PETICION = 33;
19 
20     private void xestionarEventos(){
21 
22         Button btnLanzarActivity = findViewById(R.id.btnLanzar_UD06_01_A1_Intent);
23         btnLanzarActivity.setOnClickListener(new View.OnClickListener() {
24             @Override
25             public void onClick(View v) {
26                 CheckBox chkDestruir = findViewById(R.id.ckDestruir_UD06_01_A1_Intents);
27                 EditText etNome = findViewById(R.id.etNome_UD06_01_A1_Intents);
28 
29                 Intent intent = new Intent(getApplicationContext(), UD06_01_A2_Intents.class);
30                 intent.putExtra(NOME, etNome.getText().toString());
31 
32                 // startActivity(intent);
33                 startActivityForResult(intent, COD_PETICION);
34 
35                 if (chkDestruir.isChecked()) {
36                     finish();
37                 }
38             }
39 
40         });
41 
42     }
43     protected void onActivityResult(int requestCode, int resultCode, Intent data) {
44 
45         if (requestCode == COD_PETICION) {
46             if (resultCode == RESULT_OK) {
47                 if (data.hasExtra(UD06_01_A1_Intents.APELIDO)) {
48                     EditText etNome = findViewById(R.id.etNome_UD06_01_A1_Intents);
49                     Toast.makeText(this, etNome.getText() + "\nO teu apelido é: " + data.getExtras().getString(UD06_01_A1_Intents.APELIDO), Toast.LENGTH_SHORT).show();
50                 }
51 
52             } else
53                 Toast.makeText(this, "Saíches da actividade secundaria sen premer o botón Pechar", Toast.LENGTH_SHORT).show();
54         }
55 
56     }
57 
58     public void finish() {
59         super.finish();
60         Toast.makeText(this, "Mataches a actividade principal", Toast.LENGTH_SHORT).show();
61     }
62 
63     @Override
64     protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
65         super.onCreate(savedInstanceState);
66         setContentView(R.layout.activity_ud06_01__a1_intents);
67 
68         xestionarEventos();
69     }
70 }
  • Liña 17: Ao igual que no caso de 'nome', teremos outra variable que gardará o apelido enviado dende a activity segunda á primeira.
  • Liña 18: Creamos unha constante enteira e asinámoslle un número calquera, que se lle vai pasar á actividade secundaria cando se chame e que ela nos vai devolver cando se peche.
  • Liña 33: Chamamos ao intent asociado á actividade secundaria facendo uso do método startActivityForResult, pasándolle un número que logo nos devolverá cando esta se peche e devolva o control á actividade principal. A diferenza da forma anterior, chamando a este método indicamos que a activity á que chamamos vai devolver información, a cal será recollida no método onActivityResult.
  • Liña 43: o método onActivityResult (int requestCode, int resultCode, Intent data) actívase cando se volve dunha actividade secundaria.
    • En requestCode: recollemos o código que nos envía esa actividade secundaria, e así controlando ese código podemos saber de que actividade secundaria se regresou á principal.
    • En resultCode: recibimos o código que nos pasaron dende a actividade secundaria:
      • public static final int RESULT_CANCELED= 0 (0x00000000). Para cando queremos indicar que na actividade secundaria se cancelou algo.
      • public static final int RESULT_OK= -1 (0xffffffff). Para cando queremos indicar que o que se tiña que facer na activity secundaria fíxose correctamente.
    • data: recibimos o intent que nos envía a clase secundaria, e que podemos ver se nos pasa algún valor do estilo CHAVE-VALOR, url, etc.
  • Liña 45: Comprobamos se á volta á actividade principal é por mor da actividade secundaria: RecibirDatos que chamamos antes co número 33.
  • Liña 46: Comprobamos se na activity secundaria se concluíu dun xeito exitoso. Se non é así, unha das razóns polas que non se puido rematar foi porque se premeu o botón Back (liña 54).
  • Liña 47: comprobamos se o intent data ten un campo APELIDO de ser así ...
  • Liña 49: ... extraemos o seu valor e amosamos a través dun Toast.



Pasar datos da secundaria á principal: O XML da activity secundaria

  • Só se engadiu un EditText.
 1 <?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
 2 <android.support.constraint.ConstraintLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
 3     xmlns:app="http://schemas.android.com/apk/res-auto"
 4     xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
 5     android:layout_width="match_parent"
 6     android:layout_height="match_parent"
 7     tools:context=".Intents.UD06_01_A2_Intents">
 8 
 9     <TextView
10         android:id="@+id/tvResultado_UD06_01_A2_Intent"
11         android:layout_width="wrap_content"
12         android:layout_height="wrap_content"
13         android:layout_marginEnd="8dp"
14         android:layout_marginStart="8dp"
15         android:layout_marginTop="8dp"
16         android:contentDescription="Nome enviado"
17         android:text="Resultado"
18         app:layout_constraintEnd_toEndOf="parent"
19         app:layout_constraintStart_toStartOf="parent"
20         app:layout_constraintTop_toTopOf="parent" />
21 
22     <Button
23         android:id="@+id/btnPechar_UD06_01_A2_Intent"
24         android:layout_width="wrap_content"
25         android:layout_height="wrap_content"
26         android:layout_marginEnd="8dp"
27         android:layout_marginStart="8dp"
28         android:layout_marginTop="28dp"
29         android:text="Pechar"
30         app:layout_constraintEnd_toEndOf="parent"
31         app:layout_constraintStart_toStartOf="parent"
32         app:layout_constraintTop_toBottomOf="@+id/etApelido_UD06_01_A2_Intents" />
33 
34     <EditText
35         android:id="@+id/etApelido_UD06_01_A2_Intents"
36         android:layout_width="wrap_content"
37         android:layout_height="wrap_content"
38         android:layout_marginEnd="8dp"
39         android:layout_marginStart="8dp"
40         android:layout_marginTop="24dp"
41         android:ems="10"
42         android:hint="Apelido"
43         android:inputType="textPersonName"
44         app:layout_constraintEnd_toEndOf="parent"
45         app:layout_constraintStart_toStartOf="parent"
46         app:layout_constraintTop_toBottomOf="@+id/tvResultado_UD06_01_A2_Intent" />
47 </android.support.constraint.ConstraintLayout>



Pasar datos da secundaria á principal: A clase Java da Activity secundaria

 1 package es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.Intents;
 2 
 3 import android.app.Activity;
 4 import android.content.Intent;
 5 import android.os.Bundle;
 6 import android.view.View;
 7 import android.widget.EditText;
 8 import android.widget.TextView;
 9 
10 import es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.R;
11 
12 public class UD06_01_A2_Intents extends Activity {
13 
14     // private String formaPecharActivity=null;
15 
16     private void xestionarEventoss(){
17         findViewById(R.id.btnPechar_UD06_01_A2_Intent).setOnClickListener(new View.OnClickListener() {
18             @Override
19             public void onClick(View v) {
20                 // formaPecharActivity = " Premendo botón Pechar";
21 
22                 EditText et_apelido = (EditText) findViewById(R.id.etApelido_UD06_01_A2_Intents);
23 
24                 Intent datos_volta = new Intent();
25                 datos_volta.putExtra(UD06_01_A1_Intents.APELIDO, et_apelido.getText().toString());
26                 setResult(RESULT_OK, datos_volta);
27 
28                 finish();
29             }
30         });
31     }
32 
33     public void finish() {
34         super.finish();     // IMPORTANTE. SEMPRE HAI QUE CHAMAR A SUPER.XXXX en calquera método do ciclo de vida da activity que sobrecarguemos
35 
36         /*
37         if (formaPecharActivity==null){ // Quere dicir que vimos de pulsar o botón atrás, non o botón pechar, xa que se prememos o botón Pechar damos un valor á variable
38             formaPecharActivity = " Premendo botonera Retroceso";
39         }
40         Toast.makeText(this, "Saíches da actividade secundaria: " + formaPecharActivity, Toast.LENGTH_SHORT).show();
41          */
42     }
43 
44     @Override
45     protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
46         super.onCreate(savedInstanceState);
47         setContentView(R.layout.activity_ud06_01__a2__intents);
48 
49         // Recuperamos o nome enviado dende a Activity 1
50         TextView tvResultado = (TextView) findViewById(R.id.tvResultado_UD06_01_A2_Intent);
51         Intent intent = getIntent();
52         tvResultado.setText("Ola " + intent.getExtras().getString(UD06_01_A1_Intents.NOME));
53 
54         xestionarEventoss();
55     }
56 }
  • Liñas 14,20,36-41: Comentámolas pois agora na actividade principal xa somos quen de saber se o usuario premeu ou non o botón Pechar ou Back polo código de volta da activity.
  • Liña 24: Creamos un novo intent.
  • Liña 25: Engadimos datos extendidos ao intent, neste caso o par: APELIDO-Valor.
  • Liña 26: setResult envíalle o resultado á activity chamadora có código RESULT_OK. Poderíamos enviar o código RESULT_CANCELED noutro suposto programado por nos.

Continuación caso práctico 1: Chamar a unha activity doutra aplicación: á calculadora

  • A continuación imos engadir máis código ás clases e xmls anteriores para poder chamar a unha activity doutra aplicación, neste caso do sistema.
  • Imos facelo de forma explícita.



Chamar á calculadora: o xml da activity principal.

  • Simplemente engadimos un novo botón (Liñas 57-67).
 1 <?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
 2 <android.support.constraint.ConstraintLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
 3     xmlns:app="http://schemas.android.com/apk/res-auto"
 4     xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
 5     android:layout_width="match_parent"
 6     android:layout_height="match_parent"
 7     tools:context=".Intents.UD06_01_A1_Intents">
 8 
 9     <TextView
10         android:id="@+id/tvNome_UD06_01_A1_Intent"
11         android:layout_width="wrap_content"
12         android:layout_height="wrap_content"
13         android:layout_marginStart="8dp"
14         android:layout_marginTop="8dp"
15         android:text="Dime o teu nome:"
16         android:textSize="18sp"
17         app:layout_constraintStart_toStartOf="parent"
18         app:layout_constraintTop_toTopOf="@+id/etNome_UD06_01_A1_Intents" />
19 
20     <EditText
21         android:id="@+id/etNome_UD06_01_A1_Intents"
22         android:layout_width="wrap_content"
23         android:layout_height="wrap_content"
24         android:layout_marginStart="8dp"
25         android:layout_marginTop="8dp"
26         android:ems="10"
27         android:inputType="textPersonName"
28         android:hint="Nome a enviar"
29         app:layout_constraintStart_toEndOf="@+id/tvNome_UD06_01_A1_Intent"
30         app:layout_constraintTop_toTopOf="parent" />
31 
32     <CheckBox
33         android:id="@+id/ckDestruir_UD06_01_A1_Intents"
34         android:layout_width="wrap_content"
35         android:layout_height="wrap_content"
36         android:layout_marginEnd="8dp"
37         android:layout_marginStart="8dp"
38         android:layout_marginTop="48dp"
39         android:text="Destruír esta activity ao chamar á segunda"
40         android:textSize="14sp"
41         app:layout_constraintEnd_toEndOf="parent"
42         app:layout_constraintStart_toStartOf="parent"
43         app:layout_constraintTop_toBottomOf="@+id/etNome_UD06_01_A1_Intents" />
44 
45     <Button
46         android:id="@+id/btnLanzar_UD06_01_A1_Intent"
47         android:layout_width="0dp"
48         android:layout_height="wrap_content"
49         android:layout_marginEnd="8dp"
50         android:layout_marginStart="8dp"
51         android:layout_marginTop="16dp"
52         android:text="Chamar 2ª Activity: Recibir Datos"
53         app:layout_constraintEnd_toEndOf="parent"
54         app:layout_constraintStart_toStartOf="parent"
55         app:layout_constraintTop_toBottomOf="@+id/ckDestruir_UD06_01_A1_Intents" />
56 
57     <Button
58         android:id="@+id/btnCalculadora_UD06_01_A1_Intents"
59         android:layout_width="0dp"
60         android:layout_height="wrap_content"
61         android:layout_marginEnd="8dp"
62         android:layout_marginStart="8dp"
63         android:layout_marginTop="8dp"
64         android:text="Lanzar Calculadora"
65         app:layout_constraintEnd_toEndOf="parent"
66         app:layout_constraintStart_toStartOf="parent"
67         app:layout_constraintTop_toBottomOf="@+id/btnLanzar_UD06_01_A1_Intent" />
68 </android.support.constraint.ConstraintLayout>



Chamar á calculadora: A clase java da activity principal.

  • Engadimos o código para procesar o evento onClick do botón.
 1 package es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.Intents;
 2 
 3 import android.app.Activity;
 4 import android.content.Intent;
 5 import android.os.Bundle;
 6 import android.view.View;
 7 import android.widget.Button;
 8 import android.widget.CheckBox;
 9 import android.widget.EditText;
10 import android.widget.Toast;
11 
12 import es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.R;
13 
14 public class UD06_01_A1_Intents extends Activity {
15 
16     public final static String NOME = "nome";       // É o nome da variable
17     public final static String APELIDO = "apelido";       // É o nome da variable
18     private final int COD_PETICION = 33;
19 
20     private void xestionarEventos(){
21 
22         // Botón para lanzar a segunda activity
23         Button btnLanzarActivity = findViewById(R.id.btnLanzar_UD06_01_A1_Intent);
24         btnLanzarActivity.setOnClickListener(new View.OnClickListener() {
25             @Override
26             public void onClick(View v) {
27                 CheckBox chkDestruir = findViewById(R.id.ckDestruir_UD06_01_A1_Intents);
28                 EditText etNome = findViewById(R.id.etNome_UD06_01_A1_Intents);
29 
30                 Intent intent = new Intent();
31                // intent.setClassName("es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo","es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.Intents.UD06_01_A2_Intents");
32                 intent.setClassName(getApplicationContext(),"es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.Intents.UD06_01_A2_Intents");
33                 intent.putExtra(NOME, etNome.getText().toString());
34 
35                 // startActivity(intent);
36                 startActivityForResult(intent, COD_PETICION);
37 
38                 if (chkDestruir.isChecked()) {
39                     finish();
40                 }
41             }
42         });
43 
44          //Botón para lanzar a calculadora do S.O.
45          Button btnCalculadora = findViewById(R.id.btnCalculadora_UD06_01_A1_Intents);
46          btnCalculadora.setOnClickListener(new View.OnClickListener() {
47              @Override
48              public void onClick(View v) {
49                  Intent intent = new Intent();
50                  intent.setClassName("com.android.calculator2", "com.android.calculator2.Calculator");
51                  startActivity(intent);
52              }
53          });
54 
55     }
56     protected void onActivityResult(int requestCode, int resultCode, Intent data) {
57 
58         if (requestCode == COD_PETICION) {
59             if (resultCode == RESULT_OK) {
60                 if (data.hasExtra(UD06_01_A1_Intents.APELIDO)) {
61                     EditText etNome = findViewById(R.id.etNome_UD06_01_A1_Intents);
62                     Toast.makeText(this, etNome.getText() + "\nO teu apelido é: " + data.getExtras().getString(UD06_01_A1_Intents.APELIDO), Toast.LENGTH_SHORT).show();
63                 }
64 
65             } else
66                 Toast.makeText(this, "Saíches da actividade secundaria sen premer o botón Pechar", Toast.LENGTH_SHORT).show();
67         }
68 
69     }
70 
71     public void finish() {
72         super.finish();
73         Toast.makeText(this, "Mataches a actividade principal", Toast.LENGTH_SHORT).show();
74     }
75 
76     @Override
77     protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
78         super.onCreate(savedInstanceState);
79         setContentView(R.layout.activity_ud06_01__a1_intents);
80 
81         xestionarEventos();
82     }
83 }
  • Liña 50: Nesta ocasión co método setClassName(String packageName, String className) indicámoslle no nome do paquete que contén a clase e nome da clase.



Paso de datos complexos dunha activity a outra

  • Nos exemplos anteriores estamos a pasar datos de tipo String dunha activity a outra.
Para iso temos que chamar ao método putExtras da clase Intent desta forma:


1                 Intent intent = new Intent(this,Activity_Chamar.class);
2 
3                 Bundle datos = new Bundle();
4                 datos.putString("VARIABLE1",VALOR1);
5                 datos.putInt("VARIABLE2",VALOR2);
6                 .............
7                 intent.putExtras(datos);
8 
9                 startActivity(intent);


  • Para recuperar os datos na activity 'destino' facemos o proceso contrario:
 1     @Override
 2     protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
 3         super.onCreate(savedInstanceState);
 4         setContentView(R.layout.activity_ud06_01__a2__intents);
 5 
 6         Intent intent = getIntent();
 7         Bundle datos = intent.getExtras();
 8         String valor1 = datos.getString("VARIABLE1");
 9         
10     }
NOTA IMPORTANTE: Lembrar que se gardades o contido dun View (por exemplo, o EditText) o contido a gardar será: editText.getText().toString()
Tedes que facer uso do método 'toString()'.




  • Se queremos pasar obxectos pertencentes a clases complexas dunha activity a outra, podemos:
Para facer uso dela temos que implementar dita Interface nas clases que queiramos empregar para pasar datos entre activities.
Para pasar o datos facemos uso do método putExtra(parámetro, obxecto) da clase Intent. Por exemplo: intento.putExtra("DATO",empregado);
Para recuperar o dato facemos uso do método getExtras().getSerializable(parámetro) da clase Intent (facendo un cast á clase). Por exemplo Empregado empregado = (Empregado)intento.getExtras().getSerializable("DATO")


  • Facer uso da interface Parceleable a cal deberemos implementar na clase que queremos utilizar para pasar os datos.
Indicar que esta forma é máis óptima que no caso de empregar a interface Serializable.
Tedes un exemplo completo de uso neste enlace.




Enlace a la página principal de la UD6

Enlace a la página principal del curso





-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2015).