Intents implícitos. Permisos. Filtros.

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Intent en Activities

  • Para lanzar outra activity se fai uso dos Intent.
  • Nota Importante: En Android cando lanzamos unha nova activity, a anterior queda en memoria formando unha cola LIFO. O pechar a nova activity aparecerá a anterior. SE QUEREMOS PECHAR UNHA ACTIVITY PARA ABRIR UNHA NOVA DEBEMOS DE ABRIR A NOVA ACTIVITY E CHAMAR Ó MÉTODO finish() da activity que chama.



Construíndo un Intent


  • A efectos prácticos, unha activity vense a identificar cunha pantalla. Os intent´s vannos servir para chamar a ditas pantallas entre outras cousas.
Tamén van servir para chamar a outras aplicacións ANDROID e esperar unha resposta (ou non).
  • Un intent prové un enlace entre diferentes compoñentes coma poden ser dúas activity´s. Se pode traducir coma a intención da aplicación de facer algo.
Cando chama, o pode facer indicando a Activity que quere lanzar (Intent Explícitos) ou simplemente indica a acción que quere realizar e é o S.O. quen decide en base a acción e o tipo de información, que aplicación debe lanzar (Intent Implícitos).


  • Para chamar a unha activity dende outra temos o seguinte código:
1 Intent intent = new Intent(this, DisplayMessageActivity.class);


  • O primeiro parámetro é unha referencia ó contexto (a clase Activity é unha subclase de Context, por iso poñemos this).
O segundo parámetro é a clase que o Sistema Operativo ‘intentará’ cargar (no noso caso a activity a cargar).


  • Nota: O context é unha interface que nos permite acceder os recursos da aplicación, clases e outras operacións, como acceso as activities…



Etiqueta action

  • Como vimos anteriormente, cada vez que se crea unha activity se engade no AndroidManifiest.xml.
Dita activity ten asociado un filtro de intento (<intent-filter>) ou podemos engadirllo en caso de non ser un tipo 'launcher'.
Dentro deste temos a etiqueta <action....> no que se define o nome do filtro para a activity.
Desta forma podemos chamar a outra activity polo seu nome:
  • startActivity(new Intent(this,NomeClase.class); :Esta é a opción vista ata o de agora.
  • startActivity(new Intent(“nome.definido.etiqueta.action”)); :Chamamos co nome definido na etiqueta action.
Neste segundo caso teremos que definir unha categoría por defecto, para poder chamar a activity polo seu nome (<category android:name="android.intent.category.DEFAULT" />)



Vexamos un exemplo:
 1         <activity
 2             android:name="com.example.variasactiviy.MainActivity1"
 3             android:label="@string/app_name1" >
 4             <intent-filter>
 5                 <action android:name="android.intent.action.MAIN" />
 6                 <category android:name="android.intent.category.LAUNCHER" />
 7             </intent-filter>
 8         </activity>
 9         <activity
10             android:name="com.example.variasactiviy.MainActivity2"
11             android:label="@string/app_name2" >
12             <intent-filter>
13                 <action android:name="com.example.variasactiviy.ActionMainActivity2" />
14    	        <category android:name="android.intent.category.DEFAULT" />
15             </intent-filter>
16         </activity>
Para chamar a segunda activity:
1 startActivity(new Intent("com.example.variasactiviy.ActionMainActivity2"));
  • Nome dos action:
  • Aínda que o action pode ter calquera nome, por convención se usa este formato nos action definidos por Android: .intent.action.nome_acción.
Por exemplo, 'android.intent.action.MAIN' é o action que define Android para unha activity de categoría 'Launcher'.
Podemos consultar todos os action definidos no seguinte enlace.
Se queremos chamar a unha activity que 'atenda' a un tipo de acción teríamos que poñer:
1 Intent intent = new Intent(Intent.ACTION_MAIN);   // Neste caso buscamos as que atendan o tipo ACTION_MAIN.
2 startActivity(intent);


  • No caso das activities definidas por nos que non teñen un action 'predefinido' de Android, o name terá o formato: nome_paquete.nome_accion.
No exemplo anterior: com.example.variasactiviy.ActionMainActivity2
Unha activity pode levar varias accións asociadas.
Se existen varias activities co mesmo nome o S.O. amosará unha mensaxe para que escollamos cal delas debe abrir.


  • Os intent´s vainos servir para chamar a outras aplicacións que estean instaladas no sistema operativo Android. A idea é chamar a unha aplicación cun tipo de dato, e que sexa o S.O. en base os 'filter' das aplicacións instaladas, o que chame á aplicación correspondente.

Dentro do Intent irán os datos necesarios para que a aplicación que reciba a petición poida dar o servizo. Así, se abro o navegador, podo enviarlle a url que quero que abra (é opcional mandalo). Para mandar os datos faremos uso do método putExtra da clase Intent (o veremos despois noutro punto).

Así, grazas a esta forma de traballar, podemos usar Intent´s:
  • Para chamar a un teléfono
  • Para enviar un sms/correo
  • Para abrir o navegador
  • Para abrir unha localización dentro dun mapa
  • Ou para chamar a Activities doutras aplicacións.


Por exemplo:
  • Un intent para enviar un correo electrónico:
1 Intent intent = new Intent(Intent.ACTION_SEND);
2 intent.setType("application/octet-stream");
3 intent.putExtra(Intent.EXTRA_SUBJECT, "Subject");
4 intent.putExtra(Intent.EXTRA_TEXT, "Texto do Mail");
5 intent.putExtra(Intent.EXTRA_EMAIL, new String[]{"android@cursoandroid.es"});
6 startActivity(intent);
  • Un intent para amosar o dial de teléfono:
1 Intent intent = new Intent(Intent.ACTION_DIAL);
2 startActivity(intent);
  • Un intent para lanzar unha busca do navegador web:
1 Intent intent = new Intent(Intent.ACTION_WEB_SEARCH);
2 intent.putExtra(SearchManager.QUERY, "Android");
3 startActivity(intent);



  • A un Intent podemos asociarlle unha acción, uns datos e unha categoría.
As activities poden declarar o tipo de accións que poden levar a cabo e os tipos de datos que poden xestionar.
As accións son cadeas de texto estándar que describen o que unha activity pode facer.
Por exemplo android.intent.action.VIEW é unha acción que indica que a actividade pode amosar datos ó usuario.
Máis información en:
Cando definimos unha activity normalmente aparece isto no AndroidManifiest,xml:
1         <activity
2             android:name=".MainActivity"
3             android:label="@string/title_activity_main" >
4             <intent-filter>
5                 <action android:name="android.intent.action.MAIN" />
6                 <category android:name="android.intent.category.LAUNCHER" />
7             </intent-filter>
8         </activity>
Como vemos temos:
  • <action android:name="android.intent.action.MAIN" />: indica que é unha activity inicial que non se lle vai a enviar datos nin devolver datos.
  • <category android:name="android.intent.category.LAUNCHER" />: indica que a activity pode ser a actividade inicial dunha tarefa.


Outro exemplo sería o seguinte:
1    <intent-filter >
2 		<action android:name="android.intent.action.VIEW" />
3 		<category android:name="android.intent.category.DEFAULT" />
4 		<category android:name="android.intent.category.BROWSABLE" />
5 		<data android:scheme="http" android:pathPattern=".*mp3" android:mimeType="audio/*" />
6   </intent-filter>
Neste caso cando esteamos navegando, ó premer sobre unha canción mp3 abrirase a posibilidade de reproducila coa nosa activity. Xa dentro da nosa activity, o dato que podemos obter é a URL da canción a reproducir os poderíamos obter da seguinte forma:
1 	Intent intent = getIntent();
2         // Por se voltamos do navegador web.
3         if (intent != null && intent.getData() != null) {	
4 	        TextView txturl = (TextView)findViewById(R.id.txtURL);
5 	        txturl.setText(intent.getData().toString());
6         }



  • No caso da ACTION_VIEW é unha acción moi xenérica e Android ten que descubrir que activity pode chamar facendo uso da composición da URI.
Para iso mira o esquema que posúe a URI (neste caso http) e pregunta a todas as actividades cal delas entende dito esquema.
Poderíamos ter rexistrados varios esquemas:
1 <activity ...>
2    <intent -filter>
3       <action android:name="android.intent.action.VIEW"/>
4       <data android:scheme="http" />
5       <data android:scheme="https" />
6    </intent>
7 </activity>
Máis información sobre a etiqueta en http://developer.android.com/guide/topics/manifest/data-element.html



Etiqueta category

  • No que se refire a etiqueta <category> esta se utiliza para categorizar as activities e que se podan atopar máis facilmente.


  • Anteriormente vimos un exemplo no que tiñamos: <category android:name="android.intent.category.BROWSABLE" />
Se ides o enlace anterior e buscades dita categoría, vos informa que dita categoría é necesaria para que unha activity sexa chamada dende o navegador.
Por exemplo, mentres que o sistema se está iniciando busca as activities que teñan a category de launcher: <category android:name="android.intent.category.LAUNCHER" />


Por exemplo, poderíamos lanzar unha activity en base a súa categoría:
1 		Intent intento = new Intent(Intent.ACTION_MAIN, null);
2 		intento.addCategory(Intent.CATEGORY_LAUNCHER);
3 		startActivity(i);

Dará como resultado:

PDM Activity 25.jpg





Comprobando a disponibilidade

  • Sempre que facemos uso das chamadas de tipo implícito deberíamos comprobar si existe algunha Activity que poide responder ao tipo de Action que imos solicitar.
Isto é necesario xa que se non o comprobamos, a aplicación deixará de funcionar e se pechará.
Para comprobalo temos que chamar ao método resolveActivity da clase Intent.
1                 if (intent.resolveActivity(getPackageManager())!=null){ // Comprobamos sempre nas chamadas implicitas se existe algunha activity que poida atender a miña petición
2                     startActivity(intent);
3                 }


1                 Intent intent = new Intent();
2                 intent.setAction(Intent.ACTION_MAIN);


Caso Práctico 1

Se non o temos creado antes, crearemos un novo paquete de nome: Intents como un subpaquete do teu paquete principal.



  • Dentro do paquete Intents crear unha nova 'Empty Activity' de nome: UD03_02_A1_Intents de tipo Launcher e sen compatibilidade.
Modifica o arquivo AndroidManifiest.xml e engade unha label á activity como xa vimos na creación do proxecto base.
  • Dentro do paquete Intents crear unha nova 'Empty Activity' de nome: UD03_02_A2_Intents de tipo no Launcher e sen compatibilidade.
Modifica o arquivo AndroidManifiest.xml e engade unha label á activity como xa vimos na creación do proxecto base.
  • Dentro do paquete Intents crear unha nova 'Empty Activity' de nome: UD03_02_A3_Intents de tipo no Launcher e sen compatibilidade.
Modifica o arquivo AndroidManifiest.xml e engade unha label á activity como xa vimos na creación do proxecto base.



  • O que imos facer é crear tres activities, unha principal cun botón dende a cal se chamará a outra das dúas activities creadas, pero en base ao seu Action:



O XML da Activity Principal

 1 <?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
 2 <android.support.constraint.ConstraintLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
 3     xmlns:app="http://schemas.android.com/apk/res-auto"
 4     xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
 5     android:layout_width="match_parent"
 6     android:layout_height="match_parent"
 7     tools:context=".Intents.UD03_02_A1_Intents">
 8 
 9     <Button
10         android:id="@+id/btnLanzar_UD03_02_A1_Intents"
11         android:layout_width="0dp"
12         android:layout_height="wrap_content"
13         android:layout_marginEnd="8dp"
14         android:layout_marginStart="8dp"
15         android:layout_marginTop="8dp"
16         android:text="Lanzar Activity Implicita"
17         app:layout_constraintEnd_toEndOf="parent"
18         app:layout_constraintStart_toStartOf="parent"
19         app:layout_constraintTop_toTopOf="parent" />
20 </android.support.constraint.ConstraintLayout>



Código da Activity Principal

 1 package es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.Intents;
 2 
 3 import android.app.Activity;
 4 import android.content.Intent;
 5 import android.os.Bundle;
 6 import android.view.View;
 7 
 8 import es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.R;
 9 
10 public class UD03_02_A1_Intents extends Activity {
11 
12     @Override
13     protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
14         super.onCreate(savedInstanceState);
15         setContentView(R.layout.activity_ud03_02__a1__intents);
16 
17 
18         findViewById(R.id.btnLanzar_UD03_02_A1_Intents).setOnClickListener(new View.OnClickListener() {
19             @Override
20             public void onClick(View v) {
21                 Intent intent = new Intent(Intent.ACTION_MAIN);
22                 if (intent.resolveActivity(getPackageManager())!=null){ // Comprobamos sempre nas chamadas implicitas se existe algunha activity que poida atender a miña petición
23                     startActivity(intent);
24                 }
25             }
26         });
27 
28     }
29 }
Neste caso estamos a utilizar un dos Actions predefinidos do S.O. Android.



O XML da Segunda Activity

 1 <?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
 2 <android.support.constraint.ConstraintLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
 3     xmlns:app="http://schemas.android.com/apk/res-auto"
 4     xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
 5     android:layout_width="match_parent"
 6     android:layout_height="match_parent"
 7     tools:context=".Intents.UD03_02_A2_Intents">
 8 
 9     <TextView
10         android:id="@+id/textView7"
11         android:layout_width="wrap_content"
12         android:layout_height="wrap_content"
13         android:layout_marginEnd="8dp"
14         android:layout_marginStart="8dp"
15         android:layout_marginTop="8dp"
16         android:text="Segunda Activity"
17         android:textSize="24sp"
18         app:layout_constraintEnd_toEndOf="parent"
19         app:layout_constraintStart_toStartOf="parent"
20         app:layout_constraintTop_toTopOf="parent" />
21 </android.support.constraint.ConstraintLayout>



O XML da Terceira Activity

 1 <?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
 2 <android.support.constraint.ConstraintLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
 3     xmlns:app="http://schemas.android.com/apk/res-auto"
 4     xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
 5     android:layout_width="match_parent"
 6     android:layout_height="match_parent"
 7     tools:context=".Intents.UD03_02_A1_Intents">
 8 
 9 <?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
10 <android.support.constraint.ConstraintLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
11     xmlns:app="http://schemas.android.com/apk/res-auto"
12     xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
13     android:layout_width="match_parent"
14     android:layout_height="match_parent"
15     tools:context=".Intents.UD03_02_A3_Intents">
16 
17     <TextView
18         android:id="@+id/textView8"
19         android:layout_width="wrap_content"
20         android:layout_height="wrap_content"
21         android:layout_marginBottom="8dp"
22         android:layout_marginEnd="8dp"
23         android:layout_marginStart="8dp"
24         android:layout_marginTop="8dp"
25         android:text="TERCEIRA ACTIVITY"
26         android:textSize="30sp"
27         app:layout_constraintBottom_toBottomOf="parent"
28         app:layout_constraintEnd_toEndOf="parent"
29         app:layout_constraintStart_toStartOf="parent"
30         app:layout_constraintTop_toTopOf="parent" />
31 </android.support.constraint.ConstraintLayout>



O Arquivo AndroidManifiest.xml

 1         <activity
 2             android:name=".Intents.UD03_02_A1_Intents"
 3             android:label="UD03_02_A1_Intents">
 4             <intent-filter>
 5                 <action android:name="android.intent.action.MAIN" />
 6 
 7                 <category android:name="android.intent.category.LAUNCHER" />
 8             </intent-filter>
 9         </activity>
10         <activity android:name=".Intents.UD03_02_A2_Intents"
11             android:label="UD03_02_A2_Intents">
12             <intent-filter>
13                 <action android:name="android.intent.action.MAIN" />
14                 <category android:name="android.intent.category.DEFAULT" />
15             </intent-filter>
16         </activity>
17 
18         <activity android:name=".Intents.UD03_02_A3_Intents"
19             android:label="UD03_02_A3_Intents">
20             <intent-filter>
21                 <action android:name="android.intent.action.MAIN" />
22                 <category android:name="android.intent.category.DEFAULT" />
23             </intent-filter>
24         </activity>


Liñas 14,22: Vemos como debes incluír a categoría CATEGORY_DEFAULT no filtro de intents. Se non se pon, startActivity() ou startActivityForResult() non funcionarán.



  • Podemos facer o mesmo, pero definindo a noso propio Action (lembrar que nese caso o nome do Action ten que estar precedido polo nome do paquete):
Modificamos o AndroidManifiest.xml
 1         <activity android:name=".Intents.UD03_02_A2_Intents"
 2             android:label="UD03_02_A2_Intents">
 3             <intent-filter>
 4                 <action android:name="es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.ACCION_VISUALIZAR" />
 5                 <category android:name="android.intent.category.DEFAULT" />
 6             </intent-filter>
 7         </activity>
 8 
 9         <activity android:name=".Intents.UD03_02_A3_Intents"
10             android:label="UD03_02_A3_Intents">
11             <intent-filter>
12                 <action android:name="es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.ACCION_VISUALIZAR" />
13                 <category android:name="android.intent.category.DEFAULT" />
14             </intent-filter>
15         </activity>


  • E modificamos o código da Activity Principal:
 1 package es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.Intents;
 2 
 3 import android.app.Activity;
 4 import android.content.Intent;
 5 import android.os.Bundle;
 6 import android.view.View;
 7 
 8 import es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.R;
 9 
10 public class UD03_02_A1_Intents extends Activity {
11 
12     public final String ACCION_VISUALIZAR = "es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.ACCION_VISUALIZAR";
13 
14     @Override
15     protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
16         super.onCreate(savedInstanceState);
17         setContentView(R.layout.activity_ud03_02__a1__intents);
18 
19 
20         findViewById(R.id.btnLanzar_UD03_02_A1_Intents).setOnClickListener(new View.OnClickListener() {
21             @Override
22             public void onClick(View v) {
23                 Intent intent = new Intent();
24                 intent.setAction(ACCION_VISUALIZAR);
25                 if (intent.resolveActivity(getPackageManager())!=null){ // Comprobamos sempre nas chamadas implicitas se existe algunha activity que poida atender a miña petición
26                     startActivity(intent);
27                 }
28             }
29         });
30 
31     }
32 }



Caso Práctico 2

NOTA ACLARATORIA:

  • Chegados a este punto, aínda non vimos o tema dos permisos en Android.
Se o alumno quere ir mirando o pode facer neste punto da WIKI.
Ata o de agora estamos a facer as probas sobre un emulador API 27.
A partires da API 23, o sistema de permisos cambia e agora, certos permisos necesitan ser solicitados pola aplicación para poder funcionar.
Este caso práctico fai uso de certos permisos que están dentro da categoría anterior, polo que o alumno necesitaría engadir o código que se atopa na sección da WIKI indicada anteriormente para poder funcionar sobre o emulador API 27.
Se non se quere facer isto, este caso práctico (e o seguinte desta sección) facelo sobre un emulador cunha API < 23, por exemplo API 22 ou API 21.
Nota: Mellor crear un novo emulador que cambiar de API nun emulador existente, xa que a min doume problemas e non arrancaba.



Se non o temos creado antes, crearemos un novo paquete de nome: Intents como un subpaquete do teu paquete principal.


  • Dentro do paquete Intents crear unha nova 'Empty Activity' de nome: UD03_03_A1_Intents de tipo Launcher e sen compatibilidade.
Modifica o arquivo AndroidManifiest.xml e engade unha label á activity como xa vimos na creación do proxecto base.
  • Dentro do paquete Intents crear unha nova 'Empty Activity' de nome: UD03_03_A2_Intents de tipo no Launcher e sen compatibilidade.
Modifica o arquivo AndroidManifiest.xml e engade unha label á activity como xa vimos na creación do proxecto base.




Permisos

  • Cando instalamos unha aplicación nun dispositivo real (non nun AVD) se precisa acceder a características que esixen algún tipo de permiso, o proceso de instalación pregunta se estamos dispostos a dar eses permisos para que a aplicación poida funcionar con tódalas súas funcionalidades.
  • Por exemplo, instalando Gmail:

Gmail.png

  • O proceso de instalación pregunta ao usuario se por exemplo lle deixa acceder a esta aplicación á súa lista de contactos.
  • No ficheiro AndroidManifest.xml é onde se declaran os permisos que precisa a aplicación para poder facer uso de funcionalidades protexidas: contactos, cámara, mermoria usb, gps, etc.
  • A través de unha ou varias etiquetas <uses-permission> vanse declarar os permisos que precisa a aplicación.

Exemplos de permisos no ficheiro AndroidManifest.xml

 1 <?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
 2 <manifest xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
 3     package="es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo">
 4 
 5 
 6     <uses-permission android:name="android.permission.CALL_PHONE" />
 7     <uses-permission android:name="android.permission.INTERNET" />
 8     <uses-permission android:name="android.permission.READ_CONTACTS" />
 9 
10     
11     <application
12         android:allowBackup="true"
13         android:icon="@mipmap/ic_launcher"
14         android:label="@string/app_name"
15         android:roundIcon="@mipmap/ic_launcher_round"
16         android:supportsRtl="true"
17         android:theme="@style/AppTheme">
18         <activity android:name=".MainActivity" />
  • Liña 6: Permiso que "permite" realizar unha chamada de telefono sen pasar a través do interface do teléfono para que o usuario marque.
  • Liña 7: Permítelle á aplicación abrir conexións de rede.
  • Liña 8: Da súa lectura pódese concluír o que permite.


  • Se imos a instalar a aplicación nun dispositivo cunha API 23 ou superior, dependendo do tipo de permiso, teremos solicitalo especificamente por programación a maiores de telo posto no arquivo AndroidManifiest.xml como podemos ver neste sección da WIKI.


  • Lembrar que os permisos asígnanse no momento da instalación a aplicación. Nun dispositivo real pídeselle consentimento ao usuario, non así nun AVD.

Chamadas a intents de modo implícito

  • Como xa se dixo, un compoñente pode ser lanzado de forma implícita cando se indica a acción que se desexa realizar e se é o caso os datos sobre os que se desexa realizar a acción.
  • Non se vai especificar cal é a activity que vai atender o intent. Incluso se hai varias Activities que poidan atender ese intent o sistema ofrecerá ao usuario as distintas posibilidades para que escolla.
  • Por exemplo, cando dende contactos se desexa enviar un mensaxe a un número de teléfono o sistema ofrece a posibilidade de que se envíe a través de sms, Whatsapp, Viber, etc, se se teñen instalados estes últimos.
  • A seguinte imaxe amosa un exemplo no que para abrir unha URL hai dúas aplicacións que o poden facer.

Android implicit intent choice chrome.png


  • Para lanzar un intent de modo implícito precísase indicar:
    • Acción (action): A acción que se desexa levar a cabo. Por exemplo,
      • ACTION_VIEW, para mostrar datos ao usario
      • ACTION_EDIT, para editar os datos que nos pasan
      • ACTION_PICK. selecciona un ítem dun conxunto de datos e devolve o selccionado.
      • ACTION_WEB_SEARCH. busca no navegador as palabras indicadas.
      • etc.
    • Datos (data): os datos sobre os que se vai operar, por exemplo, unha url, os datos dun contacto,a cadea de busca, etc.
  • Exemplo:
    • ACTION_VIEW content://contacts/people/1 -- Amosa a información sobre a persoa con identificador 1.


Filtros de intencións (Intent Filters)

  • Android busca os compoñentes que poden responder a unha Acción nos filtros de intención que se definen no ficheiro AndroidManifest.xml de tódalas aplicacións que están instaladas no dispositivo.
  • Cando se constrúe unha activity nunha aplicación, pódese indicar os filtros de intención de manifestan que esa activity pode dar resposta as Accións que lanzan outras aplicacións.


  • No noso caso, imos modificar un chisco o código da actividade secundaria para que poida atender a peticións de visionar urls de tipo http.
  • Así cando se lance, por exemplo, que se desexa ver http://www.google.es o sistema vai ofrecer 2 opcións: o navegador de internet e a nosa actividade secundaria do proxecto (RecibirDatos).

Android 2014 U3 20 LanzarActivity 22.jpg


  • Para iso é preciso definir que esa Activity pode atender Accións de visionado de datos tipo http.
Modificamos o arquivo AndroidManifiest.xml para a segunda activity.
1         <activity android:name=".Intents.UD03_03_A2_Intents"
2             android:label="UD03_03_02_Intents">
3             <intent-filter>
4                 <action android:name="android.intent.action.VIEW" />
5                 <category android:name="android.intent.category.DEFAULT" />
6                 <category android:name="android.intent.category.BROWSABLE" />
7                 <data android:scheme="http" />
8             </intent-filter>
9         </activity>
  • Liña 4: indica para que tipo de accións esta dispoñible esta activity.
  • Liña 5,6: A categoría indica as circunstancias nas que se debe desenvolver a acción.
  • Liña 7: o tipo de datos que pode atender esta activity cando haxa unha intención preguntando por recursos http.



XML do Layout principal

 1 <?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
 2 <android.support.constraint.ConstraintLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
 3     xmlns:app="http://schemas.android.com/apk/res-auto"
 4     xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
 5     android:layout_width="match_parent"
 6     android:layout_height="match_parent"
 7     tools:context=".Intents.UD03_03_A1_Intents">
 8 
 9     <Button
10         android:id="@+id/btnAmosarContact_UD03_03_01_Intents"
11         android:layout_width="0dp"
12         android:layout_height="wrap_content"
13         android:layout_marginEnd="8dp"
14         android:layout_marginStart="8dp"
15         android:layout_marginTop="8dp"
16         android:text="Amosar Contacto"
17         app:layout_constraintEnd_toEndOf="parent"
18         app:layout_constraintStart_toStartOf="parent"
19         app:layout_constraintTop_toTopOf="parent" />
20 
21     <Button
22         android:id="@+id/btnSelContacts_UD03_03_01_Intents"
23         android:layout_width="0dp"
24         android:layout_height="wrap_content"
25         android:layout_marginEnd="8dp"
26         android:layout_marginStart="8dp"
27         android:layout_marginTop="8dp"
28         android:text="Seleccionar Contacto"
29         app:layout_constraintEnd_toEndOf="parent"
30         app:layout_constraintStart_toStartOf="parent"
31         app:layout_constraintTop_toBottomOf="@+id/btnAmosarContact_UD03_03_01_Intents" />
32 
33     <Button
34         android:id="@+id/btnChamar_UD03_03_01_Intents"
35         android:layout_width="0dp"
36         android:layout_height="wrap_content"
37         android:layout_marginEnd="8dp"
38         android:layout_marginStart="8dp"
39         android:layout_marginTop="8dp"
40         android:text="Chamar por teléfono"
41         app:layout_constraintEnd_toEndOf="parent"
42         app:layout_constraintStart_toStartOf="parent"
43         app:layout_constraintTop_toBottomOf="@+id/btnSelContacts_UD03_03_01_Intents" />
44 
45     <Button
46         android:id="@+id/btnMarcar_UD03_03_01_Intents"
47         android:layout_width="0dp"
48         android:layout_height="wrap_content"
49         android:layout_marginEnd="8dp"
50         android:layout_marginStart="8dp"
51         android:layout_marginTop="8dp"
52         android:text="Marcar número de teléfono"
53         app:layout_constraintEnd_toEndOf="parent"
54         app:layout_constraintStart_toStartOf="parent"
55         app:layout_constraintTop_toBottomOf="@+id/btnChamar_UD03_03_01_Intents" />
56 
57     <Button
58         android:id="@+id/btnAbrirNav_UD03_03_01_Intents"
59         android:layout_width="0dp"
60         android:layout_height="50dp"
61         android:layout_marginEnd="8dp"
62         android:layout_marginStart="8dp"
63         android:layout_marginTop="8dp"
64         android:text="Abrir Navegador"
65         app:layout_constraintEnd_toEndOf="parent"
66         app:layout_constraintHorizontal_bias="0.502"
67         app:layout_constraintStart_toStartOf="parent"
68         app:layout_constraintTop_toBottomOf="@+id/btnMarcar_UD03_03_01_Intents" />
69 
70 </android.support.constraint.ConstraintLayout>




Código Java da activity principal

  • Neste caso optouse por implemtar a Interface ActionListener na Activity.
 1 package es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.Intents;
 2 
 3 import android.app.Activity;
 4 import android.content.Intent;
 5 import android.database.Cursor;
 6 import android.net.Uri;
 7 import android.os.Bundle;
 8 import android.provider.ContactsContract;
 9 import android.view.View;
10 import android.widget.Toast;
11 
12 import es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.R;
13 
14 public class UD03_03_A1_Intents extends Activity implements View.OnClickListener {
15 
16 
17     private static final int COD_CONTACTOS = 7;
18 
19     @Override
20     protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
21         super.onCreate(savedInstanceState);
22         setContentView(R.layout.activity_ud03_03_a1__intents);
23 
24         xestionarEventos();
25     }
26 
27     protected void onActivityResult(int requestCode, int resultCode, Intent data) {
28 
29         if (requestCode == COD_CONTACTOS && resultCode == RESULT_OK) {
30             Uri contactoData = data.getData();
31             Cursor cursor = getContentResolver().query(contactoData, null, null, null, null);
32             if (cursor.moveToFirst()) {
33                 String nombre = cursor.getString(cursor.getColumnIndexOrThrow(ContactsContract.Contacts.DISPLAY_NAME));
34                 Toast.makeText(this, "Contacto: " + nombre, Toast.LENGTH_LONG).show();
35             }
36         }
37 
38 
39     }
40 
41     private void xestionarEventos(){
42         findViewById(R.id.btnSelContacts_UD03_03_01_Intents).setOnClickListener(this);
43         findViewById(R.id.btnAmosarContact_UD03_03_01_Intents).setOnClickListener(this);
44         findViewById(R.id.btnMarcar_UD03_03_01_Intents).setOnClickListener(this);
45         findViewById(R.id.btnChamar_UD03_03_01_Intents).setOnClickListener(this);
46         findViewById(R.id.btnAbrirNav_UD03_03_01_Intents).setOnClickListener(this);
47     }
48 
49     @Override
50     public void onClick(View v) {
51         Intent intent = null;
52 
53         switch (v.getId()) {
54             case R.id.btnSelContacts_UD03_03_01_Intents:
55                 intent = new Intent(Intent.ACTION_PICK, Uri.parse("content://contacts/people/"));
56                 startActivityForResult(intent, COD_CONTACTOS);
57                 break;
58             case R.id.btnAmosarContact_UD03_03_01_Intents:
59                 intent = new Intent(Intent.ACTION_VIEW, Uri.parse("content://contacts/people/"));
60                 startActivity(intent);
61                 break;
62             case R.id.btnMarcar_UD03_03_01_Intents:
63                 intent = new Intent(Intent.ACTION_CALL, Uri.parse("tel:(+34)981445566"));
64                 startActivity(intent);
65                 break;
66             case R.id.btnChamar_UD03_03_01_Intents:
67                 intent = new Intent(Intent.ACTION_DIAL, Uri.parse("tel:(+34)986112233"));
68                 startActivity(intent);
69                 break;
70             case R.id.btnAbrirNav_UD03_03_01_Intents:
71                 intent = new Intent(Intent.ACTION_VIEW, Uri.parse("http://www.google.es/"));
72                 startActivity(intent);
73                 break;
74 
75         }
76 
77 
78 
79     }
80 }
  • Liña 17: Créase unha nova constante de tipo enteiro cun valor calquera para cando chamemos a activity de contactos para que nos devolva un contacto.
  • Liñas 27-39: Revisamos cando se volva dunha actividade secundaria, se é a de Contactos. Nese caso (escápase aos obxectivos desta unidade) créase un cursos para procesar os datos recibidos da activity contactos.
  • Liñas 41-47: Rexístrase o evento de Click en todos os botóns.
  • Liñas 50-75: Procesado dos distintos botóns, creación dos intents en función do tipo de acción e datos que se desexan procesar.
  • Liñas 56: Observar como se chama a activity de contactos para que logo nos devolva o contacto seleccionado.



XML do Layout da Activity Secundaria: UD03_03_A2_Intents

 1 <?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
 2 <LinearLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
 3     xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
 4     android:layout_width="match_parent"
 5     android:layout_height="match_parent"
 6     android:orientation="vertical" >
 7 
 8     <TextView
 9         android:id="@+id/tvResultado_UD03_03_A2_Intents"
10         android:layout_width="wrap_content"
11         android:layout_height="wrap_content"
12         android:layout_gravity="center_horizontal"
13         android:text="resultado"
14         android:textSize="20sp" />
15 
16 
17     <Button
18         android:id="@+id/btnPechar_UD03_03_A2_Intents"
19         android:layout_width="wrap_content"
20         android:layout_height="wrap_content"
21         android:layout_gravity="center_horizontal"
22         android:text="Pechar" />
23 </LinearLayout>



O código Java da Activity Secundaria: UD03_03_A2_Intents

 1 package es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.Intents;
 2 
 3 import android.app.Activity;
 4 import android.content.Intent;
 5 import android.os.Bundle;
 6 import android.view.View;
 7 import android.widget.TextView;
 8 
 9 import es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.R;
10 
11 public class UD03_03_A2_Intents extends Activity {
12 
13     @Override
14     protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
15         super.onCreate(savedInstanceState);
16         setContentView(R.layout.activity_ud03_03__a2__intents);
17 
18         TextView tvResultado = (TextView) findViewById(R.id.tvResultado_UD03_03_A2_Intents);
19         Intent intent = getIntent();
20         tvResultado.setText("URL: " + intent.getDataString());
21 
22         findViewById(R.id.btnPechar_UD03_03_A2_Intents).setOnClickListener(new View.OnClickListener() {
23             @Override
24             public void onClick(View v) {
25                 finish();
26             }
27         });
28     }
29 }
  • Liñas 18-20: Engadiuse a posibilidade de poder procesar intents cuxo esquema (getSchema) sexa de tipo http. Nese caso simplemente amosamos a URL á que desexaba conectarse o usuario.





-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2018).