LIBGDX EXEMPLOS DE XOGOS 2D

De MediaWiki
Saltar a: navegación, buscar


Introdución e requisitos previos

Nesta páxina iremos publicando os xogos feitos polos alumnos ao longo dos cursos.


  • Para poder executar os xogos en PC é necesario:
  • Ter instalado o JRE de Java.
  • Dispoñer dunha tarxeta gráfica con soporte para OPEN GL.


Para executar a versión PC debería chegar con premer dúas veces sobre o arquivo coa extensión 'jar', pero pode suceder que teñades instalado un programa compresor e que teña asociada dita extensión.
Nese caso deberedes premer có botón dereito sobre o arquivo coa extensión jar e escoller a opción Abrir con e na ventá que aparece escoller a opción Java SE como amosa a seguinte pantalla:
LIBGDX Xogos AbrirCon.jpg
  • Para poder executar os xogos en Android debería chegar con ter un S.O.: Android superior á versión 2.2 (API 8).





CURSO 2012-2013

  • Programadora: Candela Díaz Rivas.
  • Xogo: Manic Miner. Unha versión deste popular xogo.
2013 2014 Candela Diaz Manic Miner.png
Na versión de Android, pulsando o lado dereito da pantalla o moneco se move hacia a dereita e o mesmo para o outro lado.
Na versión Desktop a tecla de salto é Z e se move cos cursores.


  • Programador: Diego Rois Graña.
  • Xogo: Super Mario Bros. Xogo baseado no popular Mario Bros.
2012 2013 Diego Rois SuperMario.png
Na versión de PC os controis son as teclas de cursor máis as teclas Z e X.


  • Programador: Enmanuel Valiencia Vilela.
  • Xogo: Battle Of Weather. Neste xogo de plataformas teremos que eliminar a un enorme dinosauro.
2012-2013 2D Enmanuel Valiencia Vilela Battle Of Weather.png


  • Programador: Roberto Calvo Tome.
  • Xogo: Space Invaders. Unha versión deste popular xogo.
2012-2013 2D Roberto Calvo Tome Space Invaders.png
Na versión Desktop a tecla de disparo é X e se move cos cursores.


  • Programador: Yesica Martinez Casco.
  • Xogo: Arkanoid. Unha versión deste popular xogo.
2012-2013 2D Yesica Martinez Casco Arkanoid.png
Na versión Desktop se move cos cursores.
Na versión de Android, pulsando o lado dereito da pantalla a barra se move hacia a dereita e o mesmo para o outro lado.







-- Ángel D. Fernández González -- (2016).