LIBGDX Material vivo

De MediaWiki
Saltar a: navegación, buscar
  • O material que aquí se atopa sempre está en continuo proceso de mellora e ampliación.
  • Sempre aparecen novas cousas, incluso suxestións interesantes de quen segue o material; tamén se van incluíndo solucións a casuísticas non contempladas inicialmente e que se poden dar naqueles usuarios que seguen o curso e que nolas fan chegar.
  • É por iso que aconsellamos que se bote unha ollada de cando en vez a este material para ver que incorporacións ou correccións hai.
  • A aqueles que seguen o curso a través de Platega serán avisados dos cambios que haxa no material.
  • Hai veces nas que as explicacións que se dan ou as imaxes que se amosan son moi sinxelas e evidentes, e incluso innecesarias para quen xa usara estas ferramentas. Pero o material tamén está pensado para comezar de cero co alumnado na clase e poder ter así un manual no que apoiarse.
  • Agradecemos encarecidamente que calquera erro ortográfico ou de expresión que atopedes no material nolo fagades saber a través dos enderezos que atoparedes en cada un dos relatores de abaixo.





-- Ángel D. Fernández González -- (2015).