Librerías de compatibilidade

De MediaWiki
Saltar a: navegación, buscar

Introdución

  • A medida que as versións do S.O. Android foron avanzando, apareceron novos controis e novas formas de xestionar os controis existentes.
  • Para facer compatible estas novidades cos dispositivos antigos, Android permite incorporar unha serie de librerías para facer que os dispositivos antigos poidan visualizar estes controis.


Creación de Activities

  • Cando creamos unha activity nova pódese escoller (durante o asistente) a opción BlankActivity ou EmptyActivity.
  • Se se escolle BlankActivity fai que a activity derive de ActionBarActivity para que amose unha barra de menú e que sexa compatible con versións anteriores a API 11. Ao facelo importaremos no noso proxecto a clase android.support.v7.app.ActionBarActivity e o mesmo tempo engadirá ao noso proxecto a librería appcompat_v7.
  • Se se escolle EmptyActivity fai que a activity derive de Activity. Neste caso supoñemos que o min target API é 11 ou superior. Neste caso a barra de menú xa vai na propia activity e non hai que utilizar ningunha librería.





-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2015).