PDM: Android. Obxectivos e escenarios do UNIDADE 1

De MediaWiki
Saltar a: navegación, buscar
  • Nesta primeira unidade vaise instalar:
00 android java.png O JDK (Java Development Kit) de Oracle.
Androidstudioicon.png O IDE Android Studio. Na descarga xa ven o SDK de Android, aínda que poderíamos descargalo por separado.
00 android platform.png O SDK (Software Development Kit) de Android. Este compoñente xa pode descargarse á vez que o Android Studio.


IdeAndroidStudio.jpg

  • Estes compoñentes foron probados, para este curso, nos seguintes SOs:
    • Windows: 7 Enterprise, 8.1 Enterprise e 8.1 Enterprise Update. (32bits e 64 bits), Windows 10 (32bits e 64 bits).
    • Ubuntu Desktop: 13.04, 13.10, 14.04 (32bits e 64 bits) e 16.04 (32bits e 64 bits).
    • OSX: 10.8(Mountain Lion), 10.9.5 (Mavericks).
  • O usuario pode escoller a versión que desexe de sistema operativo para o desenvolvemento do curso.


  • O material desta unidade está elaborado fundamentalmente sobre Ubuntu Desktop 16.04 64bits, e algúns apartados con Windows 10 de 64 bits.
    • Serán indicadas no material aquelas configuracións particulares para calquera dos SOs distintos dos que se usaron para elaborar o material.
    • Aínda que o material está elaborado en Ubuntu, na súa maior parte, este é válido para calquera sistema operativo.


  • Xestionaranse dispositivos físicos como emulados e accederase a eles:
PDM AndroidStudio avd run 2.jpg




  • Rematarase esta primeira unidade creando o primeiro programa en Android: Ola Mundo.
PDM AndroidStudio coñecendoIde11.jpg



-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2015).