PDM: Android. Obxectivos e escenarios do UNIDADE 2
Revisión del 08:36 29 sep 2018 de Wiki (discusión | contribuciones)
- Nesta unidade vanse ver aspectos relacionados con:
- Concepto de Activity e o seu funcionamento.
- Os elementos visuais, Interface de Usuario (UI).
- Os elementos que compoñen unha pantalla: layouts e vistas
- Configurar unha pantalla para que se adapte a distintos tamaños de pantalla física.
- Formas de construír unha pantalla: layout.
- Elementos que compoñen unha pantalla: botóns, checkbox, listas despregables, etiquetas, etc.
- Os proxectos vanse nomear e numerar da seguinte forma: U2_XX_NomeDaAplicación, para facilitar o seguimento. Sendo U2 a unidade 2 e XX o número de proxecto dentro da Unidade.
- Estes van estar no seguinte cartafol /ProxectosStudio/PlategaAndroid/Unidade2/<proxectos>
-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2015).