PDM Avanzado Captura de Vídeo / Imaxes

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

As clases que interveñen na gravación son:

  • Clase Camera: danos acceso á cámara, as súas características. Usarémola se facemos unha aplicación na que queiramos xestionar a cámara por nos mesmos.
  • Clase SurfaceView: para previsualizar o que imos gravar.
  • Clase MediaRecorder: permítenos gravar vídeo dende a cámara.


Para facer uso da cámara para gravar un vídeo podemos utilizar un Intent, evitándonos ter que deseñar a aplicación para xestionar a cámara.


Permisos necesarios a engadir no arquivo AndroidManifest.xml:

  • Permiso de lectura sobre a tarxeta SD Externa (no caso de utilizar un dispositivo cunha API 23 ou superior).
1 <uses-permission android:name="android.permission.READ_EXTERNAL_STORAGE"/>


  • Permiso para facer uso da cámara:
1 <uses-permission android:name="android.permission.CAMERA" />


Nota: Se usamos a opción de chamar á cámara cun Intent non necesitamos dito permiso.

  • Permiso para indicar que a nosa aplicación fai uso da cámara:
1 <uses-feature android:name="android.hardware.camera" required="true"/>

Se queremos facer uso doutras ‘características’, tanto da cámara coma doutro hardware que ten o dispositivo móbil, consultar: http://developer.android.com/guide/topics/manifest/uses-feature-element.html#hw-features

Desta forma Google Play impedirá que se instale á aplicación se o dispositivo non ten o hardware necesario coas características especificadas.

Neste caso, a nosa aplicación está requirindo ó uso da cámara, pero pode ocorrer que non a necesite para que funcione (podemos limitar a funcionalidade da nosa aplicación se o dispositivo non ten cámara, por exemplo). Para indicar isto temos que poñer:

1 <uses-feature android:name="android.hardware.camera" android:required="false" />
  • Permiso de almacenamento: se a aplicación vai gardar os datos nunha tarxeta SD externa:
1 <uses-permission android:name="android.permission.WRITE_EXTERNAL_STORAGE" />


  • Permiso para capturar audio (se é o caso):
1 <uses-permission android:name="android.permission.RECORD_AUDIO" />



IMPORTANTE: A partires da API 23 (Android 6), Android incorpora outro nivel de seguridade, de tal forma que agora, a maiores, teremos que solicitar dito permiso a nivel de programación. Máis información de como facelo neste enlace.


Captura de Vídeo / Audio

Neste manual imos aprender como facer uso das aplicacións que nos proporciona o S.O. Android para sacar unha foto ou vídeo.

Nos chamaremos a unha destas aplicacións e recolleremos o resultado de volta (que será a foto / vídeo sacado).



Nota: Facer esta parte utilizando o emulador é extremadamente lenta.

Cando prememos o botón de gravar temos que agardar ata que o rectángulo do interior da pantalla se poña vermello:

PDM Avanzada Multimedia Gravacion 1.jpg



Os pasos a seguir son:

  • Crear un Intent que sexa dun destes tipo:
1 Intent intento = new Intent(MediaStore.ACTION_IMAGE_CAPTURE);


Neste momento o S.O. lanzará unha aplicación para recoller a imaxe ou vídeo.
Lembrar que con esta forma de chamar a unha activity, esperamos un resultado (a foto ou vídeo sacado).
1 startActivityForResult(intento, REQUEST_CODE_GRAVACION_OK);
Cando chamamos a actitivity que lanza a aplicación de sacar foto ou gravar vídeo, podemos enviarlle como parámetros (no obxecto Bundle) unha serie de datos extras, como a calidade da foto, a calidade de vídeo, o tamaño máximo de gravación,onde queremos gardar a foto/vídeo...
Máis información en http://developer.android.com/reference/android/provider/MediaStore.html#EXTRA_OUTPUT.

Nota: Para asinar un nome único a cada imaxe / vídeo capturado imos facer uso da clase Date. Cando importemos dita clase lembrar escoller á que se atopa no paquete util:

PDM Avanzada Multimedia Gravacion 2.jpg

No caso de non enviar como información extra ó Intent onde queremos gardar o vídeo /foto, estes van vir no obxecto Intent dentro do método onActivityResult():

No caso das imaxes, a imaxe ven no campo "data" dentro de getExtras do obxecto Bundle:
1 protected void onActivityResult(int requestCode, int resultCode, Intent data) {
2 
3   Bitmap bitMap= data.getExtras().get("data"));
4   .........
5 }
Unha vez temos o BitMap podemos visualizalo nun control ImageView da seguinte forma:
1 protected void onActivityResult(int requestCode, int resultCode, Intent data) {
2 
3   Bitmap bitMap= data.getExtras().get("data"));
4   imgView.setImageBitmap(bitMap);
5 }
Sendo imgView un obxecto da clase ImageView.


No caso do vídeo, obtemos o vídeo chamando ó método getData() do obxecto bundle. Isto devolve a URI do vídeo.
1 protected void onActivityResult(int requestCode, int resultCode, Intent data) {
2 
3   Uri uri = data.getData();
4   .........
5 }
Para visualizalo necesitamos un obxecto da clase VideoView.
1 protected void onActivityResult(int requestCode, int resultCode, Intent data) {
2 
3 	vidView.setVideoURI(data.getData());
4 	vidView.start();
5 }
Sendo vidView un obxecto da clase VideoView.

Accedendo ó Vídeo / Foto

Cando chamamos a activity que vai sacar a foto / vídeo podemos non indicar onde gardar esa foto

Neste punto imos ver como podemos acceder ó vídeo / foto que ven no Intent dentro do método onActivityResult().


Caso Práctico

O obxectivo desta práctica é visualizar nun control ImageView / VideoView a imaxe / vídeo obtida dende a aplicación do S.O. Android.

PDM Avanzada Multimedia Gravacion 3.jpg

Nesta aplicación, debaixo do botón, se atopa un control ImageView e un control VideoView.

Dependendo da opción escollida no RadioButton, un deles estará invisible (propiedade visibility="gone").


Creamos a Activity

  • Nome do proxecto: UD6_04_MultimediaFotoVideo
  • Nome da activity: UD6_04_MultimediaFotoVideo.java


Código do layout xml

 1 <RelativeLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
 2     xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
 3     android:layout_width="match_parent"
 4     android:layout_height="match_parent" >
 5 
 6     <RadioGroup
 7         android:id="@+id/UD6_04_rgrpOpcions"
 8         android:layout_width="match_parent"
 9         android:layout_height="wrap_content"
10         android:layout_alignParentLeft="true"
11         android:layout_alignParentTop="true"
12         android:gravity="center_horizontal"
13         android:orientation="horizontal" >
14         
15 	    <RadioButton
16 	        android:id="@+id/UD6_04_rbtnFoto"
17 	        android:layout_width="wrap_content"
18 	        android:layout_height="wrap_content"
19 	        android:text="Sacar Foto"
20         	android:textSize="15sp"
21 	        android:checked="true" />
22 	
23 	    <RadioButton
24 	        android:id="@+id/UD6_04_rbtnVideo"
25 	        android:layout_width="wrap_content"
26 	        android:layout_height="wrap_content"
27         	android:textSize="15sp"
28 	        android:text="Sacar Vídeo" />
29 	</RadioGroup>
30     <Button
31         android:id="@+id/UD6_04_btnGravarVideoFoto"
32         android:layout_width="match_parent"
33         android:layout_height="wrap_content"
34         android:layout_alignParentLeft="true"
35         android:layout_below="@+id/UD6_04_rgrpOpcions"
36         android:textSize="14sp"
37         android:text="Lanzar Aplicación" />
38 
39  
40      <FrameLayout
41          android:layout_width="match_parent"
42          android:layout_height="match_parent" 
43          android:layout_alignParentLeft="true"
44          android:layout_below="@+id/UD6_04_btnGravarVideoFoto">
45 
46          <ImageView
47              android:id="@+id/UD6_04_imgvwFoto"
48              android:layout_width="match_parent"
49              android:layout_height="match_parent"
50              android:contentDescription="foto a sacar"
51      		 android:layout_gravity="center"
52              android:src="@drawable/ic_launcher" />
53 
54          <VideoView
55              android:id="@+id/UD6_04_vidvwVideo"
56              android:layout_width="match_parent"
57              android:layout_height="match_parent"
58              android:layout_gravity="center"
59              android:visibility="gone" />
60 
61      </FrameLayout>
62 
63  </RelativeLayout>


Código da clase UD6_04_MultimediaFotoVideo
Obxectivo: Comprobar como capturar unha imaxe / vídeo e visualizala nun control ImageView / VideoView

  1 import android.app.Activity;
  2 import android.content.Intent;
  3 import android.graphics.Bitmap;
  4 import android.os.Bundle;
  5 import android.provider.MediaStore;
  6 import android.view.View;
  7 import android.view.View.OnClickListener;
  8 import android.widget.Button;
  9 import android.widget.ImageView;
 10 import android.widget.RadioButton;
 11 import android.widget.RadioGroup;
 12 import android.widget.RadioGroup.OnCheckedChangeListener;
 13 import android.widget.Toast;
 14 import android.widget.VideoView;
 15 
 16 public class UD6_04_MultimediaFotoVideo extends Activity {
 17 
 18 	/**
 19 	 * Código para verificar que o resultado ven do intent de gravación
 20 	 */
 21 	private final int REQUEST_CODE_GRAVACION_OK = 1;
 22 	
 23 	
 24 	/**
 25      * Obtemos a imaxe ou video que ven da aplicacion Android
 26      */
 27 	protected void onActivityResult(int requestCode, int resultCode, Intent data) {
 28 		if (requestCode == REQUEST_CODE_GRAVACION_OK) {
 29 			if (resultCode == RESULT_OK) {
 30 
 31 				if (data == null) {
 32 					Toast.makeText(getApplicationContext(), "NON HAI IMAXE/VIDEO A GARDAR", Toast.LENGTH_LONG).show();
 33 					return;
 34 				}
 35 
 36 				RadioButton rb = (RadioButton) findViewById(R.id.UD6_04_rbtnFoto);
 37 				if (rb.isChecked()) { // Saca foto
 38 					ImageView imgview = (ImageView) findViewById(R.id.UD6_04_imgvwFoto);
 39 					imgview.setImageBitmap((Bitmap) data.getExtras()
 40 							.get("data"));
 41 				} else { // Saca vídeo
 42 					VideoView vidview = (VideoView) findViewById(R.id.UD6_04_vidvwVideo);
 43 					vidview.setVideoURI(data.getData());
 44 					vidview.start();
 45 				}
 46 
 47 			} else if (resultCode == RESULT_CANCELED) {
 48 				// Video ou Foto cancelada
 49 			} else {
 50 				// Fallo na captura do Video ou foto.
 51 			}
 52 		}
 53 	}
 54     
 55 	/**
 56      * Programa o código dos click´s os botóns
 57      */
 58 	private void xestionarEventos(){
 59 		Button gravar = (Button)findViewById(R.id.UD6_04_btnGravarVideoFoto);
 60 		gravar.setOnClickListener(new View.OnClickListener(){
 61 
 62 			@Override
 63 			public void onClick(View arg0) {
 64 				// TODO Auto-generated method stub
 65 				RadioButton rb = (RadioButton)findViewById(R.id.UD6_04_rbtnFoto);
 66 
 67 				
 68 				if (rb.isChecked()){	// Saca foto
 69 					
 70 					Intent intento = new Intent(MediaStore.ACTION_IMAGE_CAPTURE);
 71 					startActivityForResult(intento, REQUEST_CODE_GRAVACION_OK);
 72 					
 73 				}
 74 				else {	// Grava vídeo
 75 					Intent intento = new Intent(MediaStore.ACTION_VIDEO_CAPTURE);
 76 					startActivityForResult(intento, REQUEST_CODE_GRAVACION_OK);
 77 				
 78 				}
 79 				
 80 			}
 81 			
 82 		});
 83 
 84 		RadioGroup rgroup = (RadioGroup)findViewById(R.id.UD6_04_rgrpOpcions);
 85 		rgroup.setOnCheckedChangeListener(new RadioGroup.OnCheckedChangeListener() {
 86 			
 87 			@Override
 88 			public void onCheckedChanged(RadioGroup group, int checkedId) {
 89 				// TODO Auto-generated method stub
 90 				ImageView imgview;
 91 				VideoView videoview;
 92 				
 93 				switch(checkedId){
 94 					case R.id.UD6_04_rbtnFoto:	// OCULTAMOS O VIDEO
 95 						imgview = (ImageView)findViewById(R.id.UD6_04_imgvwFoto);
 96 						imgview.setVisibility(View.VISIBLE);
 97 						videoview = (VideoView)findViewById(R.id.UD6_04_vidvwVideo);
 98 						videoview.setVisibility(View.GONE);
 99 						break;	
100 					case R.id.UD6_04_rbtnVideo:	// OCULTAMOS AS FOTOS
101 						imgview = (ImageView)findViewById(R.id.UD6_04_imgvwFoto);
102 						imgview.setVisibility(View.GONE);
103 						videoview = (VideoView)findViewById(R.id.UD6_04_vidvwVideo);
104 						videoview.setVisibility(View.VISIBLE);
105 						break;
106 				}
107 			}
108 		});
109 	}
110 	
111 	
112 	@Override
113 	protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
114 		super.onCreate(savedInstanceState);
115 		setContentView(R.layout.activity_ud6_04__multimedia_foto_video);
116 		
117 		xestionarEventos();
118 	}
119 }
  • Liñas 38-39: Nestas liñas obtemos a foto da aplicación do S.O. e a visualiza no ImageView.
  • Liñas 42-44: Nestas liñas obtemos o vídeo do Intent e o cargamos no VideoView e comezamos a reprodución.
  • Liñas 70-71: Evento click sobre o botón. Se está a opción do RadioButton de sacar unha foto lanzamos o Intent ACTION_IMAGE_CAPTURE, esperando o resultado.
  • Liñas 75-76: Evento click sobre o botón. Se está a opción do RadioButton de sacar un vídeo lanzamos o Intent ACTION_VIDEO_CAPTURE, esperando o resultado.

Gardando o Vídeo / Foto

Neste punto imos facer unha modificación da práctica anterior e imos enviar ao Intent información sobre onde debe gardar a foto / vídeo.

Neste caso, o Intent do método onActivityResult NON DEVOLVERÁ NINGÚN DATO.


Caso Práctico

O obxectivo desta práctica é visualizar nun control ImageView / VideoView a imaxe / vídeo obtida dende a aplicación do S.O. Android PERO GARDANDO NA TARXETA SD O RESULTADO DE SACAR ESE VÍDEO / FOTO.

PDM Avanzada Multimedia Gravacion 3.jpg


Neste caso as fotos gardadas se almacenan na tarxeta SD no cartafol PICTURES e os vídeos no cartafol MOVIES.


Creamos a Activity

  • Nome do proxecto: UD6_05_MultimediaFotoVideo
  • Nome da activity: UD6_05_MultimediaFotoVideo.java
  • O código do layout vai ser o mesmo que na activity anterior.


Código da clase UD6_05_MultimediaFotoVideo
Obxectivo: Variación da práctica anterior no que indicamos como dato extra a enviar ó intent que obtén a foto / vídeo onde queremos que o garde.

  1 import java.io.File;
  2 
  3 import android.app.Activity;
  4 import android.content.Intent;
  5 import android.graphics.Bitmap;
  6 import android.graphics.BitmapFactory;
  7 import android.net.Uri;
  8 import android.os.Bundle;
  9 import android.os.Environment;
 10 import android.provider.MediaStore;
 11 import android.view.View;
 12 import android.view.View.OnClickListener;
 13 import android.widget.Button;
 14 import android.widget.ImageView;
 15 import android.widget.RadioButton;
 16 import android.widget.RadioGroup;
 17 import android.widget.RadioGroup.OnCheckedChangeListener;
 18 import android.widget.VideoView;
 19 
 20 public class UD6_05_MultimediaFotoVideo extends Activity {
 21 
 22 	/**
 23 	 * Código para verificar que o resultado ven do intent de gravación
 24 	 */
 25 	private final int REQUEST_CODE_GRAVACION_OK = 1;
 26 
 27 	final private String nomeVideo="video.mp4";
 28 	final private String nomeFoto="foto.jpg";
 29 
 30 	
 31 	/**
 32      * Obtemos a imaxe ou video que ven da aplicacion Android
 33      */
 34 	protected void onActivityResult(int requestCode, int resultCode, Intent data) {
 35 		if (requestCode == REQUEST_CODE_GRAVACION_OK) {
 36 			if (resultCode == RESULT_OK) {
 37 
 38 				RadioButton rb = (RadioButton) findViewById(R.id.UD6_04_rbtnFoto);
 39 				if (rb.isChecked()) { // Saca foto
 40 					File ruta = Environment.getExternalStoragePublicDirectory(Environment.DIRECTORY_PICTURES);
 41 					File arquivo = new File(ruta,nomeFoto);
 42 					if (!arquivo.exists()) return;		// Non hai foto
 43 					
 44 					ImageView imgview = (ImageView) findViewById(R.id.UD6_04_imgvwFoto);
 45 					Bitmap bitmap = BitmapFactory.decodeFile(arquivo.getAbsolutePath()); 
 46 					imgview.setImageBitmap(bitmap);
 47 					
 48 				} else { // Saca vídeo
 49 					File ruta = Environment.getExternalStoragePublicDirectory(Environment.DIRECTORY_MOVIES);
 50 					File arquivo = new File(ruta,nomeVideo);
 51 					if (!arquivo.exists()) return;		// Non hai foto
 52 
 53 					VideoView vidview = (VideoView) findViewById(R.id.UD6_04_vidvwVideo);
 54 					vidview.setVideoURI(Uri.fromFile(arquivo));
 55 					vidview.start();
 56 				}
 57 
 58 			} else if (resultCode == RESULT_CANCELED) {
 59 				// Video ou Foto cancelada
 60 			} else {
 61 				// Fallo na captura do Video ou foto.
 62 			}
 63 		}
 64 	}
 65     
 66 	/**
 67      * Programa o código dos click´s os botóns
 68      */
 69 	private void xestionarEventos(){
 70 		Button gravar = (Button)findViewById(R.id.UD6_04_btnGravarVideoFoto);
 71 		gravar.setOnClickListener(new OnClickListener(){
 72 
 73 			@Override
 74 			public void onClick(View arg0) {
 75 				// TODO Auto-generated method stub
 76 				RadioButton rb = (RadioButton)findViewById(R.id.UD6_04_rbtnFoto);
 77 
 78 				
 79 				if (rb.isChecked()){	// Saca foto
 80 					File ruta = Environment.getExternalStoragePublicDirectory(Environment.DIRECTORY_PICTURES);
 81 					File arquivo = new File(ruta,nomeFoto);
 82 					
 83 					Intent intento = new Intent(MediaStore.ACTION_IMAGE_CAPTURE);
 84 					intento.putExtra(MediaStore.EXTRA_OUTPUT, Uri.fromFile(arquivo));
 85 					startActivityForResult(intento, REQUEST_CODE_GRAVACION_OK);
 86 					
 87 				}
 88 				else {	// Grava vídeo
 89 					File ruta = Environment.getExternalStoragePublicDirectory(Environment.DIRECTORY_MOVIES);
 90 					File arquivo = new File(ruta,nomeVideo);
 91 
 92 					Intent intento = new Intent(MediaStore.ACTION_VIDEO_CAPTURE);
 93 					intento.putExtra(MediaStore.EXTRA_OUTPUT, Uri.fromFile(arquivo));
 94 
 95 					startActivityForResult(intento, REQUEST_CODE_GRAVACION_OK);
 96 				
 97 				}
 98 				
 99 			}
100 			
101 		});
102 
103 		RadioGroup rgroup = (RadioGroup)findViewById(R.id.UD6_04_rgrpOpcions);
104 		rgroup.setOnCheckedChangeListener(new OnCheckedChangeListener() {
105 			
106 			@Override
107 			public void onCheckedChanged(RadioGroup group, int checkedId) {
108 				// TODO Auto-generated method stub
109 				ImageView imgview;
110 				VideoView videoview;
111 				
112 				switch(checkedId){
113 					case R.id.UD6_04_rbtnFoto:	// OCULTAMOS O VIDEO
114 						imgview = (ImageView)findViewById(R.id.UD6_04_imgvwFoto);
115 						imgview.setVisibility(View.VISIBLE);
116 						videoview = (VideoView)findViewById(R.id.UD6_04_vidvwVideo);
117 						videoview.setVisibility(View.GONE);
118 						break;	
119 					case R.id.UD6_04_rbtnVideo:	// OCULTAMOS AS FOTOS
120 						imgview = (ImageView)findViewById(R.id.UD6_04_imgvwFoto);
121 						imgview.setVisibility(View.GONE);
122 						videoview = (VideoView)findViewById(R.id.UD6_04_vidvwVideo);
123 						videoview.setVisibility(View.VISIBLE);
124 						break;
125 				}
126 			}
127 		});
128 	}
129 	
130 	
131 	@Override
132 	protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
133 		super.onCreate(savedInstanceState);
134 		setContentView(R.layout.activity_ud6_05__multimedia_foto_video);
135 		
136 		xestionarEventos();
137 	}
138 }


  • Liñas 40-42: Obtemos un obxecto File que apunta ó nome da imaxe gardada. Este dato foi enviado como dato extra ó intent cando lanzamos a aplicación de obter unha foto.
  • Liña 45: Obtemos un obxecto da clase BitMap a partires do obxecto File.
  • Liñas 49-51: Obtemos un obxecto File que apunta ó nome do vídeo gardado. Este dato foi enviado como dato extra ó intent cando lanzamos a aplicación de obter o vídeo.
  • Liña 54: Obtemos a Uri a partires do obxecto File.
  • Liña 84: Enviamos como información extra no Intent a ruta onde debe gardar a foto sacada.
  • Liña 93: Enviamos como información extra no Intent a ruta onde debe gardar o vídeo sacado.


Importante: Como xa comentamos antes, getData() no Intent do método onActivityResult() non trae nada.

Información Extra

Como comentamos antes podemos enviar o Intent diversa información (como a ruta onde gardar a foto / vídeo).

Outra información que podemos enviar:

  • No caso de captura de fotos, podemos pasarlle o Intent (chamando o método putExtra da clase Intent):
MediaStore.EXTRA_OUTPUT : Directorio e arquivo (URI) onde se vai gardar a foto. Se non se especifica, o Intent gardará o imaxe cun nome e directorio por defecto que ven especificado no intent de retorno Intent.getData().
  • No caso do vídeo, algúns dos datos que podemos enviarlle a Intent son:
MediaStore.EXTRA_OUTPUT : Directorio e arquivo (URI) onde se vai gardar o vídeo.
Se non se especifica, o Intent gardará o imaxe cun nome e directorio por defecto que ven especificado no intent de retorno Intent.getData().
MediaStore.EXTRA_VIDEO_QUALITY: Calidade da imaxe. Se valor 0 sería calidad baixa (para mms) e se vale 1 calidade alta.
MediaStore.EXTRA_DURATION_LIMIT: Nº de segundos máximos para gravación.
MediaStore.EXTRA_SIZE_LIMIT: Tamaño máximo do arquivo en bytes.


Control para o VideoView

  • Cando creamos o layout e arrastramos o VideoView ó mesmo, podemos facer uso doutro control asociado ó mesmo que permite ter as opcións de 'Pause', 'Stop',...
Este control denomínase MediaController.


  • Para asocialo a un VideoView:
1 MediaController controller = new MediaController(this);
2 VideoView videoview = (VideoView)findViewById(R.id.vidvwVideo);
3 
4 videoview.setMediaController(controller);


  • Se o aplicamos á nosa práctica:
 1        import android.widget.MediaController;
 2 
 3 	private void controlVideo(){
 4 		MediaController controller = new MediaController(this);
 5 		VideoView videoview = (VideoView)findViewById(R.id.UD6_04_vidvwVideo);
 6 		videoview.setMediaController(controller);
 7 
 8 	}
 9 	
10 	@Override
11 	protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
12 		super.onCreate(savedInstanceState);
13 		setContentView(R.layout.activity_ud6_04__multimedia_foto_video);
14 		
15 		controlVideo();
16 		xestionarEventos();
17 	}



Gardando o Vídeo / Foto. Caso especial API >= 23 e API >= 24

  • Como comentamos antes, se queremos gardar unha imaxe/vídeo nun cartafol da SDCard e temos unha API >= 23 temos que solicitar dito permiso por programación.
Este punto xa está explicado neste punto da Wiki.
Neste caso necesitaríamos pedir permiso para escribir na tarxeta SDCard (ao facelo xa temos o permiso de lectura tamén). Mirar como facelo no enlace anterior.


  • Pero a maiores temos un problema, xa que se executamos o código anterior nun S.O. Android cunha API >=24 daranos unha excepción android.os.FileUriExposedException.
Isto é debido a que a partires desta versión xa non podemos empregar unha Uri como forma de envío á aplicación da cámara, xa que esta Uri está sendo compartida pola nosa aplicación e a aplicación da cámara e a partires desa versión non está permitido.
Para solucionalo temos que crear un provider (un recurso de Android que permite xestionar o acceso a información dende diferentes aplicacións, permitindo o acceso doutras aplicación para recuperar o gardar información na aplicación que ofrece o provider).
  • Paso 1: Definimos no AndroidManifiest.xml o provider da forma:
 1 <?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
 2 <manifest xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
 3     package="es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo">
 4 
 5     <uses-permission android:name="android.permission.CALL_PHONE" />
 6     <uses-permission android:name="android.permission.INTERNET" />
 7     <uses-permission android:name="android.permission.WAKE_LOCK" />
 8     <uses-permission android:name="android.permission.READ_CONTACTS" />
 9     <uses-permission android:name="android.permission.WRITE_EXTERNAL_STORAGE" />
10 
11 
12 
13     <application
14         android:allowBackup="true"
15         android:icon="@mipmap/ic_launcher"
16         android:label="@string/app_name"
17         android:roundIcon="@mipmap/ic_launcher_round"
18         android:supportsRtl="true"
19         android:theme="@style/AppTheme">
20 
21         <provider
22             android:name="android.support.v4.content.FileProvider"
23             android:authorities="${applicationId}.provider"
24             android:exported="false"
25             android:grantUriPermissions="true">
26         </provider>


  • Na liña 23, ${applicationId} vaise substituír pola propiedade applicationId do arquivo build.gradle que coincide có nome do paquete.


  • Paso 2: Debemos de definir un arquivo en /res/xml/ que terá as rutas nas que deixaremos escribir.
Podemos consultar as diferentes rutas neste enlace.
No noso caso imos deixar escribir nos cartafoles '/sdcard/Movies' y '/sdcard/Pictures':
Arquivo /res/xml/provides_path.xml
1 <?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
2 <paths xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android">
3     <external-path name="external_files_pictures" path="Pictures/" />
4     <external-path name="external_files_movies" path="Movies/" />
5 </paths>
Fixarse que neste caso estamos a empregar a etiqueta <external-path...> que vai devolver a seguinte ruta: Environment.getExternalStorageDirectory(). Sobre dita ruta estamos engadindo os cartafoles 'Pictures/' e 'Movies/' para crear dous 'external-path' que serán os path´s que se poderán compartir en forma de Uri entre aplicacións.
  • Paso 3: Modificamos o posto no arquivo AndroidManifiest.xml para que teña en conta as rutas postas no arquivo anterior:
 1 <?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
 2 <manifest xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
 3     package="es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo">
 4 
 5     <uses-permission android:name="android.permission.CALL_PHONE" />
 6     <uses-permission android:name="android.permission.INTERNET" />
 7     <uses-permission android:name="android.permission.WAKE_LOCK" />
 8     <uses-permission android:name="android.permission.READ_CONTACTS" />
 9     <uses-permission android:name="android.permission.WRITE_EXTERNAL_STORAGE" />
10 
11 
12 
13     <application
14         android:allowBackup="true"
15         android:icon="@mipmap/ic_launcher"
16         android:label="@string/app_name"
17         android:roundIcon="@mipmap/ic_launcher_round"
18         android:supportsRtl="true"
19         android:theme="@style/AppTheme">
20 
21         <provider
22             android:name="android.support.v4.content.FileProvider"
23             android:authorities="${applicationId}.provider"
24             android:exported="false"
25             android:grantUriPermissions="true">
26             <meta-data
27                 android:name="android.support.FILE_PROVIDER_PATHS"
28                 android:resource="@xml/provides_path" />
29 
30         </provider>



  • Paso 4: Modificamos a aplicación para que no caso de que esteamos sobre un S.O. Api >=24 faga uso do método getUriForFile o cal vai facer uso do provider definido antes. Desta forma a cámara vai poder acceder tamén a este mesmo Uri para gardar a foto/vídeo:
Activity UD6_05_MultimediaFotoVideo.java modificada.
  1 package es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.Multimedia;
  2 
  3 import android.Manifest;
  4 import android.app.Activity;
  5 import android.content.Intent;
  6 import android.content.pm.PackageManager;
  7 import android.graphics.Bitmap;
  8 import android.graphics.BitmapFactory;
  9 import android.net.Uri;
 10 import android.os.Build;
 11 import android.os.Bundle;
 12 import android.os.Environment;
 13 import android.provider.MediaStore;
 14 import android.view.View;
 15 import android.widget.Button;
 16 import android.widget.ImageView;
 17 import android.widget.RadioButton;
 18 import android.widget.RadioGroup;
 19 import android.widget.Toast;
 20 import android.widget.VideoView;
 21 
 22 import java.io.File;
 23 
 24 import es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.R;
 25 
 26 import static android.support.v4.content.FileProvider.getUriForFile;
 27 
 28 public class UD6_05_MultimediaFotoVideo extends Activity {
 29 
 30     private final int REQUEST_CODE_GRAVACION_OK = 1;    //Código para verificar que o resultado ven do intent de gravación
 31     final private String nomeVideo="video.mp4";
 32     final private String nomeFoto="foto.jpg";
 33     private final int CODIGO_IDENTIFICADOR=1; // Usado por si necesitamos diferentes permisos, para identificar cual de ellos es
 34 
 35     /**
 36      * Obtemos a imaxe ou video que ven da aplicacion Android
 37      */
 38     protected void onActivityResult(int requestCode, int resultCode, Intent data) {
 39         if (requestCode == REQUEST_CODE_GRAVACION_OK) {
 40             if (resultCode == RESULT_OK) {
 41 
 42                 RadioButton rb = (RadioButton) findViewById(R.id.UD6_04_rbtnFoto);
 43                 if (rb.isChecked()) { // Saca foto
 44                     File ruta = Environment.getExternalStoragePublicDirectory(Environment.DIRECTORY_PICTURES);
 45                     File arquivo = new File(ruta,nomeFoto);
 46                     if (!arquivo.exists()) return;          // Non hai foto
 47 
 48                     ImageView imgview = (ImageView) findViewById(R.id.UD6_04_imgvwFoto);
 49                     Bitmap bitmap = BitmapFactory.decodeFile(arquivo.getAbsolutePath());
 50                     imgview.setImageBitmap(bitmap);
 51                 } else { // Saca vídeo
 52                     File ruta = Environment.getExternalStoragePublicDirectory(Environment.DIRECTORY_MOVIES);
 53                     File arquivo = new File(ruta,nomeVideo);
 54                     if (!arquivo.exists()) return;          // Non hai foto
 55 
 56                     VideoView vidview = (VideoView) findViewById(R.id.UD6_04_vidvwVideo);
 57                     vidview.setVideoURI(Uri.fromFile(arquivo));
 58                     vidview.start();
 59                 }
 60 
 61             } else if (resultCode == RESULT_CANCELED) {
 62                 // Video ou Foto cancelada
 63             } else {
 64                 // Fallo na captura do Video ou foto.
 65             }
 66         }
 67     }
 68 
 69     public void pedirPermiso(){
 70 
 71         if (Build.VERSION.SDK_INT >= Build.VERSION_CODES.M) {
 72             requestPermissions( new String[]{Manifest.permission.WRITE_EXTERNAL_STORAGE},CODIGO_IDENTIFICADOR);
 73         }
 74 
 75     }
 76 
 77     @Override
 78     public void onRequestPermissionsResult(int requestCode, String permissions[], int[] grantResults) {
 79 
 80         switch (requestCode) {
 81             case CODIGO_IDENTIFICADOR: {
 82                 // Se o usuario premeou o boton de cancelar o array volve cun null
 83                 Button btn = findViewById(R.id.UD6_04_btnGravarVideoFoto);
 84                 if (grantResults.length > 0
 85                         && grantResults[0] == PackageManager.PERMISSION_GRANTED) {
 86                     btn.setEnabled(true);
 87                     // PERMISO CONCEDIDO
 88                 } else {
 89                     // PERMISO DENEGADO
 90                     btn.setEnabled(false);      //Desabilitamos o botón se non temos o permiso de escritura
 91                     Toast.makeText(this,"É NECESARIO O PERMISO DE ESCRITURA NA SDCARD",Toast.LENGTH_LONG).show();
 92                 }
 93                 return;
 94             }
 95 
 96             // Comprobamos os outros permisos
 97 
 98         }
 99     }
100 
101     /**
102      * Programa o código dos click´s os botóns
103      */
104     private void xestionarEventos(){
105         Button gravar = (Button)findViewById(R.id.UD6_04_btnGravarVideoFoto);
106         gravar.setOnClickListener(new View.OnClickListener(){
107 
108             @Override
109             public void onClick(View arg0) {
110                 // TODO Auto-generated method stub
111                 RadioButton rb = (RadioButton)findViewById(R.id.UD6_04_rbtnFoto);
112 
113 
114                 if (rb.isChecked()){    // Saca foto
115                     File ruta = Environment.getExternalStoragePublicDirectory(Environment.DIRECTORY_PICTURES);
116                     File arquivo = new File(ruta,nomeFoto);
117 
118                     Uri contentUri=null;
119                     if (Build.VERSION.SDK_INT >= 24) {
120                         contentUri = getUriForFile(getApplicationContext(), getApplicationContext()
121                                 .getPackageName() + ".provider", arquivo);
122                     }
123                     else {
124                         contentUri = Uri.fromFile(arquivo);
125                     }
126 
127                     Intent intento = new Intent(MediaStore.ACTION_IMAGE_CAPTURE);
128                     intento.putExtra(MediaStore.EXTRA_OUTPUT, contentUri);
129 
130                     startActivityForResult(intento, REQUEST_CODE_GRAVACION_OK);
131                 }
132                 else {  // Grava vídeo
133                     File ruta = Environment.getExternalStoragePublicDirectory(Environment.DIRECTORY_MOVIES);
134                     File arquivo = new File(ruta,nomeVideo);
135 
136                     Uri contentUri=null;
137                     if (Build.VERSION.SDK_INT >= 24) {
138                         contentUri = getUriForFile(getApplicationContext(), getApplicationContext()
139                                 .getPackageName() + ".provider", arquivo);
140                     }
141                     else {
142                         contentUri = Uri.fromFile(arquivo);
143                     }
144 
145                     Intent intento = new Intent(MediaStore.ACTION_VIDEO_CAPTURE);
146                     intento.putExtra(MediaStore.EXTRA_OUTPUT, contentUri);
147 
148                     startActivityForResult(intento, REQUEST_CODE_GRAVACION_OK);
149                 }
150 
151             }
152 
153         });
154 
155         RadioGroup rgroup = (RadioGroup)findViewById(R.id.UD6_04_rgrpOpcions);
156         rgroup.setOnCheckedChangeListener(new RadioGroup.OnCheckedChangeListener() {
157 
158             @Override
159             public void onCheckedChanged(RadioGroup group, int checkedId) {
160                 // TODO Auto-generated method stub
161                 ImageView imgview;
162                 VideoView videoview;
163 
164                 switch(checkedId){
165                     case R.id.UD6_04_rbtnFoto:      // OCULTAMOS O VIDEO
166                         imgview = (ImageView)findViewById(R.id.UD6_04_imgvwFoto);
167                         imgview.setVisibility(View.VISIBLE);
168                         videoview = (VideoView)findViewById(R.id.UD6_04_vidvwVideo);
169                         videoview.setVisibility(View.GONE);
170                         break;
171                     case R.id.UD6_04_rbtnVideo:     // OCULTAMOS AS FOTOS
172                         imgview = (ImageView)findViewById(R.id.UD6_04_imgvwFoto);
173                         imgview.setVisibility(View.GONE);
174                         videoview = (VideoView)findViewById(R.id.UD6_04_vidvwVideo);
175                         videoview.setVisibility(View.VISIBLE);
176                         break;
177                 }
178             }
179         });
180     }
181 
182     @Override
183     protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
184         super.onCreate(savedInstanceState);
185         setContentView(R.layout.activity_ud05_01__foto__reproducir);
186 
187         pedirPermiso();
188         xestionarEventos();
189     }
190 }
  • Liñas 69-75: Se a API >=23 hai que pedir permiso de escritura por código.
  • Liñas 86/90: En caso de que o usuario non dea permiso, desabilitamos o botón.
  • Liñas 118-125: En caso de que a API>=24 necesitamos ao 'método getUriForFile' para obter a URI que lle imos pasar como dato extra a cámara de fotos. En caso contrario o facemos como ata o de agora.
Fixarse como o segundo parámetro pon: getApplicationContext().getPackageName() + ".provider" , que se corresponde coa entrada android:authorities="${applicationId}.provider" do AndroidManifiest.xml.
  • Liñas 136-143: O mesmo para o caso do vídeo.


  • A forma anterior é unha das posibilidades que temos de dar permiso a certa Uri para que sexa compartida. Neste caso o facemos enviamos con setData a Uri.
Existen outra formas como podemos consultar neste enlace.


  • Máis información:

Métodos útiles no manexo de Imaxes

  • Bitmap.createScaledBitmap(bitmaporixinal, witdh, height, boolean filter): devolve un obxecto da clase Bitmap e vainos servir para escalar un bitmap a outro tamaño indicado por width e height.

O filter debería ser posto a true se facemos a imaxe máis grande e a false se a facemos máis pequena. Para determinar o tamaño adecuado do Bitmap en función dos puntos por polgada do dispositivo onde nos atopamos podemos facer uso da propiedade densityDpi:

 1 	switch (getResources().getDisplayMetrics().densityDpi) {
 2 					case DisplayMetrics.DENSITY_LOW:
 3 					    break;
 4 					case DisplayMetrics.DENSITY_MEDIUM:
 5 					    break;
 6 					case DisplayMetrics.DENSITY_HIGH:
 7 					    break;
 8 					case DisplayMetrics.DENSITY_XHIGH:
 9 					    break;
10 	}

En función do valor de densidade escalaremos a imaxe a un tamaño adecuado tendo en conta a proporción:

  • xhdpi: 2.0
  • hdpi: 1.5
  • mdpi: 1.0 (baseline)
  • ldpi: 0.75


Nota: Normalmente cando facemos fotos e queremos visualizalas todas xuntas (por exemplo utilizando un horizontalScrollView) faise uso deste método para ter unha imaxe en pequeno da foto e despois cargar a imaxe orixinal cando a visualicemos a pantalla completa.


  • Obxectobitmap.compress(CompressFormat.JPEG, 100,os): comprime un bitmap e o escribe a disco utilizando un FileOutputStream. O primeiro parámetro indica o tipo de compresión (se temos transparencias na imaxe orixinal deberemos usar BMP), o segundo indica o nivel de compresión (se é 50 sería o 50%, no exemplo o deixaría tal cal) e o terceiro parámetro é un obxecto da clase FileOutputStream para pasalo a disco.

Este método pode servirnos para pasar un bitmap a disco utilizando un obxecto da clase File (o veremos na unidade de Datos Persistentes) e obtendo o FileOutputStream a partires del. É importante asinarlle unha extensión ó arquivo que vai ser a imaxe gardada.

Se a foto a temos asinada a un ImageView e queremos recuperala coma un obxecto da clase Bitmap teremos que facer:

1 	imgview.setDrawingCacheEnabled(true);
2 	Bitmap imaxe = imgview.getDrawingCache();

Sendo imgview o obxecto que fai referencia ó ImageView.


O proceso contrario, é dicir, cargar unha foto nun ImageView será o seguinte (o veremos outra vez na unidade de datos persistentes):

1 	Bitmap bitmap = BitmapFactory.decodeFile(Obxecto_file_apuntando_á_imaxe_gardada);
2         img.setImageBitmap(bitmap);

Sendo img un obxecto da clase ImageView.

Métodos útil no manexo de Vídeos

Pode resultarnos necesario a partires dun vídeo obter unha foto del.

Para facelo debemos de utilizar a clase ThumbnailUtils

Vexamos un exemplo:

1 BitMap preview_bitmap = ThumbnailUtils.createVideoThumbnail(uri_al_vídeo.toString(), Thumbnails.MICRO_KIND);


  • Queda como 'exercicio' que busquedes en Internet como cargar un vídeo gardado localmente no proxecto, no cartafol /res/raw/

Visualización de múltiples imaxes

Pode darse o caso de que necesitemos visualizar múltiples imaxes na nosa activity.

Nota: Como está comentado en liñas anteriores, o lóxico será ter unha versión 'en pequeno' da foto para non encher a memoria utilizando o método compress da clase BitMap ou ben utilizando o método Bitmap.createScaledBitmap, como está feito no exemplo que ven a continuación.


Temos varias posibilidades para facer isto:

  • Actualización 2018
A partires da API 22 aparece o Widget RecyclerView que permite facer o mesmo que o HorizontalScrollView pero de forma moito máis eficiente.
Lembrar que dito compoñente está dentro das opción de investigación para desenvolver a práctica.
Para cargar dito compoñente nunha API inferior á 22 (vos tedes que facer a aplicación cun API>=19) teredes que facer uso dunha biblioteca de compatibilidade, como xa vimos na Wiki.


Neste apartado imos ver como utilizar un HorizontalScrollView.

Caso Práctico

O obxectivo desta práctica é ver como podemos utilizar o HorizontalScrollView para visualizar imaxes en pequeno.

PDM Avanzada Multimedia Gravacion 6.jpg

Como o seu propio nome indica, o HorizontalScrollView é un control que permite facer un scroll horizontal de View´s.

A idea é ter dentro deste control un LinearLayout coas imaxes.

Cada imaxe vai ter un layout cun tamaño (o tamaño da miniatura) e xestionaremos o evento de Click sobre a imaxe en miniatura para ver dita imaxe nun ImageView en grande.

Preparación

Será necesario copiar ó cartafol da SD onde o S.O. Android garda as imaxes por defecto, dúas imaxes calquera de nome foto1.jpg e foto2.jpg.

Utilizamos a clase EnvironMent (Environment.getExternalStoragePublicDirectory(Environment.DIRECTORY_PICTURES)) para indicar a ruta onde se atopan as fotos.

Normalmente esta ruta se atopa en /sdcard/Pictures.

  • Se utilizades o emulador podedes copiar as fotos utilizando a perspectiva DDMS.
  • Se estades a utilizar un dispositivo real teredes que copiar as fotos conectando o dispositivo ó computador.


O alumno é libre de utilizar outra ruta calquera modificando o código convenientemente.

Creamos a Activity

  • Nome do proxecto: UD6_06_MultimediaHorizontalScrollView
  • Nome da activity: UD6_06_MultimediaHorizontalScrollView.java


Código do layout xml

 1 <RelativeLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
 2     xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
 3     android:layout_width="match_parent"
 4     android:layout_height="match_parent"
 5     tools:context="${relativePackage}.${activityClass}" >
 6 
 7     <HorizontalScrollView
 8         android:id="@+id/UD6_06_hsviewFotosPai"
 9         android:layout_width="match_parent"
10         android:layout_height="wrap_content"
11         android:layout_alignParentTop="true"
12         android:layout_centerHorizontal="true"
13         android:layout_marginTop="26dp" >
14        
15        <LinearLayout
16                     android:id="@+id/UD6_06_linearLayoutFotosFillo"
17                     android:layout_width="wrap_content"
18                     android:layout_height="wrap_content"
19                     android:orientation="horizontal" />
20 
21     </HorizontalScrollView>
22 
23     <ImageView
24         android:id="@+id/UD6_06_imgvwFotoAmpliada"
25         android:layout_width="500dp"
26         android:layout_height="500dp"
27         android:layout_alignParentBottom="true"
28         android:layout_centerHorizontal="true"
29         android:layout_marginBottom="26dp"
30         android:src="@drawable/ic_launcher" />
31 
32 </RelativeLayout>

Como vemos temos un HorizontalScrollView e un LinearLayout dentro do mesmo.

Código da clase UD6_06_MultimediaHorizontalScrollView
Obxectivo: Carga nun HorizontalScrollView dúas fotos gardadas na tarxeta SD do dispositivo.
Nota: Vos dará un erro xa que fai uso dunha clase explicada a continuación.

 1 import java.io.File;
 2 
 3 import android.app.Activity;
 4 import android.os.Bundle;
 5 import android.os.Environment;
 6 import android.widget.LinearLayout;
 7 
 8 public class UD6_06_MultimediaHorizontalScrollView extends Activity {
 9 
10 	@Override
11 	protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
12 		super.onCreate(savedInstanceState);
13 		setContentView(R.layout.activity_ud6_06__multimedia_horizontal_scroll_view);
14 	
15 		LinearLayout linear = (LinearLayout)findViewById(R.id.UD6_06_linearLayoutFotosFillo);
16 		
17 		String ruta = Environment.getExternalStoragePublicDirectory(Environment.DIRECTORY_PICTURES).getAbsolutePath();
18 		
19 		UD6_06_ImaxeHorizontalScrollView imaxe = new UD6_06_ImaxeHorizontalScrollView(this, ruta+File.separator+"foto1.jpg");
20 		linear.addView(imaxe.getLayout());
21 		imaxe = new UD6_06_ImaxeHorizontalScrollView(this, ruta+File.separator+"foto2.jpg");
22 		linear.addView(imaxe.getLayout());
23 
24 	}
25 }
  • Liña 15: Obtemos a referencia ó LinearLayout que se atopa dentro do HorizontalScrollView.
  • Liña 17: Ruta onde se atopan as imaxes.
  • Liña 19,21: Creamos dous obxectos da clase UD6_06_ImaxeHorizontalScrollView (explicada posteriormente).
  • Liñas 20,22: Engadimos ditas imaxes ó LinearLayout.

Creamos o ImageView personalizado

Agora imos explicar a clase UD6_06_ImaxeHorizontalScrollView.

A idea é moi sinxela.

Vou engadir ó LinearLayout obxectos da clase ImageView.

A diferenza é que vou personalizar ditos obxectos para que estean (a imaxe) dentro dun Layout creado por min y cun tamaño concreto (o veremos no código).

Ademais xestionaremos o evento Click sobre a imaxe para facer que apareza en grande no ImageView da Activity principal.

O que hai que ter moi claro é que esta clase representa cada unha das imaxes en miniatura que vemos dentro do control HorizontalScrollView.

Código da clase UD6_06_ImaxeHorizontalScrollView
Obxectivo: Facemos un ImageView personalizado cun tamaño específico e xestionamos o evento Click sobre a imaxe.

 1 import java.io.File;
 2 
 3 import android.graphics.Bitmap;
 4 import android.graphics.BitmapFactory;
 5 import android.view.Gravity;
 6 import android.view.View;
 7 import android.view.View.OnClickListener;
 8 import android.view.ViewGroup.LayoutParams;
 9 import android.widget.ImageView;
10 import android.widget.LinearLayout;
11 
12 public class UD6_06_ImaxeHorizontalScrollView extends ImageView implements OnClickListener {
13 	protected UD6_06_MultimediaHorizontalScrollView context; 
14 	private File file; 
15 	private String path; 
16 	private LinearLayout layout; 
17 	 
18 	/** 
19 	 * Crea unha imaxe e a engade nun layout que vai ser o que visualice o HorizontalView 
20 	 * @param context 
21 	 * @param path: ruta a imaxe 
22 	 */ 
23 	public UD6_06_ImaxeHorizontalScrollView(UD6_06_MultimediaHorizontalScrollView context,String path)  { 
24 		super(context); 
25 		this.context=context; 
26 		this.path=path; 
27 		file = new File(path); 
28 		 
29 		setOnClickListener(this); 
30 		crearLayout(); 
31 	} 
32 	 
33 	private void crearLayout() {
34 		LinearLayout layout = new LinearLayout(context);
35 		layout.setLayoutParams(new LayoutParams(135, 135));
36 		layout.setGravity(Gravity.CENTER);
37 
38 		this.setLayoutParams(new LayoutParams(120, 120));	// TAMAÑO DA IMAXE
39 		this.setScaleType(ImageView.ScaleType.CENTER_CROP);
40                 Bitmap bit = BitmapFactory.decodeFile(file.getAbsolutePath());
41                 if (bit==null) { // Non a pode cargar
42                    this.layout=layout;
43                    return;
44                 }
45 		Bitmap bitmap;
46 		bitmap = Bitmap.createScaledBitmap(bit, 220, 220,false);
47 		this.setImageBitmap(bitmap);
48 
49 		layout.addView(this);
50 		this.layout = layout;
51 	}
52 
53 	public LinearLayout getLayout(){ 
54 		return layout; 
55 	} 
56 
57 	public File getFile(){ 
58 		return file; 
59 	} 
60 	public String getPath(){ 
61 		return path; 
62 	} 
63 	@Override 
64 	public void onClick(View v) { 
65 		// TODO Auto-generated method stub 
66 		 
67 		Bitmap bp = BitmapFactory.decodeFile(getPath()); 
68 		ImageView imgview = (ImageView)context.findViewById(R.id.UD6_06_imgvwFotoAmpliada); 
69 		imgview.setImageBitmap(bp); 
70 	} 
71 		 
72 
73 }
  • Liña 12: Fixarse como facemos unha clase que deriva de ImageView e implementa a interface onClickListener para xestionar o evento click sobre a imaxe
  • Liña 23: No constructor recibimos unha instancia da clase que utiliza o ImageView. Isto é necesario xa que cando prememos sobre a imaxe en miniatura temos que atopar o ImageView da activiry para cargar a imaxe en grande. Como segundo parámetro enviamos a ruta ó arquivo de imaxe.
  • Liñas 25-27: Gardamos os datos enviados.
  • Liña 29: Facemos que o evento de click se xestione dentro da clase.
  • Liña 30: Chamamos ó método que vai crea o Layout onde vai ir a imaxe.
  • Liñas 33-51: Creamos o layout (LinearLayout) que vai albergar a foto.
  • Liñas 34-36: Layout que alberga a imaxe.
  • Liñas 38-39: Tamaño e tipo de escala da imaxe dentro do layout.
  • Liña 40-47: Cargamos a imaxe dende a SD Externa e a asignamos ó ImageView.
  • Liñas 48-51: Engadimos o layout creado o ImageView cargado de disco.
  • Liñas 64-71: Xestionamos o evento do Click sobre a imaxe. Buscamos o control ImageView da activity principal (UD6_06_imgvwFotoAmpliada) e cargamos a partires do path a imaxe no ImageView.







-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2014).