PDM Temas de investigación
Sumario
Introdución
- Neste punto iremos poñendo temas que poidan ser utilizados polos alumnos para facer a parte de investigación das diferentes unidades.
- Na entrega do proxecto ao alumno terá que poñer no manual técnico as fontes de información (cós enlaces)
- Para que conte na nota as partes de investigación o alumno terá que ser capaz de explicar o funcionamento e o código.
- En caso de non responder correctamente entenderase que o único que fixo o alumno foi copia e pegar un código xa feito nalgúns dos sitios webs, polo que non contará para a nota.
Xerais
- Sumarase a nota de todas as unidades didácticas.
- A nota pode variar dependendo da complexidade. É dicir, a utilización do compoñente non ten por que levar consigo a nota máxima do mesmo.
- A suma total deste apartado non pode ser maior de 1,5 puntos.
- Realidade aumentada: Máis información neste enlace. (Dependendo da complexidade +1)
- Cargadores: Máis información neste enlace. (+1)
- Animacións: Máis información neste enlace. (Dependendo da complexidade +0.5)
- Uso de sensores:
- Uso de Acelerómetro: +0,25
- Uso da Compás: +0,25
- Navigation Drawer: Máis información neste enlace. (+1)
- Master / Detail flow: É un concepto de deseño que consiste en ter un conxunto de elementos (que conforman a lista mestra (master list)) que son amosados ao usuario. Cando o usuario preme sobre un destes items, aparece un novo panel no que se amosar o detalle (detail) do item seleccionado. Cando creades unha activity aparece unha plantilla para crear este tipo de deseño.(+1)
- Notificacións: Unha aplicación pode enviar notificacións ao usuario. Por exemplo, cando descargamos novos datos de Internet a través dun servizo, podemos enviar ao usuario unha notificación. Ao premer sobre ela, abriríase a nosa aplicación e informaríamos dos novos cambios incorporados. Se se implementa soamente notificacións (+0,5). Se se implementa un servizo con notificación e comunicación entre a notificación e aplicación (ao premer a notificación deberase abrir a aplicación) (+1,25).
Específicas
- Lembrar que cada unidade ten asociado unha parte de investigación que vale 3 puntos sobre 10.
- Cada unidade (non todas, consultar a programación) vale 2 puntos sobre a nota final.
- Polo tanto, a parte investigadora supón 0,6 puntos sobre os 2 posibles.
- En caso de facer uso de varios compoñentes e que sobrepasen os 0,6 puntos, farase unha valoración global da aplicación e poderase subir a nota final.
- Lembrade que as partes específicas teñen que facerse individualmente. É dicir, os compoñentes dun grupo non poden facer as mesmas partes, cada un terá que escoller unha parte diferente.
Unidade Deseño gráfico. Views
- Crear un ArrayAdapter personalizado con opción de filtrado, de tal forma que ao escribir sobre a lista ou nun EditText, vaise filtrando a lista de elementos. (+3)
- Facer uso do Floating Action Button (FAB) e da SnackBar: Máis información neste enlace e neste outro. (+2/3)
- Utilizar o view TabLayout con iconas, para crear unha interface con Tabs. Máis información neste enlace. (+2/3)
- Utilizar o compoñente RecycleView e un CardView conxuntamente. (+3)
- Utilizar framentos en a lo menos dúas activities da aplicación.
- Deberase ver de diferente forma cando se cargue a aplicación nun móbil ou nunha tablet, aproveitando o tamaño desta última.
Unidade Multimedia
- Grava son e utilizalo. Terá asociado algún axuste na pantalla de preferencias: +1,5
- Grava vídeo e utilizalo. Terá asociado algún axuste na pantalla de preferencias: +1,5
- Facer que a aplicación teña unha música de fondo (facer un servizo) que poida ser escollida dun cartafol determinado onde estean gardados arquivos de música: +3
- Controlar cando se gaña e se perde o foco do audio: +0,75
Unidade PREFERENCIAS - ACCESO A DATOS - ARQUIVOS
- Gravar e recuperar os datos na nube utilizando o servizo Backup de Android ou gravar e recuperar datos na nube utilizando a API de GoogleDrive ou calquera outra API (DropBox,...) (+3)
- Gravar e recuperar datos utilizando as Fussion Table (+3)
- Pode ser posible a necesidade de gardar algún axuste na pantalla de preferencias.
Unidade Conectividade
- Uso conxunto de Google Maps e GPS facendo uso de marcas e información nelas (ata un máximo de +3, dependendo da funcionalidade dentro da aplicación)
- Facer unha aplicación Cliente - Servidor utilizando Sockets. (+3)
-- Ángel D. Fernández González -- (2018).