PHP Constantes e variables. Ámbito.

De MediaWiki
Saltar a: navegación, buscar

Constantes

  • As constantes son valores que normalmente se definen ao comezo do código e cuxo valor non varía ao longo do programa.
  • Soen identificar por medio de letras maiúsculas.
  • Os nomes das constantes poden empezar cunha letra ou guión baixo pero non poden empezar cun número.
  • Distingue maiúsculas de minúsculas no seu nome.
  1. <?php  
  2.  
  3.     define('MEUNOME','Angel Fernández');
  4.     echo "<p>Aquí poño o menu " . MEUNOME . "</p>";
  5.    
  6. ?>        
  7.         <p> Outro párrafo....</p>
  8. <?php
  9.     printf("Ola. Sigo sendo %s. Poido seguir referenciando a constante ao longo de toda a páxina.",MEUNOME);
  10. ?>


  • Nunha constante podemos definir parámetros que despois sexan substituídos polos seus valores coas funcións printf e sprintf:
  1. <?php  
  2.  
  3.     define('CADEA_PRESENTACION','Ola usuario %s');
  4.  
  5.     printf(CADEA_PRESENTACION,'Angel');
  6. ?>

Variables

  • NOTA: Esta sección está asociada á realización do EXERCICIO 2.


  • A diferenza das constantes, as variables poden cambiar o seu valor ao longo do programa.
  • Non é necesario definilas nin declaralas.
  • Distinguen maiúsculas de minúsculas no seu nome. '$var' é unha variable e '$Var' é outra variable diferente.
  • A primeira letra do nome dunha variable debe ser un guión baixa ou unha letra. Non pode ser un número.
  • Identifícanse por medio do símbolo $.

Nota: A pesares de que non é obrigatorio declaralas, eu aconsello establecer un valor ao comenzo da páxina e comentar o seu propósito, xa que pode suceder que utilicemos unha variable e despois cambiemos algunha letra da mesma, pasando a manexar outra variable diferente. Desta forma podemos ter una referencia ao nome da variable.

Exemplo de código:
  1. <?php  
  2.     $varCadea="Isto é un variable de cadea";
  3.     $varNumero=50;
  4.  
  5.     echo $varCadea . "<br />";
  6.     echo $varNumero . "<br />";
  7.  
  8. ?>
  • PHP é unha linguaxe debilmente tipada. Quero isto dicir que as variables non se definen de ningún tipo, se non que o tipo vai depender do contido da variable.
Así, por exemplo, vou asinar a mesma variable diferentes tipos de datos e funcionará igualmente.
  1. <?php  
  2.  
  3.     $varTipos=5;
  4.     echo $varTipos . "<br />";
  5.     $varTipos='Cadea';
  6.     echo $varTipos . "<br />";
  7.     $varTipos=3.15454;
  8.     echo $varTipos . "<br />";
  9.     $varTipos=true;
  10.     echo $varTipos . "<br />";
  11. ?>


  • Dependendo do contido que teñan, as variables poden ser dun destes tipos escalares:
  • integer: Os integers, ou enteiros, poden ter distintos valores numéricos enteiros que se expresan con diferentes notacións.
  • $variable = 18; // Número entero positivo
  • $variable = -18; // Número entero negativo
  • $variable = 0x12; // Notación hexadecimal, en principio no la utilizaremos
  • float ou double: Este tipo de datos son os números de punto flotante aos que normalmente chamamos números decimais, por exemplo, 9.876. Ambos teñen moita precisión, pero double é o máis preciso (con máis decimais). A sintaxe para utilizalos é bastante simple:
  • $variable = 9.876;
  • string: O tipo de datos string, tamén coñecido como cadea de caracteres, exprésase coa seguinte sintaxe:
  • $variable = "Isto é unha cadea";
  • boolean: Trátase dun tipo lóxico. Os seus posibles valores son true (verdadeiro) ou false (falso).
  • $variable = true;
  • $variable = false;


En programación normalmente se identifica ao valor false como 0 (cero) e ao true coma 1 (un).
En PHP cando utilizamos expresións que van ser avaliadas como booleanas, faise unha conversión no que:
  • Calquera destes valores é considerado como false: 0 (cero) , 0.0 (cero con decimais a cero), (cadea baleira), '0' (cadea cun valor cero), NULL (variable sen valor asinado)
  • Calquera outro valor diferente dos anteriores é considerado verdadeiro (true)
Máis información neste enlace.


Existen máis tipos como podemos ver no seguinte enlace: http://php.net/manual/es/language.types.intro.php


Dando formato a unha variable utilizando a función printf e sprintf

  • Como vimos anteriormente no uso da función printf/sprintf, podemos especificar en que formato se vai visualizar unha variable.
Por exemplo:
$var=5;
printf("A variable vai visualizarse como unha cadea: %s",$var);

Dependendo do carácter empregado despois do '%', temos:

  • b - o argumento é tratado coma un valor de tipo integer e presentado coma un número binario.
  • c - o argumento é tratado coma un valor de tipo integer e presentado coma o carácter con ese valor ASCII.
  • d - o argumento é tratado coma un valor de tipo integer e presentado coma un número decimal (con signo).
  • e - o argumento é tratado con notación científica (e.x. 1.2e+2). O especificador de precisión indica o número de díxitos despois del punto decimal a partires de PHP 5.2.1. En versións anteriores, se tomou coma el número de díxitos significativos (menos un).
  • E - como %e pero utiliza a letra maiúscula (e.g. 1.2E+2).
  • f - o argumento é tratado coma un valor de tipo float e presentado coma un número de punto flotante (considerando a configuración rexional).
  • F - o argumento é tratado coma un valor de tipo float e presentado coma un número de punto flotante (non considerando a configuración rexional). Dispoñible desde PHP 4.3.10 e PHP 5.0.3.
  • g - o mesmo que %e e %f.
  • G - o mesmo que %E e %f.
  • o - o argumento é tratado coma un valor de tipo integer e presentado como un número octal.
  • s - o argumento é tratado e presentado coma un string.
  • u - o argumento é tratado coma un valor de tipo integer e presentado coma un número decimal sen signo.
  • x - o argumento é tratado coma un valor de tipo integer e presentado coma un número hexadecimal (cas letras en minúsculas).
  • X - o argumento é tratado coma un valor de tipo integer e presentado coma un número hexadecimal (coas letras en maiúsculas).


Nota: Para formatear un número pódese facer uso da función number_format.


Uso de variables dentro da función echo

  • Anteriormente contamos que había unha diferenza entre utilizar comillas dobres ou simples na función echo.
Vexamos agora esta diferenza no uso de variables.
  • Se usamos unha variable dentro da función echo:
  • Con comillas dobres, a variable será substituída polo seu valor. Se expande.
  • Con comillas simples, xerará a cadea $variable.
Por exemplo:
  1. <?php  
  2.     $var = "Isto é unha variable de cadea";
  3.    
  4.     echo "A variable var con \" vale: $var<br/>";
  5.     echo 'A variable var con \' vale: $var<br />';
  6. ?>
Dará como resultado:
  1. A variable var con " vale: Isto é unha variable de cadea
  2. A variable var con ' vale: $var

Funcións

  • PHP ten unha multitude de funcións para facernos a vida máis sinxela á hora de programar.
  • Aconsello antes de 'programar' algo cos valores das variables (tipo dividir unha frase en palabras, quitar espazo en branco, redondeo, número máis alto de varios,...) consultar as seguintes funcións:


Comprobación de definición e asignación

  • En PHP temos dúas funcións para saber se unha variable está definida / ten valor asinado.


  • Función isset($var): Devolve TRUE se $var existe e ten un valor distinto de NULL; FALSE en caso contrario.
  • Función empty($var): Devolve FALSE se $var existe e ten un valor no baleiro, distinto de cero. Doutro modo devolve TRUE.
As seguintes expresións son consideradas como baleiras:
  • "" (una cadena vacía)
  • 0 (0 como un integer)
  • 0.0 (0 como un float)
  • "0" (0 como un string)
  • NULL
  • FALSE
  • array() (un array balairo)
  • $var; (unha variable declarada, pero sen un valor)



  • Vexamos un exemplo:
  1. <?php  
  2.  
  3.     $var1 = 100;
  4.  
  5.     printf("Valor de var1: %s<br/>",$var1);
  6.     printf("isset: %b<br/>",isset($var1));
  7.     printf("empty: %b<br/>",empty($var1));
  8.    
  9.     $var1 = null;
  10.  
  11.     printf("Valor de var1: null<br/>");
  12.     printf("isset: %b<br/>",isset($var1));
  13.     printf("empty: %b<br/>",empty($var1));
  14.    
  15.     $var1 = '';
  16.  
  17.     printf("Valor de var1: %s<br/>","''");
  18.     printf("isset: %b<br/>",isset($var1));
  19.     printf("empty: %b<br/>",empty($var1));
  20.    
  21.  
  22.         // Comprobamos agora o que vale unha variable non definida....
  23.     printf("Valor de var2: %s<br/>","sen asinar");
  24.     printf("isset: %b<br/>",isset($var2));
  25.     printf("empty: %b<br/>",empty($var2));
  26.    
  27. ?>


  • Da como resultado:
Valor de var1: 100
isset: 1
empty: 0
Valor de var1: null
isset: 0
empty: 1
Valor de var1: ''
isset: 1
empty: 1
Valor de var2: sen asinar
isset: 0
empty: 1
  • Nota:
  • Estas funcións serán utilizadas para comprobar se os datos dun formulario están cubertos ou non.
  • Fixarse como amosamos o resultado como un booleano utilizando o parámetro %b da función printf. Isto é necesario xa que PHP amosa o valor true coma un 1 e o valor false como



Comprobación do tipo de dato

  • PHP é unha linguaxe debilmente tipada. Quere isto dicir que o tipo dunha variable non se decide na definición da mesma, se non que vai depender do valor gardado.

Así:

$var = 5; => Será de tipo integer.
$var= 'ola'; => Será de tipo string.
  • PHP permite asinar á mesma variable diferentes tipos durante a execución do código PHP.
  • Para comprobar o tipo dunha variable teremos que facer uso dalgunha das seguintes funcións:
  • is_array: Comproba que a variable sexa un array.
  • is_bool: Comproba que a variable sexa de tipo booleano.
  • is_float, is_double, is_real: Comproban que a variable sexa un número real.
  • is_int, is_integer, is_long: Comproban que a variable sexa un número enteiro.
  • is_numeric: Comproba que a variable sexa un número ou unha cadea numérica. Usado para validar campos dun formulario xa que os vai a enviar como cadeas.
  • is_scalar: Comproba que a variable sexa un escalar (enteiro, real, booleano ou cadea de texto).
  • is_string: Comproba que a variable sexa unha cadea de texto.

Vexamos un exemplo:

<?php

$idade='Angel';

if (!is_numeric($idade)) die('A idade ten que ser un número...');

?>


  • Unha función complementaria ás anteriores é: getType. Devolve o tipo de datos dunha variable.
Vexamos un exemplo:
<?php
$nome=54;

if (getType($nome)!='string') echo('O nome ten que ser unha cadea...');

?>

Ámbito das variables


  • O ámbito é un concepto que fai referencia á 'visibilidade' dunha variable dentro dun programa.
  • Normalmente, en outras linguaxes de programación, unha variable definida a nivel de programa é visible para todas as funcións dentro dese programa. En PHP non pasa así.
  • Aínda que non vimos como crear funcións en PHP as introduciremos neste punto para explicar os ámbitos.
Vexamos un exemplo:
  1. <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD XHTML 1.0 Transitional//EN"
  2.     "http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-transitional.dtd">
  3. <html xmlns="http://www.w3.org/1999/xhtml" lang="es" xml:lang="es">
  4.     <head>
  5.         <meta charset="utf-8" />
  6.         <title>Exemplos de códigos php</title>
  7.     </head>
  8. <?php
  9.     function modificarVar(){
  10.        
  11.         $var=10;
  12.         printf('$var--->%d despois de ser modificada. Impreso dentro da función.<br/>',$var);   // PREGUNTA: Por que printf leva comillas simples nesta orde ?
  13.        
  14.     }
  15. ?>    
  16.     <body>
  17. <?php  
  18.  
  19.     $var = 100; // Isto é unha variable de cadea
  20.  
  21.     modificarVar();
  22.     printf('$var--->%d despois de ser modificada.Impreso fora da función.<br/>',$var);
  23.    
  24. ?>
  25.     </body>    
  26. </html>


O resultado será isto:
  1. $var--->10 despois de ser modificada. Impreso dentro da función.
  2. $var--->100 despois de ser modificada.Impreso fora da función.


Como vemos, despois de chamar á función, imprimimos o valor da variable $var, e non imprime o valor modificados, se non o valor orixinal.


  • En PHP para poder modificar o valor dunha variable a nivel GLOBAL temos dúas formas:
  • Definindo novamente a variable dentro da función antepoñendo o prefixo global.
  • Acceder a dita variable có array $GLOBALS[nome_variable]. O nome da variable non leva '$' dentro do array.
Vexamos o mesmo exemplo aplicando as dúas solucións:
  1. <?php
  2.     function modificarVar(){
  3.        
  4.         global $var;
  5.        
  6.         $var=10;
  7.         printf('$var--->%d despois de ser modificada. Impreso dentro da función.<br/>',$var);  
  8.        
  9.     }
  10. ?>


  1. <?php
  2.     function modificarVar(){
  3.        
  4.         $GLOBALS['var']=10;
  5.         printf('$var--->%d despois de ser modificada. Impreso dentro da función.<br/>',$GLOBALS['var']);  
  6.        
  7.     }
  8. ?>
Nota: Fixarse que a variable $var dentro da función non existe. Se intentamos imprimila non terá valor asinado. Poderíamos traballar cunha variable $var dentro da función, pero sería diferente á $GLOBALS['var'].


Nos dous casos anteriores o resultado será isto:
  1. $var--->10 despois de ser modificada. Impreso dentro da función.
  2. $var--->10 despois de ser modificada.Impreso fora da función.



-- Ángel D. Fernández González -- (2016).