PHP Linguaxes de xeración de páxinas web dinámicas do lado de servidor

De MediaWiki
Saltar a: navegación, buscar

Introdución

  • As linguaxes de script no lado servidor son 'anacos' de código que se executan no computador onde está instalado o servidor web e que como resultado de dita execución poden xerar código HTML que se xunta ao código HTML da páxina para xerar un resultado que é o que o servidor web envía ao usuario e visualiza no seu navegador.
  • Algunhas linguaxes son interpretados e outras teñen unha compilación previa que mellora o seu rendemento.

ASP

Microsoft logo.svg.png


  • Exemplo de código:
  1. <html>
  2. <body>
  3. <% Response.Write ("Hola Mundo") %>
  4. </body>
  5. </html>


  • Características principais:
  • Tecnoloxía de Microsoft que se integra no seu servidor web Internet Information Server (IIS).
  • Linguaxe interpretado.
  • Existen 3 versións:
  • ASP 1.0 (distribuído con IIS 3.0)
  • ASP 2.0 (distribuído con IIS 4.0)
  • ASP 3.0 (distribuído con IIS 5.0)
  • ASP.NET (parte da plataforma .NET de Microsoft), esta versión é totalmente diferente e será analizada posteriormente.

JSP

Jsp.png


  • Exemplo de código:
  1. <%@ page language='java' contentType='text/html;charset=iso-8859-1'%>
  2. <%@ page import='java.util.Date' %>
  3. <html>
  4.   <head>
  5.     <title>Hola Mundo</title>
  6.   </head>
  7.   <body>
  8.     <p>Hola, esto es una página JSP.</p>
  9.     <p>La hora del servidor es <%= new Date() %></p>
  10.   </body>
  11. </html>
  • Características principais:
  • Utiliza linguaxe de programación Java.
  • Necesita un servidor web compatible con servlets. Isto é así xa que cando se invoca a un JSP 'tradúcese' a código servlet.
Un servlet é unha clase que se atopa no servidor web e permite xerar código HTML dinámico que será enviado a o cliente. Tamén poden usarse para ampliar as funcionalidades dun servidor web, como por exemplo pode ser chamado directamente e mandarlle datos para engadir unha nova fila a unha base de datos.
Exemplos de servidores web compatibles con servlet:
  • JSP realiza unha compilación previa como se fose unha clase Java. Posteriormente a máquina virtual de Java compilará a código máquina as partes que sexan requiridas polo usuario.
  • Ao estar previamente compilada, fai que o seu desempeño sexa mellor que outras tecnoloxías no que se interpreta o código (ASP e PHP)
  • Ao estar baseado en Java, podemos crear aplicacións cun único linguaxe e 'separar' por capas o desenvolvemento da mesma deixando a parte web a JSP.
  • Execútanse nunha Máquina Virtual de Java polo que vai poder ser executado en calquera máquina no que exista a máquina virtual.
  • Son persistentes no tempo, quere isto dicir, que cando se invocan quedan en memoria cargados ata a seguinte petición. Non é necesario volver a cargalos.

PHP

Php.png



  • Exemplo de código:
  1. <!DOCTYPE html>
  2. <html lang="es">
  3.     <head>
  4.         <meta charset="UTF-8" />
  5.         <title> Ejemplo básico PHP</title>
  6.     </head>
  7.     <body>
  8.         <?php
  9.            echo 'Hola mundo';
  10.        ?>
  11.     </body>
  12. </html>


  • Características principais:
  • Linguaxe de programación de propósito xeral.
Aínda que maioritariamente se use para xerar páxinas web dinámicas e acceso a base de datos, pode utilizarse para xerar outro tipo de aplicacións, como xeradores de scripts,...Agora se pode 'executar' unha páxina php dende o propio equipo sen necesidade de usar un servidor web.
  • O código é interpretado. Necesita ter instalado un módulo PHP que 'procese' a parte de código php e xere un resultado.
  • Practicamente todos os S.O. teñen soporte para instalar un servidor web con PHP.
Temos 'paquetes' de software no que xa veñen integrado o servidor web, soporte para php e servidor mysql de base de datos. O máis coñecido é XAMPP (Lampp é a versión para Linux).
Podedes descargar ditos paquetes e outros no seguinte enlace.
  • PHP considérase unha das linguaxes más flexibles e potentes.

ASP.NET

Aspnet.jpg


  • Quixen poñer esta tecnoloxía separadamente.
  • As tecnoloxías anteriores se basean en 'inserir' código que se executa dentro da páxina web xerando código HTML que se integra có orixinal.
  • ASP.NET ten un concepto revolucionario que consiste en programar como se estivéramos programando unha aplicación de escritorio.
  • Os controis de servidor que posúe permite arrastralos graficamente á páxina web e programalos por eventos accedendo a uns métodos que se van executar cando se produza o evento correspondente.
  • Fai unha programación orientada a obxectos no que todos os elementos gráficos son referenciados como obxectos accedendo as súas propiedades ou chamando a os seus métodos.
  • Por outra banda posúe un conxunto de controis para o acceso a datos e controis para visualizar ditos datos (como GridView, ListView,...) que fan que teñamos uns resultados case inmediatos sendo moi doados de programar.



  • Exemplo de código:
Php linguaxes script 1.JPG
Exemplo de páxina web con dous controis de servidor: unha caixa de texto e un botón


Php linguaxes script 2.JPG
Código que se executa cando prememos sobre o botón


  • Características principais:
  • Desenvolvida por Microsoft para funcionar xunto có seu servidor web Internet Information Server.
  • Realiza unha compilación 'previa' antes de executar o código pasando o código fonte a Linguaxe intermedio de Microsoft (MSIL), de forma análoga ao como o fai Java con a súa máquina virtual.
  • Permite separar en arquivos diferentes o código de programación do código de visualización de compoñentes gráficos (modelo code-behind).
  • Utiliza controis de servidor que permiten unha programación clásica (como se fose unha aplicación de escritorio). Ditos controis xeran contido HTML que será o que lle chegue ao usuario.
  • Como base se sustenta no framework .Net. Conxunto de librerías que 'expoñen' tipos de datos e clases comúns a calquera linguaxe de programación .net. Desta forma tanto ten se programamos en C#.net, VB.Net, VC++.net. Cambiará o sintaxe pero as clases serán as mesmas.



-- Ángel D. Fernández González -- (2016).