PHP Paso de datos utilizando campos ocultos

De MediaWiki
Saltar a: navegación, buscar
  • A utilización de campos ocultos ten unha limitación xa que sempre será necesario enviar os datos dunha páxina á seguinte utilizando un formulario.
  • A idea é moi sinxela. Supón gardar a información que queremos que sexa persistente (é dicir, que se pase dunha páxina á seguinte) en campos ocultos da forma:
  1. <?php
  2. $datoAgardar='Angel';
  3. printf("<input type='hidden' value='%s' name='campoOcultoNome' />",$datoAgardar);
  4. ?>


  • Facelo desta forma leva consigo que sempre temos que ter un formulario e que calquera iteración do usuario que leve consigo cargar unha nova páxina, provocará o submit() do formulario ata esa nova páxina.


  • Normalmente esta técnica se utiliza cando temos unha recollida de datos dun usuario que require de varias páxinas e queremos ir gardando os datos ata chegar á páxina que vai procesar os datos recollidos.





-- Ángel D. Fernández González -- (2016).