PHP Requirimentos previos para acceso a datos

De MediaWiki
Saltar a: navegación, buscar
  • Para poder acceder a unha base de datos, temos que ter instalado previamente o xestor de base de datos.
  • Dito xestor non ten por que estar instalado no mesmo equipo onde está instalado o servidor web (aínda que normalmente sexa o caso).
  • Neste curso imos instalar o xestor de bases de datos Mysql.
  • Os pasos a seguir serán sempre os mesmos:
  • Instalación do xestor de bases de datos.
  • Creación dunha base de datos e das táboas/procedementos almacenados necesarios.
  • Creación dun usuario e asignación de permisos sobre as táboas/proc. almacenados.
Podedes seguir o proceso de instalación neste punto da wiki.
Indicar que durante o proceso de instalación ao usuario que vai ter acceso á base de datos dáselle todos os permisos. Veremos nun punto posterior a necesidade que dito usuario soamente teña os permisos mínimos necesarios para que a aplicación php funcione correctamente.






-- Ángel D. Fernández González -- (2016).