PHP Sintaxe

De MediaWiki
Saltar a: navegación, buscar

Sintaxe

  • As páxinas que creamos en php deben ter algunha destas extensións: .php, .phtml, .php3, .php4, .php5, .php7, .phps
  • Normalmente teremos de extensión .php


  • Para engadir código PHP a unha páxina temos que escribir estas etiquetas dentro do código da páxina:
  1. <?php
  2.  
  3. // CODIGO PHP
  4.  
  5. ?>


Nota: É posible poñer as etiquetas <?  ?> pero non recomendable. Para facelo teremos que modificar o arquivo php.ini como ven indicado neste enlace.


  • Se a páxina php soamente contén código php ou finaliza con código php, é preferible non engadir a etiqueta ?> ao final da páxina.
Por exemplo:
  1. <html>
  2. <head>
  3. </head>
  4. <body>
  5. <?php
  6.  
  7.   echo "ola";
  8.   echo "</body></html>";
Con isto evitamos engadir espazos en branco ou novas liñas non desexadas que poidan ir ao rematar o código php.


  • Calquera código que poñamos fora das etiquetas de inicio e fin do código PHP será ignorado polo intérprete de PHP e se tratará como código HTML.
Por exemplo:
  1. <html>
  2. <head>
  3. </head>
  4. <body>
  5. <?php
  6.  
  7.   echo "ola";
  8.  
  9. ?>
  10. <br/>
  11. <h1>Este é unha cabeceira en html </h1>
  12. </body>
  13. </html>


  • É posible ter varios bloques de código PHP dentro da mesma páxina,


  1. <html>
  2. <head>
  3. </head>
  4. <body>
  5. <?php
  6.   echo "ola";
  7. ?>
  8. <br/>
  9. <h1>Este é unha cabeceira en html </h1>
  10. <?php
  11.   echo "adeus";
  12. ?>
  13. </body>
  14. </html>
E incluso dentro de liñas HTML:
  1. <html>
  2.     <head>
  3.         <meta charset="UTF-8">
  4.         <title></title>
  5.     </head>
  6.     <body>
  7. <?php
  8.   echo "ola";
  9. ?>
  10.   <br/>
  11.   <h1>Este é unha cabeceira en html <?php echo "con php"; ?></h1>
  12.  
  13.     </body>
  14.    
  15. </html>


Nota: Notar que sempre debemos deixar a lo menos un espazo en branco entre <?php e o inicio de código....
  • En xeral, as liñas en PHP rematan con punto e coma.
  • Podemos engadir sangrías, retornos de carro,...que o intérprete non os terá en conta. Polo tanto podemos dar un formato lexible ao código PHP.

Exemplo de boa programación:

  1. <html>
  2.     <head>
  3.         <meta charset="UTF-8">
  4.         <title></title>
  5.     </head>
  6.     <body>
  7. <?php
  8.    
  9.     $valor = 6;
  10.    
  11.     if ($valor>5) {
  12.         echo "Valor vale máis de 5...";
  13.     }
  14.     else {
  15.         echo "Valor vale menos de 5...";
  16.     }
  17.  
  18. ?>
  19.     </body>    
  20. </html>

Exemplo de mala programación:

  1. <html>
  2.     <head>
  3.         <meta charset="UTF-8">
  4.         <title></title>
  5.     </head>
  6.     <body>
  7. <?php
  8.    
  9.     $valor = 6;
  10.    
  11. if ($valor>5) {
  12.              echo "Valor vale máis de 5...";
  13.  }
  14.    else {
  15.  echo "Valor vale menos de 5...";
  16.       }
  17.  
  18. ?>
  19.     </body>    
  20. </html>


  • É importante ter en conta que se a páxina web cumpre un determinado estándar debemos asegurarnos que o código HTML que xeran as liñas PHP tamén deben cumprilo.
Un sitio para validar páxinas web: https://validator.w3.org/#validate_by_uri+with_options
Por exemplo:
  1. <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD XHTML 1.0 Transitional//EN"
  2.     "http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-transitional.dtd">
  3. <html xmlns="http://www.w3.org/1999/xhtml" lang="es" xml:lang="es">
  4.     <head>
  5.         <meta charset="UTF-8">
  6.         <title></title>
  7.     </head>
  8.     <body>
  9. <?php
  10.    
  11.     echo "<h1 id=cabecera>Isto é unha cabeceira h1</h1>"
  12.  
  13. ?>
  14.     </body>    
  15. </html>


Este código produce esta saída HTML:
  1. <html xmlns="http://www.w3.org/1999/xhtml" lang="es" xml:lang="es">
  2.     <head>
  3.         <title></title>
  4.     </head>
  5.     <body>
  6.        <h1 id=cabeceira>Isto é unha cabeceira h1</h1>
  7.     </body>    
  8. </html>


Se levamos este código á páxina de validación veremos que non cumpre o stándard XHTML, xa que o id da etiqueta h1 non está entrecomillado.

Comentarios

  • Podemos poñer comentarios de liña ou comentarios de bloque.
  • En PHP é moi importante (como en todas as linguaxes de programación) comentar adecuadamente as variables e os bloques de código para ter un adecuado mantemento posterior.
Exemplo de código:
  1. <?php  
  2.     $var = "Isto é unha variable de cadea"; // Isto é unha variable de cadea
  3.  
  4.     /* Imos imprimir o valor dunha variable
  5.        O facemos para probar como vai :)
  6.      */
  7.     echo $var;
  8. ?>


Máis información no seguinte enlace: http://php.net/manual/es/language.basic-syntax.comments.php




-- Ángel D. Fernández González -- (2016).