Paradigmas de programación

De MediaWiki
Saltar a: navegación, buscar

Por que hai tantas linguaxes de programación?

As linguaxes de programación teñen todas un propósito básico, facilitar aos humanos xeitos complexos de expresión que permitan detallar instruccións para un ordenador sen necesidade de utilizar código máquina. Nese sentido todas elas son equivalentes e todas son sistemas Turing completo.

Pero se a un nivel fundamental todas as linguaxes son iguais, na superficie varían enormemente. E esta variedadade é a que os programadores ven e aproveitan en funcións dos seus obxectivos. Por exemplo, Ruby ou JavaScript utilízanse para construír aplicacións web; Java e C++ úsanse para todo tipo de aplicacións empresariais; Python ou R son ferramentas axeitadas para a análise estatística.

Unha linguaxe de programación é a forma en que os humanos trasladan as súas ideas a un ordenador e probablemente cada programador sentirase máis cómodo cun xeito diferente de facelo. Algúns preferirán a flexibilidade de Ruby ou JavaScript e outros as formas de expresión máis estrictas de Java. Evidentemente, o feito de que unha linguaxe teña certas características positivas significa que terá que facer algún sacrificio nalgunha outra área.