Diferencia entre revisiones de «Teoría sobre interconexión de redes»
| Línea 89: | Línea 89: | ||
== Filtraxe do tráfico entre redes == | == Filtraxe do tráfico entre redes == | ||
| − | + | ||
| + | Os novos routers teñen capacidade de devesa de portos (L4), IP (L3) ou incluso direccions MAC (L2). | ||
== Reenvío de portos (''port forwarding'') == | == Reenvío de portos (''port forwarding'') == | ||
Revisión del 10:56 6 abr 2021
Sumario
Consideracións pedagóxicas
- No módulo Servizos en rede do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes
- No "BC8. Interconexión de redes"
- Pasarelas a nivel de aplicació. Almacenaxe en memoria caché.
- Encamiñamento de tráfico entre interfaces de rede
- Devasas (firewlls). Filtraxe do tráfico entre redes
- Reenvío de portos
- No "BC8. Interconexión de redes"
- No módulo Servizos en rede do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes
- No "BC3. Interconexión de equipamentos en redes locais"
- Adaptadores para redes con cables
- Dispositivos de interconexión de redes
- Adaptadores para redes sen fíos
- Dispositivos de interconexión de redes sen fíos
- Redes mixtas
- No "BC4. Instalación e configuración dos equipamentos de rede"
- Configuración dos adaptadores de rede en sistemas operativos libres e propietarios
- Configuración básica dos dispositivos de interconexión de redes con cables
- Configuración básica dos dispositivos de interconexión de redes sen fíos
- No "BC3. Interconexión de equipamentos en redes locais"
Pasarelas a nivel de aplicación
A pasarela ou porta de enlace (gateway) é un dispositivo, un computador o un programa que permite interconectar redes con protocolos e/o arquitecturas diferentes a todos os niveis de comunicación. É habitual a súa utilización para conectar redes LAN a redes WAN (internet).
As pasarelas software a nivel aplicación son máis coñecidas coma proxy (tamén chamados servidores intermediarios). A súa utilidade máxima é centralizar as conexións dunha rede:
- cando so existe un único equipo ou router con conexión a internet
- para forzar a todos os equipos a pasar por un servidor seguro (con SSL, antivirus, devesa, rexistros ou log de sucesos e toda medida de seguridade necesaria)
- para aproveitar unha conexión proxy cache e así facer máis eficaz o uso de ancho de banda de varios equipos
- para pasar por un único porto aberto
- para evitar conexións a determinadas DNS, IP, páxinas web, etc. ou facer calquer outro filtrado de paquetes
O servidor proxy máis popular é Squid
Almacenaxe en memoria caché
Encamiñamento de tráfico entre interfaces de rede
Devesas (firewalls)
Unha devesa (cortafuegos ou firewall) é unha parte dun sistema ou red deseñado para bloquear o acceso non autorizado. Se
Trata dunha aplicación, parte dun sistema operativo, dispositivo hardware, ou unha combinación dos anteriores, configurados para filtrar, permitir, limitar ou cifrar o tráfico entre interfaces, terminais e redes en base a unhas normas e criterios (IP, DNS, paquetes, puertos, aplicaciones, procesos, etc.). Son imprescindibles nas empresas onde é habitual conectar á devesa unha terceria rede, coñecida coma zona desmilitarizada o DMZ (DeMilitarized Zone). Nela ubicanse os servidores accesibles desde o exterior, quedando a LAN protexida, pero con funcionalidade de intranet ou extranet.
As normas da devesa comunmente agrupanse en dúas políticas básicas de configuración:
Política restrictiva denegase todo o tráfico excepto o explícitamente permitido; debemos ir habilitando os servizos necesarios. Esta é a política máis aconsellable por ser preventiva.
Política permisiva Permítese todo o tráfico excepto o explícitamente denegado. Este método é correctivo e precisa dunha continua "educación" ou reconfiguración.
Posibilidades
Servidor proxy
É normal nas empresas usar un servidor proxy devesa (Squid).
Devesas integradas
Windows ten unha devesa integrada desde a súa versión XP (Firewall ou Defender de Windows). Hai outras opcións:
- ZoneAlarm
- Ashampoo
- Comodo
- Sunbeit Personal
- Agnitum Outpost
- Sygate
- PC Tools
Outra alternativa son as suites de seguridade (Internet Security) que conteñen antivirus, devesa, antiespías, antimalware, antispam, antifraude, antimarcadores, escaneadores de portos, etc., coma son as dos segintes proveedores:
- Panda
- Norton
- Karpesky
- Bitdefender
O seu inconvinte e que ralentizan o funcionamento dos equipos para acadar a súa función.
Para Linux existen:
- Port Scan Attack Detector
- Bastion
- Firestarter
En todo caso quizais a mellor opción sexa a que leva integrada Linux (iptables, netfilter), xa que posiblemente é o mellor filtro de red para DMZ; e realmente a maioría de devesas de Linux son entornos gráficos de manipulación de iptables.
IMPORTANTE. As devesas, do mesmo modo que os antivirus, non deben instalarse a pares, porque posiblemente se bloqueen entre eles e penalicen moito máis o rendemento da máquina.
Como dicíamos, unha devesa en cada equipo é unha solución que ralentiza en exceso, sin contar co coste de licenzas; por iso unha boa solución sería instalar devesas en servidores proxy de acceso a internet ou configuralos nos propios puntos de acceso ou enrutadores.
Filtraxe do tráfico entre redes
Os novos routers teñen capacidade de devesa de portos (L4), IP (L3) ou incluso direccions MAC (L2).
Reenvío de portos (port forwarding)
O reenvío de portos (port forwarding) ou redireccionamiento de tráfico é unha técnica necesaria se usamos proxy ou servidor NAT para que accedan desde fóra equipos da rede. É unha forma de traducir os enderezos de paquetes entrantes.
O reenvío de portos fai posible que queden abertos; mais non debemos deixar abeertos estos buratos da devesa a non ser que sexa estrictamente necesario. O ideal e habitual é que os servidores estén nunha terceira rede coñecida coma DMZ.
Unha forma moi habitual de facer este redireccionamente é mediante iptables; ou máis recentemente con nftables, o proxecto que o vai sustituir.
Tarefas
Ampliación
Referencias
- Teoría do CIFP de aprendizaxes virtuais e dixitalizados]
- Servicios en red. Editorial Mc Graw Hill
- Servicios en red. Editorial Editex