Diferencia entre revisiones de «Teoría sobre Elaboración de diagramas de comportamento»

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Línea 33: Línea 33:
 
A diferenza doutros diagramas que soen empregarse para funcións moi concretas, os '''diagramas de actividades son mais versátiles e poden empregarse para distintas tarefas dentro do proceso de análise e deseño''' dun proxecto e a distinto nivel de detalle.  
 
A diferenza doutros diagramas que soen empregarse para funcións moi concretas, os '''diagramas de actividades son mais versátiles e poden empregarse para distintas tarefas dentro do proceso de análise e deseño''' dun proxecto e a distinto nivel de detalle.  
  
−
Por exemplo para:
+
Por exemplo para describir:
−
* '''describir un proceso de negocio ou un fluxo de traballo''' entre os usuarios e o sistema.  
+
* '''un proceso de negocio ou un fluxo de traballo''' entre os usuarios e o sistema.  
−
* '''describir os pasos que se levan a cabo nun caso de uso'''.  
+
* '''os pasos que se levan a cabo nun caso de uso'''.  
−
* '''describir un método, unha función ou unha operación''' de software.
+
* '''un método, unha función ou unha operación''' de software.
  
 
En todos estes casos, debuxar un diagrama de actividades pode axudar a mellorar o proceso que se está representado. Se o diagrama de actividade do proceso resulta ser moi complexo, pódense buscar posibilidades para simplificalo.
 
En todos estes casos, debuxar un diagrama de actividades pode axudar a mellorar o proceso que se está representado. Se o diagrama de actividade do proceso resulta ser moi complexo, pódense buscar posibilidades para simplificalo.

Revisión del 17:47 27 abr 2021

Obxectivos

Vimos que os diagramas de clases representan o modelo dun sistema, os distintos obxectos que o compoñen, cómo están relacionados uns cos outros, as xerarquías ou taxonomías existentes entre eles e tanto o estado coma o seu comportamento. É unha visión estática do sistema.

Nesta sección:

  • Aprederemos a traballar con diagramas de casos de uso, de secuencia, de estados, etc.
  • Permitiranos ver vai a interactuar o sistema co usuario, cal é a secuencia de eeecución, cómo se relacionan os obxectos, en qué orden van a executarse os seus métodos, o ciclo de vida dos obxetos, etc.
    • isto é a parte dinámica que vai ser necesaria para o programador

Introducción

Tipos de diagramas de comportamento: campo de aplicación

Diagramas de casos de uso: actores, escenario e relación de comunicación

Diagramas de interacción: tipos (diagramas de secuencia e de comunicación)

Diagramas de secuencia

Diagramas de colaboración

Lembra. Os diagramas de secuencia e os diagramas de colaboración son equivalentes; amosan a mesma información pero de xeito distinto
Un diagrama de secuencia pode convertirse nun de colaboración e viceversa.

Diagramas de comunicación

Diagramas de actividades

Os diagramas de actividades son unha variante dos diagramas de estados nos que os estados representan a execución de actividades ou accións e as transaccións só se disparan cando se finaliza a execución das actividades ou accións.

Cando se empeza a traballar con este tipo de diagramas non sempre resulta doado diferenciar un estado dunha actividade. Os estados son xeralmente atómicos (non se poden dividir) e pásase dun estado a outro cando se produce algún evento. As actividades, por contra, non son atómicas (poden dividirse noutras actividades ou accións) e xeralmente pásase dunha a outra cando a actividade termina.

Facendo un símil coas persoas, un estado podería ser triste, e non o podemos dividir en estados mais sinxelos, e normalmente só poderemos cambiar de estado - a contento por exemplo - cando suceda algún evento, por exemplo recibir unha boa noticia. Pola contra, un exemplo de actividade podería ser facer a colada, que podemos dividir en actividades ou accións mais sinxelas (seleccionar roupa, metela na lavadora, poñer a lavadora, etc) e, normalmente cambiaremos a outra actividade, facer a comida por exemplo, cando terminemos a primeira.

A diferenza doutros diagramas que soen empregarse para funcións moi concretas, os diagramas de actividades son mais versátiles e poden empregarse para distintas tarefas dentro do proceso de análise e deseño dun proxecto e a distinto nivel de detalle.

Por exemplo para describir:

  • un proceso de negocio ou un fluxo de traballo entre os usuarios e o sistema.
  • os pasos que se levan a cabo nun caso de uso.
  • un método, unha función ou unha operación de software.

En todos estes casos, debuxar un diagrama de actividades pode axudar a mellorar o proceso que se está representado. Se o diagrama de actividade do proceso resulta ser moi complexo, pódense buscar posibilidades para simplificalo.

Elementos

Os diagramas de actividade poden incluír os seguintes elementos:

  • Actividade/Acción. Identificase cun paso ou conxunto de pasos na execución do proceso que se estea representando. A diferenza entre actividades e accións é que as primeiras poden ser subdivididas en outras actividades ou accións e as segundas non (considéranse atómicas, e dicir, indivisibles).
    Represéntanse mediante un rectángulo cos bordos redondeados. Dentro poñerase o nome da actividade ou acción aínda que tamén pode aparecer unha expresión que a identifique.

Algunhas veces as accións represéntanse cunha figura en forma de píldora ou cápsula para diferencialas das actividades.

  • Transición ou fluxo. Determina a actividade que vai a continuación de outra. Representase cunha frecha entre unha actividade e outra.
  • Bifurcación. Marca a existencia de fluxos alternativos. En cada fluxo de saída indícase unha condición de garda.
    Represéntase cun rombo que ten unha transición de entrada e 2 ou máis de saída.
    As bifurcacións poden fusionarse despois nun único fluxo. Isto pode vir representado de varias formas:
  • Divisións e unións. Utilízanse para representar estados que se poden realizar en paralelo. Graficamente represéntanse cunha barra de sincronización que é unha liña ancha horizontal ou vertical.
  • Particións. Pódense facer particións nun diagrama de actividades para identificar as accións que teñen algunha característica en común. Por exemplo que se levan a cabo por un mesmo actor:

Recomendacións

  1. Tendo en conta que os diagramas de actividade soen estar asociados a unha clase, a unha operación ou a un caso de uso, débese seleccionar correctamente a operación que será representada; recoméndase seleccionar operacións importantes que poidan ser custosas repetitivas e que causen dificultades no proceso.
  2. É preciso determinar onde empeza e onde remata o ciclo que se quere representar.
  3. Convén observar varias veces a operación, para dividila nos seus elementos e identificalos claramente.
  4. Finalmente, cos datos anteriores e seguindo a secuencia de elementos, constrúese o diagrama.

Exemplos

Extracción de cartos nun caixeiro automático

Extracción de cartos nun caixeiro automático

Venta de gando

Venta de gando

Diagramas de estados

Resumo

  • Pode especificarse cómo o usuario vai a interactuar co sistema mediante os diagramas de casos de uso.
  • O caso de uso é a funcionalidade do sistema.
  • Un actor é unha persona ou rol que utiliza o sistema.
  • Os casos de uso documéntanse na fase de análise. Esta documentación inclúe os actores, as condicións previas ou precondicións e os fluxos de execución.
  • Existen tres tipos de relacións:
    • Include ou inclusión. Utilízase cando un caso dentro dun diagrama necesita a funcionalidade doutro.
    • Extends ou extensión. Situación na que se ten un caso de uso similar a outro pero que fai algo máis.
    • Xeneralización. Identificanse elementos comúns e crease unha xerarquía.
  • Os diagramas de secuencia
    • permiten engadir unha característica fundamental a análise coma é o tempo.
    • extraense do diagrama de clases e do diagrama de casos de uso.
  • Existen tres tipos de mensaxes:
    • Simples.
    • Sincrónicos.
    • Asincrónicos.
  • É posible representar recursividade nos diagramas de secuencia.
  • Os diagramas de colaboración amosan:
    • cómo os distintos obxectos dun sistema interaccionan uns cos outros
    • qué mensaxes se envían
  • cómo interactúan tendo en conta a orde
  • Os diagramas de secuencia e diagramas de colaboración son equivalentes
    • amosan a mesma información, pero de xeito distinto.
    • un diagrama de secuencia puede convertirse en un de colaboración e viceversa.
  • Os diagramas de estado permiten representar os distintos estados polos que pasa un obxecto.
  • Os iconos de estado igual que as clases adoitanter a seguinte información:
    • O nome do estado.
    • As variables de estado.
    • As actividades
  • Existen estados en reposo ou standby do mesmo xeito que subestados.
  • Os diagramas de actividades son moi parecidos ós diagramas de fluxo e se crean para coñecer dunha maneira esquemática o que un proceso fai.
  • É posible expresar a concurrencia nun diagrama de actividades.

Bibliografía

Referencias

Casos de uso

Interacción

Comunicación

Actividades

Estado