Diferencia entre revisiones de «DRUPAL Instalación Exercicios»

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Línea 97: Línea 97:
 
:* O segundo teredes que ir a opción '''Administrar''' => '''Configuración''' => '''Formato e editores de Texto''':
 
:* O segundo teredes que ir a opción '''Administrar''' => '''Configuración''' => '''Formato e editores de Texto''':
 
[[Imagen:Drupal_instalacion_exercicios_2.jpg|400px|center]]
 
[[Imagen:Drupal_instalacion_exercicios_2.jpg|400px|center]]
 +
<br/>
 
[[Imagen:Drupal_instalacion_exercicios_3.jpg|400px|center]]
 
[[Imagen:Drupal_instalacion_exercicios_3.jpg|400px|center]]
 
<center><small>Eliminar etiqueta img</small></center>
 
<center><small>Eliminar etiqueta img</small></center>

Revisión del 01:16 5 sep 2016

Exercicio 1: Ataque por URL


Escenario de proba de ataque

  • Previamente (antes de implantar a solución) ides simular un 'ataque' dos indicados na web de drupal. debido a esta falta de seguridade.
  • Para iso teredes que instalar un módulo de configuración de correo electrónico. Podedes atopar dito módulo en: https://www.drupal.org/project/smtp .
Lembrade descargar a versión correspondente ao voso módulo de Drupal.

Instalando o módulo SMTP

Un módulo amplía as funcionalidades de Drupal. Xa se explicará en profundidade posteriormente.


Probando o ataque

Nota: Como estamos a probar o drupal de forma 'local' non temos unha dirección en Internet, polo que todos os dominio da proba apuntarán a localhost: 127.0.0.1

  • Para isto partimos da seguinte situación:
  • Supoñemos que o noso sitio ten como nome www.meusitio.es e accedemos a drupal coa seguinte URL: http://www.meusitio.es/drupal
  • Supoñamos que somos un atacante que ten un dominio de nome: www.meusitio_.es.
O que pretende o atacante é que lle chegue un correo para que resetee a password a un usuario do dominio orixinal.
Para iso o atacante ten que modificar o arquivo /etc/hosts.
1 127.0.0.1    www.meusitio.es
2 127.0.0.1    www.meusitio_.es


Drupal instalacion 23.jpg
  • Neste intre o atacante probará a poñer nome de usuarios típicos. No noso caso poñeremos o usuario creado: drupal.
Nota: Se o usuario Drupal non ten unha dirección de correo válida teredes que editalo previamente e cambiala por unha vosa. Isto se fai no menú Administrar => Usuarios.
  • Nuns minutos chegará ao correo electrónico do usuario un enlace para restablecer a súa contrasinal, pero fixarse como a URL non é a do seu sitio.
Drupal instalacion 24.jpg


Solución

  • Temos que modificar o arquivo settings.php que se atopa no cartafol /drupal/sites/default/ e engadir ao final de todo as seguintes liñas:
1 $settings['trusted_host_patterns'] = array(
2   '^www\.meusitio\.com$',
3 );
  • No caso de traballar localmente podemos poñer:
1 $settings['trusted_host_patterns'] = array(
2   '^localhost$',
3 );


Exercicios propostos

  • No punto de 'Escenario de proba de ataque' se comenta a posibilidade de instalar un módulo utilizando un servidor ftp local. Intenta configurar un e instala un módulo utilizando dita opción.


Exercicio 2: Instalación dun módulo para comprobar os permisos dos cartafoles

  • Despois de ler o punto indicado na Wiki deberedes de instalar, activar e executar algún módulo que verifique o estado dos permisos nos cartafoles de Drupal. Podedes utilizar algún dos indicados no punto anterior ou outro que poidades atopar.
  • Se instalades este módulo vos dará dous erros:
Drupal instalacion exercicios 1.jpg
  • O primeiro erro é debido aos permisos de escritura que ten o dono (www-data) en todos os cartafoles. Podedes quitalo.
  • O segundo teredes que ir a opción Administrar => Configuración => Formato e editores de Texto:
Drupal instalacion exercicios 2.jpg


Drupal instalacion exercicios 3.jpg
Eliminar etiqueta img

Exercicio 3: Copia de seguridade


Exercicio 4: Restaurar copia de seguridade

  • Eliminar a táboa Users da base de datos Mysql asociada ao Drupal.
  • Comprobar que non podedes entrar no Drupal
  • Restaurar o Drupal á versión anterior, utilizando a copia de seguridade anterior.

Exercicio Proposto

  • Utilizando a copia de seguridade anterior fai o necesario para ter outro sitio Drupal configurado e que teña outra base de datos e outro usuario e password pero tendo os mesmos datos que os da copia de seguridade.