Diferencia entre revisiones de «Xeración de servizos en rede con Java»

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
(Página creada con «= Clases de Java para comunicacións en rede = Na unidade didáctica anterior víronse clases de baixo nivel do paquete java.net da biblioteca estándar de clases de Java c…»)
 
Línea 22: Línea 22:
 
  commons-net-x.y-bin.tar.gz
 
  commons-net-x.y-bin.tar.gz
 
  x.y é a versión  
 
  x.y é a versión  
−
+
 
 
Este ficheiro comprimido contén varios ficheiros jar que a súa vez conteñen a biblioteca de clases, e os seus javadocs nun directorio api-docs.
 
Este ficheiro comprimido contén varios ficheiros jar que a súa vez conteñen a biblioteca de clases, e os seus javadocs nun directorio api-docs.
  

Revisión del 12:44 24 sep 2021

Clases de Java para comunicacións en rede

Na unidade didáctica anterior víronse clases de baixo nivel do paquete java.net da biblioteca estándar de clases de Java coas que se poden desenvolver aplicacións de cliente e de servidor de nivel de aplicación sobre os protocolos de nivel de transporte UDP e TCP.

Pódense utilizar estas clases para desenolver aplicacións de cliente para protocolos estándares de red tales coma FTP, POP3, etc; mais isto require dun conñecemento detallado do protocolo e ocuparse dos detalles do seu funcionamento interno. Para a maioría das aplicacións é suficiente (e resulta máis sinxelo) utilizar API ou bibliotecas de clases específicas para estes protocolos. Así pois veremos as API disponibles para os diferentes protocolos.

Clases de alto nivel del paquete estándar java.net

Ademáis das clases de baixo nivel, o paquete java.net da biblioteca estándar de clases de Java proporciona clases de alto nivel para protocolos estándares de nivel de aplicación.

Estas clases de alto nivel están baseadas na abstracción das URI ou URL, que designan e proporcionan acceso a unha grande variedade de recursos accesibles mediante diversos protocolos, coma por exemplo HTTP e FTP. O concepto de URL resulta familiar para calquiera que navegue por internet. As seguintes URL permiten obter un mesmo ficheiro de dous servidores diferentes e mediante dous protocolos diferentes (HTTP e FTP); basta con introducilas na barra de enderezos dun navegador web para iniciar a súa descarga:

NOTA. Nas últimas versións dos navegadores xa non é posible acceder mediante o protocolo FTP, por considerarse un protocolo inseguro. De momento aínda permiten o seu uso facendo [1] cambios na configuración por defecto, pero é posible que en pouco tempo xa non sexa posible acceder a sitios FTP mediante o protocolo FTP dende o navegador. A solución pasará por usar un cliente FTP... ou utilizar protocolos máis seguros para a transferencia de ficheiros, coma pode ser scp.

Os recursos son secuencias de bytes e as clases da biblioteca estándar de clases de Java permiten designalos mediante unha URL. As clases de alto nivel de java.net permiten obter un InputStream para ler os contidos dun recurso designado mediante unha URL. Estas clases proporcionan un acceso sinxelo ós recursos de xeito uniforme e independente do protocolo.

Con todo, a funcionalidade destes protocolos vai máis alá do que ofrecen estas clases; para algunhas aplicacións pode ser necesario utilizar funcionalidades adicionais destes protocolos, e existen clases que o permiten.

Apache Commons Net

A biblioteca de clases Apache Commons Net inclúe clases de alto nivel clientes dos protocolos de rede estándares máis importantes.

A biblioteca de clases, a documentación y o código fonte están disponibles no ficheiro

commons-net-x.y-bin.tar.gz
x.y é a versión 

Este ficheiro comprimido contén varios ficheiros jar que a súa vez conteñen a biblioteca de clases, e os seus javadocs nun directorio api-docs.

Principales clases clientes de protocolos de Apache Commons Net

A xerarquía para as principais clases de Apache Commons Net clientes de protocolos son:

SocketClient
 +----- TelnetClient
 +----- FTP
 +        \----- FTPClient
 +                 \----- FTPSClient
 +----- TFTP
 +        \----- TFTPClient
 +----- POP3
 +        \----- POP3Client
 +                 \----- POP3SClient
 +----- SMTP
 +        \----- SMTPClient
 +                 \----- SMTPSClient
 +                          \----- AuthenticatingSMTPClient 
 +----- IMAP
 +        \----- IMAPClient
 +                 \----- IMAPSClient
 +                          \----- AuthenticatingIMAPClient 
 +----- DaytimeTCPClient
 \----- TimeTCPClient
DatagramSocketClient
 +----- NTPUDPClient
 +----- DayTimeUDPClient
 \----- TimeUDPClient

Créditos e referencias

Apache Commons