Diferencia entre revisiones de «Acceso a datos externos»
| Línea 45: | Línea 45: | ||
[[File:clientes_delimitados_por_punto_e_coma.PNG|Ficheiro de texto clientes.txt delimitado por punto e coma]] | [[File:clientes_delimitados_por_punto_e_coma.PNG|Ficheiro de texto clientes.txt delimitado por punto e coma]] | ||
| + | |||
| + | Outra opción é que estén delimitados por unha anchura fixa: | ||
| + | |||
| + | [[File:clientes_delimitados_por_ancho_fixo.PNG|Ficheiro de texto clientes.txt delimitado por anchura fixa]] | ||
| + | |||
| + | Desde a lista '''Delimitador''' e onde se pode indicar cal é. Excel intentará seleccionar o delimitador máis axeitado pero pode ser cambiado. | ||
| + | |||
| + | [[File:escoller_delimitador.PNG|Posibilidade de escoller delimitador]] | ||
| + | |||
= Bases de datos de access = | = Bases de datos de access = | ||
Revisión del 13:49 29 may 2022
Sumario
Introdución
Explicarase como traballar desde a folla de cálculo Excel con datos externos a un libro de Excel con datos creados con outras aplicaciñons distintas (bases de datos, etc.). Tamén se estudia o modo de acceder a datos que proveñan de ficheiros de texto, de bases de datos de Access ou de páxinas de Internet.
Excel permite acceder a un gran número de formatos de datos distintos. Cando accedemos e traballamos cos datos desde Excel podemos facer uso de todas as súas características para obter máis información destes datos: facer cálculos, amosar información nun gráfico, filtrar os datos, etc.
Acceso a ficheiros de texto
Os ficheiros de texto son un medio de compartir información moi empregado entre aplicacións informáticas e entre usuarios, xa que son ficheiros que se poden ler desde varios programas.
Excel permite acceder os datos almacenados en ficheiros de texto dun xeito moi sinxelo; pero a información que hai nestes ficheiros deberá estar delimitada dalgunha forma para que teña sentido na folla de cálculo.
No grupo de comandos Obtener y transformar datos dispoñemos de varias opcións para traballar con datos externos, importándoos desde distintas fontes.
Desde o desplegable de Obtener datos podes ver todas as opcións disponibles para a obtención de datos externos:
- desde outro libro de Excel
- desde un ficheiro de texto
- desde un ficheiro XML
- desde unha base de datos de Access ou de SQL Server
- desde a web
- desde unha fonte ODBC ou OLEDB
- ...
Neste apartado estamos tratando as opcións para acceso a ficheiros de texto:
A continuación indicaremos a orixe dos datos (o ficheiro de texto o que imos acceder para obter os datos).
Por exemplo, poderiamos importar un ficheiro clientes.txt:
Desde as opcións desta fiestra indicaremos como debe importarse a información almacenada no ficheiro de texto. O máis importante neste caso é que a información do ficheiro de texto esté delimitada dalgun xeito (o máis habitual é o uso de coma, ou de punto e coma), para que Excel poida situala en distintas columnas da folla de cálculo.
No exemplo amosado están delimitados por ; coma se pode ver no ficheiro de texto:
Outra opción é que estén delimitados por unha anchura fixa:
Desde a lista Delimitador e onde se pode indicar cal é. Excel intentará seleccionar o delimitador máis axeitado pero pode ser cambiado.
