Diferencia entre revisiones de «Formularios»

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Línea 87: Línea 87:
 
Repetiremos con outro grupo de botóns Temporada:
 
Repetiremos con outro grupo de botóns Temporada:
  
−
[[File: grupo_botóns_temporada.PNG | Grupo de botóns Temporada]]
+
[[File: grupo_botons_temporada.PNG | Grupo de botóns Temporada]]
  
 
  '''IMPORTANTE'''
 
  '''IMPORTANTE'''

Revisión del 17:45 31 may 2022

Crearemos formularios en follas de cálculo de Excel, revisando os distintos tipos de controis, as súas características e cómo se pode utilizar a información indicada nestes controis para realizar distintas accións en outras celdas da folla, a través de fórmulas e funcións.

Elementos de formularios

Excel pode amosar os datos dunha lista a través dun formulario de datos.

Este formulario de datos é un cadro de diálogo onde cada columna da lista é tratada coma un campo mentres que cada unha das filas é coma un rexistro.

Para amosar unha lista de datos coma un formulario, utiliza o botón formulario (que debe ser engadido á barra de ferramentas se o precisas).

Lembra
Xa vimos como amosar a lapela Programador (requirida para traballar con Formularios).
Se esqeciches cómo facelo podes consultar a documentación oficial.

A través do formulario de datos que aparecerá ó pulsar o botón formulario podemos desplzarnos entre os distintos elementos da lista, engadir ou cambiar datos e tamén eliminar unha fila da lista; e ata indicar algún criterio de busca para atopar un rexistro en concreto. Ademáis deste formulario integrado, tamén podes crear os teus propios formularios nunha folla de cálculo de xeito que podas utilizalos para realizar algunhas accións.

Estes formularios poderán incluir varios elementos:

  • listas despregables
  • casillas de verificación
  • barras de desprazamento
  • ...

Poderemos deseñalos como desexemos para adaptalos de xeito que os usuarios da folla de cálculo os poidan utilizar para cumprimentar os datos ou obter certos resultados.

Por exemplo, poderíamos crear un formulario en Excel que tivera o aspecto e actuara coma un cadro de diálogo. Os usuarios da folla poderían introducir ou seleccionar certos datos desde este formulario e obterían outros valores en función da información introducida.

Para ver o xeito de crear formularios e facer que actúen dun xeito determinado utilizaremos esta folla de cálculo. O usuario da folla introducirá varias opcións (destino, persoas, tempada, etc.) e con iso calculara o prezo dos billetes de avión.

Folla de cálculo de exemplo para uso de formularios

Na folla de Precios temos a información que precisamos para calcular os prezos dos billetes de avión:

Folla de cálculo de exemplo con información do prezo dos billetes

Na lista da esquerda podes ver os precios base dun billete segundo o destino elixido; mentras que, na parte dereita da folla, amósanse os incrementos ou descontos que teremos que facer.

Na folla de Billetes crearemos o formulario que itilizarán os usuarios.

Grupo de opcións Controles da lapela programador para traballar con formularios

Premeremos no botón Insertar, e amosaranse os controis que podemos engadir a un formulario:

Posibles controis a engadir no formulario

Control
Nun formulario, obxecto da interfaz gráfica que pode utilizar o usuario para introducir datos ou opcións, seleccionar unha opción ou ler un dato (por exemplo, cadros despregables, botóns de opción, etc.).

Para engadir un control faremos clic no botón correspondente do menú deste botón e pulsaremos na posición da folla de cálculo onda desexamos inserilo; tamén e posible pulsar e arrastrar na folla de cálculo de xeito que se creará o control co tamaño que indiquemos ó arrastrar.

Engadimos un control na folla que nos servirá paara seleccionar o destino do vo utilizando un cadro combinado. Este control ten unha lista despregable desde a que poderemos seleccionar o elemento que aparecerá no cadro de texto. Unha vez temos o control na folla de cálculo temos que estableces as súas Propiedades.

campos da lapela Control tras premer no botón Propiedades

Os campos que aparecen nesta lapela Control do cadro de propiedades están en función do tipo de control de que se trate; con eles poderás indicar certas características sobre o seu funcionamento ou a súa relacion con celdas da folla.

Para o tipo de control amosado:

  • Rango de entrada indicará o rango de celdas que terán os valores que se amosarán na lista despregable. Neste caso temos que amosar os destinos disponibles do vo que estan na folla Precios (Precios!$A$5:$A$14).
  • Vincultar con la celda devolve na celda indicada un valor segundo o que teñamos seleccionado ou indicado no control. Por exemplo nesta caso a celda indicada en Vincular con la celda amosará un número que será o índice do elemento selecciona na lista despregable de control. Así se seleccionamos o primeiro elemento, na celda amosarase un 1; no segundo un 2, e así sucesivamente. Logo poderemos utilizar este número nunha fórmula doutra celda para realizarmos os cálculos desexados. Escribiremos F3 como a celda a vincular co control.
  • Lineas de unión verticales indica o número de liñas que se amosarán na lista despregable á vez. Se hai máis elementos que amosar, aparecerá unha barra de desprazamento vertical.
  • Sombreado 3D serve para amosar o control que se trate cun efecto de sombreado tridimensional.

Campos cubertos para o control

Comprobamos o funcionamento. Escollemos Roma, e en F3 aparecerá un 4 (porque Barcelona é a cuarta posición, o índice dese elemento na lista):

Nos despregable escollemos Roma

Máis adiante veremos cómo podemos utilizar este número para accedendo á lista da folla Precios obter o prezo que custa un billete de avión a ese destino.

AMPLIACIÓN
Utiliza o control Cuadro de lista que é moi parecido ó control Cuadro combinado. 
Amosará unha lista de elementos pero sin ningún cadro de texto. Nas propiedas podes indicar o modo de selección dos elementos da lista: só un (opción Simple ou varios (opcións Múltiple ou Extendida). Esta última fai que cando se pulse un elemento se deseleccionen os demáis. En todo caso, para seleccionar máis dun elemento manteremos premida a tecla Ctrl ou Maiúsculas
PREGUNTA.
En qué campo das propiedades dos controis se indicará en qué celda se devolverá o seleccionado no control? (a) Rango de entrada (b) Vincular con la celda (c) Sombreado 3D
RESPOSTA. (b)

Seguiremos vendo outro tipo de controis. En particular engadiremos algúns que servirán para sinalar ou marcar cetras opcións que farán unhas accións ou outras na folla de cálculo dependendo da opción escollida.

Os botóns de opción adoitan estar agrupados de xeito que só podemos seleccionar un botón dos existentes nun grupo. Cando seleccionamos un botón de grupo se deseleccionan o resto de botóns de opción dese mesmo grupo. Primeiro engadiremos un cadro de grupo que servirá para agrupar os botóns de opción. Despois crearemos os controis do tipo botón de opción colocándoos no interior desde cadro de grupo.

Grupo de botóns Clase

Configuramos ó control:

Configuración do grupo de botóns

Repetiremos con outro grupo de botóns Temporada:

Grupo de botóns Temporada

IMPORTANTE
Para que dous ou máis botóns de opción pertenzan ó mesmo grupo teñen que ter a mesma celda no seu campo Vincultar con la celda.
PISTA
ó mover un control ou arrastralo o control se alineará coas liñas de divisón das celdas da folla de cálculo se mantemos pulsada a tecla Alt
Para mover un control só horizontal ou vertialmente mantemos pulsada a tecla Maiúsculas.
Para cambiar o tamaño mantendo as proporcións mantemos pulsada a tecla Maiúsculas.
AMPLIACIÓN
Utiliza a casilla de verificación. A diferencia cos anteriors controles estes permiten ter activada máis dunha opción á vez.

Finalizaremos coa casilla de verificación Pago al contado:

Casilla verificación Pago al contado

Marcar opcións

Outros controis

Traballar con formularios

Resumo