Diferencia entre revisiones de «Audio con HTML5»
| (No se muestran 2 ediciones intermedias del mismo usuario) | |||
| Línea 1: | Línea 1: | ||
| − | [[File:250px-HTML5_audio_icon.png|thumb|right| Icona audio HTML5]] | + | [[File:250px-HTML5_audio_icon.png|thumb|right|100px| Icona audio HTML5]] |
= HTML5 audio = | = HTML5 audio = | ||
| Línea 88: | Línea 88: | ||
* [https://www.w3schools.com/tags/ref_av_dom.asp Referencia audio/video HTML5 - w3schools] | * [https://www.w3schools.com/tags/ref_av_dom.asp Referencia audio/video HTML5 - w3schools] | ||
* [https://manuais.iessanclemente.net/index.php/HTML5#HTML5_audio Manuais IES San Clemente] | * [https://manuais.iessanclemente.net/index.php/HTML5#HTML5_audio Manuais IES San Clemente] | ||
| + | * [https://developer.mozilla.org/es/docs/Learn/HTML/Multimedia_and_embedding/Video_and_audio_content Video e audio en HTML5 - MDN] | ||
| + | * [https://www.tutorialstonight.com/html/html-audio HTML5 audio - tutorialstonight] | ||
Revisión actual del 01:24 29 ago 2022
Sumario
HTML5 audio
O HTML 5 proporciona un estándar que nos permite reproducir audio nunha páxina web.
Ata agora non había un estándar para amosar audio nunha páxina web. Hoxe en día a maior parte dos vídeos son amosados empregando plugins (como Flash), porén non todos os navegadores teñen os memos plugins.
HTML 5 especifica a forma de incluír audio na páxina web, coa etiqueta audio.
Formatos de audio
Actualmente, a etiqueta audio soporta tres formatos de audio:
- Ogg Vorbis
- MP3
- WAV
Como funciona?
Para reproducir audio en HTML5 o único que necesitamos é:
<audio src="song.ogg" controls="controls">
</audio>
O atributo controls é para engadir os botóns de play, pause en volume.
Entre as etiquetas de <audio> e </audio> inseriremos a mensaxe para aqueles navegadores que non soporten o elemento video de HTML5.
Exemplos
Exemplo 1: Este exemplo funcionará correctamente en Safari, Firefox, Chrome e Opera.
<audio src="song.ogg" controls="controls">
O seu navegador non soporta audio en HTML 5.
</audio>
Exemplo 2:
O elemento audio soporta múltiples elementos orixe. O navegador empregará o primeiro deles que recoñeza da lista e comezará a reproducilo.
<audio controls="controls">
<source src="song.ogg" type="audio/ogg" />
<source src="song.mp3" type="audio/mpeg" />
O seu navegador non soporta audio en HTML 5.
</audio>
Atributos da etiqueta AUDIO:
| Atributo | Valor | Descrición |
|---|---|---|
| <autoplay> | autoplay | Especifica que o audio comezará automaticamente tan pronto estea dispoñible. |
| <controls> | controls | Especifica que se amosarán os controis do audio (play, pause, stop..). |
| <loop> | loop | Especifica que o audio estará sempre reproducíndose. Cando remate volverá a comezar automaticamente. |
| <preload> | preload | Especifica que o audio comezará a precargarse cando se cargue a páxina web. Si a opción autoplay está presente esta opción será ignorada. |
| <src> | url | Especifica a URL do audio a reproducir. |