Diferencia entre revisiones de «DRUPAL Conceptos previos»
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Información obtida da wiki
| Línea 35: | Línea 35: | ||
* Vemos na seguinte imaxe diferentes CMS dependendo do seu uso: | * Vemos na seguinte imaxe diferentes CMS dependendo do seu uso: | ||
| − | [Drupal_listado_cms.jpg|600px|center]] | + | [Imagen:Drupal_listado_cms.jpg|600px|center]] |
<small><center>Información obtida da [https://es.wikipedia.org/wiki/Sistema_de_gesti%C3%B3n_de_contenidos wiki]</center></small> | <small><center>Información obtida da [https://es.wikipedia.org/wiki/Sistema_de_gesti%C3%B3n_de_contenidos wiki]</center></small> | ||
Revisión del 09:10 22 sep 2016
Que é un CMS
- Drupal ao igual que outros programas son CMS (Content Management System ou o que é o mesmo: Sistemas de Xestión de Contidos.
- Un CMS é un programa baseado na arquitectura cliente - servidor que permite administrar e xestionar contido web sen necesidade de ter coñecementos de programación.
- Antigamente para facer unha web para unha empresa era necesario un programador con coñecementos de HTML, CSS, Javascript, PHP e acceso a base de datos Mysql (se dita aplicación necesita acceder a datos).
- Con este tipo de programas, aínda que é aconsellable saber algo do indicado no punto anterior, non é necesario. Con este tipo de software, podemos crear un sitio web a través das opcións que nos da o programa e ademais podemos engadir contido tamén a través do mesmo programa.
- Permite xestionar a seguridade (usuarios, permisos,...) dunha forma sinxela.
- Permite cambiar o aspecto completo do sitio web escollendo modelos.
- Existen CMS de propósito xeral:
- Este tipo de CMS poden adaptarse a practicamente calquera necesidade de sitio web.
- Ten multitude de opcións de ampliación das súas funcionalidades
- Existen CMS de propósito específico:
- Moodle: Para educación. Tedes un exemplo no moodle do centro].
- MediaWiki]: Permite publicar contido na web e aos usuarios editar contido directamente no navegador, gardando en forma de versións as modificacións feitas. Un exemplo é este mesmo sitio web.
- Wordpress.org: Fundamentalmente para facer blog´s,aínda que se poden facer outro tipo de sitios.
- Vemos na seguinte imaxe diferentes CMS dependendo do seu uso:
[Imagen:Drupal_listado_cms.jpg|600px|center]]
Compoñentes comúns CMS
- A maior parte dos CMS van ter que ter instalado e configurado o seguinte Software:
- Un servidor web que responda as peticións dos usuarios. Debemos configurar dito servidor web para que dea soporte a páxinas PHP.
- Un servidor de base de datos, normalmente mysql.
- Poderemos necesitar un servidor ftp para 'subir' os arquivos ao sitio onde está aloxado o noso servidor web.
-- Ángel D. Fernández González -- (2016).
