Diferencia entre revisiones de «PHP Paso de datos con formularios»
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
| Línea 285: | Línea 285: | ||
:* FILTER_SANITIZE_NUMBER_INT => Elimina tódolos caracteres excepto números e os signos + - | :* FILTER_SANITIZE_NUMBER_INT => Elimina tódolos caracteres excepto números e os signos + - | ||
:* FILTER_SANITIZE_SPECIAL_CHARS => Escapa caracteres HTML e caracteres con ASCII menor a 32. | :* FILTER_SANITIZE_SPECIAL_CHARS => Escapa caracteres HTML e caracteres con ASCII menor a 32. | ||
| − | :* FILTER_SANITIZE_STRING => Elimina etiquetas, opcionalmente elimina ou codifica caracteres especiais. | + | |
| + | :* FILTER_SANITIZE_STRING => Elimina etiquetas, opcionalmente elimina ou codifica caracteres especiais. Pode levar como terceiro parámetro algún destes flag´s: | ||
| + | ::* FILTER_FLAG_NO_ENCODE_QUOTES - Non codifica as comillas simples ou dobres (non as substitúe por códigos ' => ' por exemplo) | ||
| + | ::* FILTER_FLAG_STRIP_LOW - Elimina caracteres cun código ASCII < 32 | ||
| + | ::* FILTER_FLAG_STRIP_HIGH - Elimina caracteres cun código ASCII > 127 | ||
| + | ::* FILTER_FLAG_ENCODE_LOW - Elimina caracteres cun código ASCII < 32 | ||
| + | ::* FILTER_FLAG_ENCODE_HIGH - Elimina caracteres cun código ASCII > 127 | ||
| + | ::* FILTER_FLAG_ENCODE_AMP - Codifica o carácter "&" con & | ||
| + | :: Nota: Pódense combinar varios flag´s con | | ||
| + | |||
:* FILTER_SANITIZE_STRIPPED => Alias do filtro anterior. | :* FILTER_SANITIZE_STRIPPED => Alias do filtro anterior. | ||
:* FILTER_SANITIZE_URL => Elimina tódolos caracteres excepto números, letras y $-_.+!*’(),{}|\\^~[]`<>#%”;/?:@&= | :* FILTER_SANITIZE_URL => Elimina tódolos caracteres excepto números, letras y $-_.+!*’(),{}|\\^~[]`<>#%”;/?:@&= | ||
Revisión del 17:25 9 oct 2016
Sumario
Introdución
- Sabemos que a través da etiqueta <form> podemos enviar datos dunha páxina a outra.
- Dentro de esta etiqueta temos o atributo method que pode tomar os valores get ou post.
Método GET
- Neste caso os datos son enviados na URL e pasan a páxina indicada polo etiqueta action do formulario no seguinte formato: http://paxinadestino.php?param1=valor¶m2=valor&.....
- Se vos fixades cando facedes unha busca en google (por exemplo buscade 'php') na url aparecerá algo coma isto: https://www.google.es/search?q=php&ie=utf-8&oe=utf-8&client=firefox-b&gfe_rd=cr&ei=a1XgV4CmOu6s8wfuibOQAQ
- Os datos que aparecen despois do signo '?' son parámetros:?q=php&ie=utf-8&oe=utf-8
- Desvantaxes:
- Calquera persoa pode ver os valores das variables polo que dito método non é moi seguro.
- O usuario pode cambiar o valor de ditas variables polo que pode suceder que o sitio amose ou faga algo diferente do permitido.
- O usuario pode obter información non actual se usa unha URL con datos non actualizados.
- O tamaño do que podemos enviar na URL está limitado (depende de cada navegador, pero pode estar entre 2KB-8KB)
- Vantaxes:
- A través da URL podemos pasar datos dunha páxina a outra sen necesidade de ter un formulario por medio.
- As variables que se pasan desta forma poden ser referenciadas en PHP a través da matriz global $_GET['param'].
- Vexamos agora un exemplo utilizando un formulario:
Arquivo: UD2_Form_Ex1_eleccion_pelicula.php
1 <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD XHTML 1.0 Transitional//EN" 2 "http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-transitional.dtd"> 3 <html xmlns="http://www.w3.org/1999/xhtml" lang="es" xml:lang="es"> 4 <head> 5 <meta charset="utf-8" /> 6 <title>Formulario</title> 7 <style> 8 .formularios{ 9 width: 30%; 10 margin: 0px auto; 11 } 12 .etiqueta{ 13 float: left; 14 width: 190px; 15 } 16 .botonesformularios{ 17 width: 50%; 18 margin: 30px auto; 19 text-align: center; 20 } 21 select { 22 width:50%; 23 } 24 </style> 25 </head> 26 <body> 27 <form id="frmPelicula" class="formularios" method="get" action="UD2_Form_Ex1_datos_pelicula.php"> 28 <div> 29 <div class='etiqueta'>Película preferida:</div> 30 <select name="lstPelicula"><option>E.T. El extraterrestre</option><option>Supermán</option></select> 31 </div> 32 <div> 33 <div class='etiqueta'>Xénero preferido:</div> 34 <select name="lstXenero"><option>Acción</option><option>Ciencia ficción</option></select> 35 </div> 36 <div class="botonesformularios"> 37 <input type='submit' value="ENVIAR" /> 38 </div> 39 </form> 40 41 </body> 42 </html> 43 </php>
- Fixarse que enviamos os datos utilizando o método get.
Arquivo: UD2_Form_Ex1_datos_pelicula.php
1 <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD XHTML 1.0 Transitional//EN" 2 "http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-transitional.dtd"> 3 4 <html> 5 <head> 6 <meta charset="UTF-8"> 7 <title></title> 8 </head> 9 <body> 10 <?php 11 echo 'Os datos que escolliches son:<br/><br/>'; 12 13 $pelicula = $_GET['lstPelicula']; 14 $xenero = $_GET['lstXenero']; 15 16 printf("PELICULA:%s<br/>XÉNERO:%s",$pelicula,$xenero); 17 ?> 18 19 </body> 20 </html>
Método POST
- No método post de envío de datos, os mesmos van 'dentro' da páxina web e polo tanto non son visibles para o usuario.
- Tamén está limitado o tamaño do que se pode enviar (por exemplo se enviamos un arquivo adxunto) a un tamaño de 8MB.
- Podemos cambiar dito límite:
- Modificando a directiva post_max_size do arquivo php.ini de PHP.
- Modificando o arquivo .htaccess do noso sitio web e engadindo a directa: php_value post_max_size 20M (isto é necesario no caso de aloxamentos compartidos ou se non temos acceso ao arquivo php.ini).
- Nota: No caso de subir arquivos tamén pode ser necesario modificar a directiva upload_max_filesize do arquivo php.ini
- Podedes ver neste enlace como aumentar o tamaño dos arquivos subidos nun aloxamento compartido.
- As variables que se pasan desta forma poden ser referenciadas en PHP a través da matriz global $_POST['param'].
- Modificamos o exemplo anterior para que envíe os datos con POST:
Arquivo: UD2_Form_Ex2_eleccion_pelicula.php
1 <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD XHTML 1.0 Transitional//EN" 2 "http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-transitional.dtd"> 3 <html xmlns="http://www.w3.org/1999/xhtml" lang="es" xml:lang="es"> 4 <head> 5 <meta charset="utf-8" /> 6 <title>Formulario</title> 7 <style> 8 .formularios{ 9 width: 30%; 10 margin: 0px auto; 11 } 12 .etiqueta{ 13 float: left; 14 width: 190px; 15 } 16 .botonesformularios{ 17 width: 50%; 18 margin: 30px auto; 19 text-align: center; 20 } 21 select { 22 width:50%; 23 } 24 </style> 25 </head> 26 <body> 27 <form id="frmPelicula" class="formularios" method="post" action="UD2_Form_Ex2_datos_pelicula.php"> 28 <div> 29 <div class='etiqueta'>Película preferida:</div> 30 <select name="lstPelicula"><option>E.T. El extraterrestre</option><option>Supermán</option></select> 31 </div> 32 <div> 33 <div class='etiqueta'>Xénero preferido:</div> 34 <select name="lstXenero"><option>Acción</option><option>Ciencia ficción</option></select> 35 </div> 36 <div class="botonesformularios"> 37 <input type='submit' value="ENVIAR" /> 38 </div> 39 </form> 40 41 </body> 42 </html> 43 </php>
- Fixarse que enviamos os datos utilizando o método post.
Arquivo: UD2_Form_Ex2_datos_pelicula.php
1 <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD XHTML 1.0 Transitional//EN" 2 "http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-transitional.dtd"> 3 4 <html> 5 <head> 6 <meta charset="UTF-8"> 7 <title></title> 8 </head> 9 <body> 10 <?php 11 echo 'Os datos que escolliches son:<br/><br/>'; 12 13 $pelicula = $_POST['lstPelicula']; 14 $xenero = $_POST['lstXenero']; 15 16 printf("PELICULA:%s<br/>XÉNERO:%s",$pelicula,$xenero); 17 ?> 18 19 </body> 20 </html>
Comprobando se hai datos
- Normalmente a páxina que recibe os datos vai facer algún tipo de tratamento con eles (por exemplo, facer unha alta nunha táboa dunha base de datos, consultar en base aos criterios recibidos,...)
- Polo tanto será necesario realizar algún tipo de validación para comprobar se se envían os datos necesarios e estes teñen un formato correcto.
- Lembrar repasar as funcións que comproban se un campo ten datos e as funcións que comproban o tipo de dato dunha variable.
- O primeiro que teríamos que comprobar é se o formulario recibe datos. Para iso utilizaremos as funcións vistas nunha sección anterior da wiki.
1 if (empty($_POST)) die('Non se enviaron datos');
Nota: A función die ao igual que a función exit finaliza a páxina php.
- O tratamento que queiramos darlle á páxina cando non se envíen datos será decidido polo programador, pudendo enviarlle un aviso ao usuario en enviando de novo a páxina do formulario.
- Tede que ter en conta que aínda que fagades unha validación dos campos utilizando javascript, isto pódese saltar, xa que a páxina está no cliente. Ademais un usuario podería cargar a páxina de tratamento da información (a que está indicada no action do formulario) se pasar polo formulario.
- O segundo será verificar que os campos teñan algún valor (se é obrigatorio) e que o tipo de dato sexa o correcto.
1 if (empty($_POST['txtNome'])) echo('Campo nome non ten datos'); 2 if (!is_string($_POST['txtNome'])) echo('Campo nome non é unha cadea');
- IMPORTANTE: Todos os datos que veñen no array global $_POST son de tipo String. Teremos que facer un 'cast' ao tipo de dato ou ven utilizar a función filter_var que será explicada a continuación.
- Facendo o cast podemos saber se é un número ou non da seguinte forma:
1 if (ctype_digit($_POST['txtIdade'])){ 2 $idade = (int)$_POST['txtIdade']; 3 } 4 else { 5 echo 'Non é numérico integer'; 6 }
- Usamos a función ctype_digit para comprobar se temos díxitos numéricos no dato enviado.
- O cast (int) vai devolver 0 en caso de que non poida convertilo a Integer.
Función para validar / corrixir campos
- O proceso de validación-corrección de campos dun formulario soe ser dar bastante traballo.
- Para facernos a vida un pouco máis doada, temos unha extensión en PHP que permite a validación de campos dunha forma moi sinxela.
- A función que fai dita validación chámase función filter_var()
- A función filter_var permítenos filtrar unha variable segundo o filtro indicado.
- Parámetros:
- $var: Variable que se quere filtrar
- $filter: Filtro que se desexa aplicar. Será una constante numérica (indicadas a continuación)
- $options: Conxunto de opcións que modifican o funcionamento do filtro. Pode ser unha constante numérica ou un array
- Valor devolto:
- O dato filtrado ou false se o filtro faia.
Filtros para a validación
- FILTER_VALIDATE_BOOLEAN => Valida a variable coma un booleano.
- FILTER_VALIDATE_EMAIL => Valida a variable coma unha dirección de correo electrónico correcta.
- FILTER_VALIDATE_FLOAT => Valida que a variable sexa do tipo float.
- FILTER_VALIDATE_INT => Valida a variable coma un número enteiro.
- FILTER_VALIDATE_IP => Valida a variable coma unha dirección IP.
- FILTER_VALIDATE_REGEXP => Valida a variable contra unha expresión regular enviada na variable de opcións.
- FILTER_VALIDATE_URL => Valida o valor coma unha URL de acordo coa RFC 2396.
Filtros para a corrección
- FILTER_SANITIZE_EMAIL => Elimina tódolos caracteres execepto letras, números e !#$%&’*+-/=?^_`{|}~@.[].
- FILTER_SANITIZE_ENCODED => Codifica a cadea coma unha URL válida.
- FILTER_SANITIZE_MAGIC_QUOTES => Aplica a función addslashes.
- FILTER_SANITIZE_NUMBER_FLOAT => Elimina tódolos caracteres excepto números, +- e opcionalmente ,.eE
- FILTER_SANITIZE_NUMBER_INT => Elimina tódolos caracteres excepto números e os signos + -
- FILTER_SANITIZE_SPECIAL_CHARS => Escapa caracteres HTML e caracteres con ASCII menor a 32.
- FILTER_SANITIZE_STRING => Elimina etiquetas, opcionalmente elimina ou codifica caracteres especiais. Pode levar como terceiro parámetro algún destes flag´s:
- FILTER_FLAG_NO_ENCODE_QUOTES - Non codifica as comillas simples ou dobres (non as substitúe por códigos ' => ' por exemplo)
- FILTER_FLAG_STRIP_LOW - Elimina caracteres cun código ASCII < 32
- FILTER_FLAG_STRIP_HIGH - Elimina caracteres cun código ASCII > 127
- FILTER_FLAG_ENCODE_LOW - Elimina caracteres cun código ASCII < 32
- FILTER_FLAG_ENCODE_HIGH - Elimina caracteres cun código ASCII > 127
- FILTER_FLAG_ENCODE_AMP - Codifica o carácter "&" con &
- Nota: Pódense combinar varios flag´s con |
- FILTER_SANITIZE_STRIPPED => Alias do filtro anterior.
- FILTER_SANITIZE_URL => Elimina tódolos caracteres excepto números, letras y $-_.+!*’(),{}|\\^~[]`<>#%”;/?:@&=
Exemplos
Validando
- Validando un número enteiro
1 <?php 2 $var = 123; 3 echo filter_var($var, FILTER_VALIDATE_INT); 4 ?>
- Devolve o número xa que é un enteiro.
- Validando un número enteiro
1 <?php 2 $var = -2.343; 3 if(filter_var($var, FILTER_VALIDATE_INT) === false){ 4 echo 'Valor incorrecto'; 5 }else{ 6 echo 'Valor correcto'; 7 } 8 ?>
- Devolve 'Valor incorrecto' xa que non é un enteiro e polo tanto a función devolve false.
- Validando un número enteiro
1 <?php 2 $var = '-2'; 3 if(filter_var($var, FILTER_VALIDATE_INT) === false){ 4 echo 'Valor incorrecto'; 5 }else{ 6 echo 'Valor correcto'; 7 } 8 ?>
- Devolve 'Valor correcto'.
- Validando un número flotante
1 <?php 2 $var = '-1.45'; 3 if(filter_var($var, FILTER_VALIDATE_FLOAT) === false){ 4 echo 'Valor incorrecto'; 5 }else{ 6 echo 'Valor correcto'; 7 } 8 ?>
- Devolve 'Valor correcto'.
- Validando un email
1 <?php 2 $var = 'casa@hotmail'; 3 if (!filter_var($var,FILTER_VALIDATE_EMAIL)){ 4 echo "Valor incorrecto"; 5 }else{ 6 echo 'Valor correcto'; 7 } 8 ?>
- Devolve 'Valor incorrecto'.
Correxindo os valores
- Cunha serie de filtros (SANITIZE) podemos eliminar aqueles caracteres que non queremos que aparezan nun determinado campo.
- Elimando etiquetas dentro dun textarea.
1 <?php 2 $var = '<isto non está permitido> Isto si aparece'; 3 echo filter_var($var,FILTER_SANITIZE_STRING);
- Devolve 'Isto si aparece'.
Establecendo criterios
- Podemos indicar que rango de valores son aceptables polo filtro.
- Validando un número enteiro dentro dun rango
1 <?php 2 $var = -200; 3 $opciones = array( 4 'options' => array( 5 'min_range' => 10, 6 'max_range' => 100 7 )); 8 9 if(filter_var($var, FILTER_VALIDATE_INT, $opciones) === false){ 10 echo 'Valor incorrecto'; 11 }else{ 12 echo 'Valor correcto'; 13 } 14 ?>
- Devolve 'Valor incorrecto'
- Podemos facer unha modificación para que en caso incorrecto devolva sempre un valor 'por defecto':
1 <?php 2 $var = -200; 3 $opciones = array( 4 'options' => array( 5 'default' => 3, // valor a retornar se o filtro faiaa 6 'min_range' => 10, 7 'max_range' => 100 8 )); 9 10 $var = filter_var($var, FILTER_VALIDATE_INT, $opciones); 11 echo $var; 12 13 ?>
- Neste caso $var valerá '3' en caso de que non se cumpra o filtro.
- No caso dun número flotante podemos indicar cal é o carácter separado dos díxitos decimais.
1 <?php 2 $var = '1,23'; 3 $opciones = array( 4 'options' => array( 5 'decimal' => ',' 6 )); 7 8 if(filter_var($var, FILTER_VALIDATE_FLOAT, $opciones) === false){ 9 echo 'Valor incorrecto'; 10 }else{ 11 echo 'Valor correcto'; 12 } 13 ?>
- Devolve 'Valor correcto'
Validación de datos utilizando arrays
- Cando vexamos os arrays, podemos comprobar como facer unha validación de campos dunha forma máis rápida.
Seguridade no uso dos formularios
- Cando manexamos formularios temos que ter precaución co manexo de datos, xa que un usuario malintencionado podería poñer en risco o noso sitio web.
Inxección de CSS
- Este problema aparece normalmente cando temos unha caixa de texto / textarea no que imos a engadir/consultar, cos datos que veñen, a unha táboa dunha base de datos.
- Unha consulta clásica de validación de usuario podería ser:
- $_POST['usuarios'] = 'angel'
- $_POST['password'] = '12345678'
1 <?php 2 $nome=$_POST['usuarios']; 3 $password=$_POST['password']; 4 5 printf("select count(*) from USUARIOS where nome='%s' and password='%s'",$nome,$password); 6 ?>
- Neste caso se a consulta devolve 1 entón é un usuario da nosa base de datos.
- A consulta a executar no xestor de base de datos sería: select count(*) from USUARIOS where nome='angel' and password='12345678'
- Agora modifiquemos o campo password e imaxinemos que o usuario pon isto:
- $_POST['password'] = "' or password like '%";
- O resultado da consulta sería: select count(*) from USUARIOS where nome='angel' and password= or password like '%'
- Como vemos estamos saltándonos a seguridade debido a que:
- O usuario pode engadir máis texto do permitido (incluso poñendo restricións de javascript, estas poden ser saltadas).
- O usuario pode engadir 'texto' que non debería estar permitido.
Nota: En vez de modificar unha consulta (como no exemplo) podería executar ordes SQL como de inserción, borrado ou modificación de rexistros.
Solución a inxección de CSS
- A mellor solución é utilizar procedementos almacenados. Sempre que o xestor o permite.
- Vexamos un exemplo en Mysql:
1 DELIMITER // 2 CREATE PROCEDURE country_hos 3 (IN log VARCHAR(20),IN pass VARCHAR(30)) 4 BEGIN 5 SELECT count(*) FROM USUARIOS 6 WHERE login = log and password = pass; 7 END // 8 DELIMITER ;
- Nesta solución temos:
- O usuario aínda que envíe máis información so se vai coller 20 caracteres para o login e 30 para o password.
- Aínda que engada 'código SQL' non se vai a executar xa que dito código vai ir todo na campo password.
- Loxicamente isto non quita que busquemos formas de validar os datos introducidos.
- Outra opción que temos é a de utilizar os filtros de corrección vistos anteriormente como por exemplo FILTER_SANITIZE_MAGIC_QUOTES que fai un escape dos caracteres como as cominllas simples ou dobres.
- Outra opción é a de utilizar funcións que provea o S.X.B.D. utilizado.
- No caso de mysql temos a ]http://php.net/manual/es/mysqli.real-escape-string.php función mysqli_real_escape_string]. O veremos cando cheguemos a sección de acceso a datos.
Cross-Site Scripting (XSS)
- Máis información neste enlace.
- Este tipo de ataque é debido a que un usuario engade código script (coma javascript) á información que imos amosar na páxina web.
- Polo tanto teremos que vixiar os datos que VISUALICEMOS na páxina.
- Un exemplo sería se introducimos dentro dun text-area este código:
1 <script>window.location="http://www.google.es";</script>
- O que vai pasar é que o navegador cando cargue a páxina vai cargar a páxina de google indicada no código javascript.
- Fixarse no perigo que supón xa que un atacante pode levar a un usuario a outro sitio web diferente.
- Outro exemplo de ataque por URL:
- http://localhost/PhpOlaMundo/Formularios/datosFormulario.php?texto=<script>window.location="http://www.google.es";</script>
- Se amosamos o dato: $_GET['texto'] teremos o mesmo problema que o anterior.
- Este código pode vir embebido nunha folla de estilos CSS, nun atributo dunha etiqueta HTML, dentro do corpo da páxina,na URL...
Importante: Fixarse que neste tipo de ataques temos que evitar que o que visualizamos leve código de script embebido. É diferente ao anterior no que supoñía un ataque á base de datos.
Solucións ao ataque Cross-Site Scripting (XSS)
- Igual que no caso anterior podemos utilizar a función filter_var cos filtros FILTER_SANITIZE_MAGIC_QUOTES ou FILTER_SANITIZE_STRING para eliminar dita posibilidade.
- En PHP podemos facer uso das seguintes funcións:
- Función strip_tags: Dita función fai o mesmo que FILTER_SANITIZE_STRING e ademais podemos indicar cales etiquetas son permitidas.
- Función htmlentities: Dita función substitúe os caracteres das etiquetas en códigos HTML para a súa visualización.
- Se aplicamos dita función ao exemplo anterior teríamos esta saída coma código fonte de páxina: <script>window.location="http://www.google.es%22;</script>
- Fixarse que os caracteres < e > son substituídos por < e > respectivamente.
Redireccionamento de páxinas
- Pode ser interesante cando realizamos un tratamento cos datos que veñen dun formulario ter a posibilidade de mandar ao usuario a unha páxina concreta.
- Imaxinemos o caso de que intentamos cargar a páxina de tratamento dun formulario previo ou que enviamos datos que non están completos. Neses casos queremos volver a enviar ao usuario á páxina de entrada de datos.
- Para facelo podemos usar a función header de PHP.
- Dita función serve para enviar encabezados ao navegador do cliente. Uns destes encabezados serve para redireccionar a páxina do clienta. A forma de facelo é:
1 <?php 2 header('Location: http://www.nova_paxina.es/'); 3 exit; 4 ?>
Importante: É NECESARIO QUE A CHAMADA Á FUNCIÓN header SE FAGA ANTES DE ENVIAR NINGÚN DATO AO CLIENTE.
- Un complemento interesante para visualizar a cabeceira dunha páxina: https://addons.mozilla.org/es/firefox/addon/live-http-headers/
- Ao instalalo teremos a posibilidade de capturar os datos de cabeceira da páxina se imos ao menú Herramientas => Live HTTP Headers.
- Complemento Live HTTP Headers
- Coa función header imos poder manipular os datos enviados ao cliente dende o servidor.
-- Ángel D. Fernández González -- (2016).