Diferencia entre revisiones de «PHP Paso de datos na URL»
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
(Página creada con «* Unha forma de pasar información de unha páxina a outra é a través dunha [https://es.wikipedia.org/wiki/Localizador_de_recursos_uniforme URL]. * Se vos fixades cando...») |
|||
| Línea 132: | Línea 132: | ||
<?php | <?php | ||
| − | $cadeaCodificada="<br/>Espero + que + | + | $cadeaCodificada="<br/>Espero + que + isto + se lea + ben"; |
echo $cadeaCodificada; | echo $cadeaCodificada; | ||
echo urldecode($cadeaCodificada); | echo urldecode($cadeaCodificada); | ||
Revisión del 08:46 10 oct 2016
- Unha forma de pasar información de unha páxina a outra é a través dunha URL.
- Se vos fixades cando facedes unha busca en google (por exemplo buscade 'php') na url aparecerá algo coma isto: https://www.google.es/search?q=php&ie=utf-8&oe=utf-8&client=firefox-b&gfe_rd=cr&ei=a1XgV4CmOu6s8wfuibOQAQ
- Os datos que aparecen despois do signo '?' son parámetros:?q=php&ie=utf-8&oe=utf-8
- O formato que teñen este tipo de parámetros é: param1=valor¶m2=valor&.....
- Desvantaxes:
- Calquera persoa pode ver os valores das variables polo que dito método non é moi seguro.
- O usuario pode cambiar o valor de ditas variables polo que pode suceder que o sitio amose ou faga algo diferente do permitido.
- O usuario pode obter información non actual se usa unha URL con datos non actualizados.
- O tamaño do que podemos enviar na URL está limitado (depende de cada navegador, pero pode estar entre 2KB-8KB)
- Vantaxes:
- A través da URL podemos pasar datos dunha páxina a outra sen necesidade de ter un formulario por medio (o veremos no exemplo seguinte).
- As variables que se pasan desta forma poden ser referenciadas en PHP a través da matriz global $_GET['param'].
- Vexamos un exemplo de código:
Arquivo: UD2_paso_var_Ex1_eleccion_pelicula.php
1 <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD XHTML 1.0 Transitional//EN" 2 "http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-transitional.dtd"> 3 4 <html> 5 <head> 6 <meta charset="UTF-8"> 7 <title></title> 8 </head> 9 <body> 10 <?php 11 printf("Mandamos un nome de película fixo na url:<a href='UD2_paso_var_Ex1_datos_pelicula.php?pelicula=SUPERMAN'>PELICULA</a>"); 12 ?> 13 </body> 14 </html>
Arquivo: UD2_paso_var_Ex1_datos_pelicula.php
1 <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD XHTML 1.0 Transitional//EN" 2 "http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-transitional.dtd"> 3 <html xmlns="http://www.w3.org/1999/xhtml" lang="es" xml:lang="es"> 4 <head> 5 <meta charset="utf-8" /> 6 <title>Exemplos de códigos php</title> 7 </head> 8 <body> 9 10 <?php 11 12 printf("A película pasada como parámetro na URL é: <b>%s</b>",$_GET['pelicula']); 13 14 15 ?> 16 </body> 17 </html>
- Podedes comprobar como se modificades a url e poñedes outra valor, premendo a tecla 'enter' para que volva a cargar a páxina aparece o novo valor posto.
Pasando caracteres especiais na URL
- O problema que podemos ter pasando valores desta forma, é que ditos valores teñan espazos en branco ou caracteres especiais.
- Para poder pasar estes valores podemos facer uso da urlencode.
- Para facer a función inversa: urldecode. Pero isto non é necesario no caso de asinar o valor a unha variable na segunda páxina.
- Vexamos unha modificación do código anterior, pasando un nome de película con espazos:
Arquivo: UD2_paso_var_Ex1_eleccion_pelicula.php
1 <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD XHTML 1.0 Transitional//EN" 2 "http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-transitional.dtd"> 3 4 <html> 5 <head> 6 <meta charset="UTF-8"> 7 <title></title> 8 </head> 9 <body> 10 <?php 11 $pelicula=urlencode("E.T. El extraterrestre"); 12 echo "Mandamos un nome de película fixo na url:" 13 . "<a href='UD2_paso_var_Ex1_datos_pelicula.php?pelicula=$pelicula'>PELICULA</a>"; 14 ?> 15 </body> 16 </html>
Arquivo: UD2_paso_var_Ex1_datos_pelicula.php
1 <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD XHTML 1.0 Transitional//EN" 2 "http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-transitional.dtd"> 3 <html xmlns="http://www.w3.org/1999/xhtml" lang="es" xml:lang="es"> 4 <head> 5 <meta charset="utf-8" /> 6 <title>Exemplos de códigos php</title> 7 </head> 8 <body> 9 10 <?php 11 12 $pelicula=$_GET['pelicula']; 13 echo "A película pasada como parámetro na URL é: <b>$pelicula</b>"; 14 15 ?> 16 </body> 17 </html>
- Vexamos agora un exemplo de código de decodificación dunha cadea:
1 <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD XHTML 1.0 Transitional//EN" 2 "http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-transitional.dtd"> 3 <html xmlns="http://www.w3.org/1999/xhtml" lang="es" xml:lang="es"> 4 <head> 5 <meta charset="utf-8" /> 6 <title>Exemplos de códigos php</title> 7 </head> 8 <body> 9 10 <?php 11 12 $cadeaCodificada="<br/>Espero + que + isto + se lea + ben"; 13 echo $cadeaCodificada; 14 echo urldecode($cadeaCodificada); 15 16 ?> 17 </body> 18 </html>
- Nota: Tamén é posible codificar a cadea utilizando a función rawurlencode.
- Neste caso utiliza unha codificación segundo o estándar RFC3986. Os espazo en branco son codificados con %20, por exemplo.
-- Ángel D. Fernández González -- (2016).