Diferencia entre revisiones de «Retos ambientais e sociais»
| Línea 2: | Línea 2: | ||
[[File:Retos-ambietales-e-sociales.JPG]] | [[File:Retos-ambietales-e-sociales.JPG]] | ||
| − | = Cambio climático = | + | = Introdución = |
| + | |||
| + | = Retos ambientais = | ||
| + | |||
| + | == Cambio climático == | ||
É o problema ambiental máis urxente do planeta. Para abordalo, é importante, en primeiro lugar, diferenciar estes dous conceptos: | É o problema ambiental máis urxente do planeta. Para abordalo, é importante, en primeiro lugar, diferenciar estes dous conceptos: | ||
| Línea 29: | Línea 33: | ||
'''INVESTIGA'''. Quén é o [https://www.ipcc.ch/languages-2/spanish/ Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC)]? Cando se creou? Quenes o compoñen? Cáles son as súas funcións? | '''INVESTIGA'''. Quén é o [https://www.ipcc.ch/languages-2/spanish/ Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC)]? Cando se creou? Quenes o compoñen? Cáles son as súas funcións? | ||
| − | |||
| − | = Consumo de auga = | + | == Consumo de auga == |
| + | |||
| + | == Contaminación == | ||
| + | |||
| + | == Deforestación == | ||
| + | |||
| + | == Outros == | ||
| + | |||
| + | === Sobrepesca === | ||
| − | = | + | === Xestión de residuos === |
| − | = | + | === Perda da biodiversidade == |
| − | = | + | = Retos socias = |
| − | == | + | == O reto demográfico: Superpoboación e despoboación == |
| + | |||
| + | == Pobreza == | ||
| + | |||
| + | == Desigualdade == | ||
| + | |||
| + | = Impacto ambiental na actividade empresarial = | ||
| + | |||
| + | == Impacto sobre as persoas == | ||
| + | |||
| + | == Impacto sobre os sectores produtivos == | ||
| + | === Efectos no sector primario === | ||
| + | |||
| + | === Efectos no sector secundario === | ||
| + | |||
| + | === Efectos no sector terciario === | ||
| + | |||
| + | === Efectos en todos nos sectores === | ||
| + | |||
| + | = Medidas e accións para minimizar os impactos ambientais = | ||
| + | == Eficiencia e transición enerxética == | ||
== Xestión de residuos == | == Xestión de residuos == | ||
| − | == | + | == Conservación dos recursos naturais == |
| + | |||
| + | == Produción e consumos sostibles == | ||
| + | |||
| + | == Control da contaminación == | ||
| + | |||
| + | == Movilidad sostible == | ||
| + | |||
| + | == Innovación tecnolóxica == | ||
| − | = | + | == Educación e sensibilización == |
| − | = | + | == Normativa, políticas ambientáis e alianzas == |
Revisión del 15:26 7 sep 2024
Sumario
Introdución
Retos ambientais
Cambio climático
É o problema ambiental máis urxente do planeta. Para abordalo, é importante, en primeiro lugar, diferenciar estes dous conceptos:
- Tempo meteorolóxico. Son as condicións meteorolóxicas que se dan nun lugar e nun momento concreto. Por exemplo, hoxe o día está nubrado. O tempo pode variar en cuestión de horas ou dun día para outro.
- Clima. Son as condicións habituais dun sitio determinado. Por exemplo, unha zona ten temperaturas agradables e é cálida, pero outra é máis fría e húmida. O clima é menos variable.
En canto ao concepto de cambio climático, refírese aos cambios de temperatura producidos a longo prazo e é un proceso normal que ocorre na Terra durante ciclos que duran miles e incluso millóns de anos. Os cambios prodúcense por causas naturais, pero tamén pola acción do ser humano, sobre todo a partir do século XIX, coa Revolución Industrial, momento no que se acelerou o cambio climático.
Na actualidade, a causa principal do cambio climático é a queima de combustibles fósiles (carbón, petróleo, gas). Esta acción xera gases tóxicos que se acumulan na atmosfera e que atrapan a calor, o que causa danos sobre o aire, a terra e a auga, e provoca o quecemento global. Son os denominados gases de efecto invernadoiro.
O cambio climático foi empeorando década tras década debido ao aumento das empresas contaminantes e á pouca preocupación polas súas emisións de gases e outras substancias nocivas sobre o medioambiente. Esta rapidez fai moi difícil, tanto para a natureza como para os seres humanos, adaptarse ás novas condicións climáticas.
Dado que é un problema que afecta a todo o planeta, é necesario actuar a escala internacional. Como se viu no capítulo 1, en 1992 aprobouse a Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático. Desde ese momento todos os países asinantes foron concretando metas e compromisos específicos para lograr o obxectivo do acordo: “estabilización das concentracións de gases de efecto invernadoiro na atmosfera a un nivel que impida interferencias antropoxénicas (causadas polo home) perigosas no sistema climático”.
Posteriormente, grazas ao Acordo de París (2015), alcanzouse un gran pacto baseado nas seguintes liñas:
- Manter o aumento global da temperatura por debaixo dos 2 °C.
- Promover un desenvolvemento con baixas emisións de gases de efecto invernadoiro.
- Orientar os fluxos financeiros para lograr un desenvolvemento resiliente ao clima e de baixas emisións.
O Acordo de París supuxo un acordo histórico para combater o cambio climático e acelerar e intensificar as accións e investimentos necesarias para un futuro sostible con baixas emisións de carbono.
O cambio climático está destruíndo os ecosistemas terrestres e mariños, derretendo a masa de xeo nos polos e, por conseguinte, aumentando o nivel do mar. Isto provoca inundacións, redución dos límites do litoral costeiro, destrución dos medios de subsistencia ou fenómenos meteorolóxicos extremos.
O ODS 13: Acción polo clima propón adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos. Entre as súas metas están introducir o cambio climático como cuestión primordial nas políticas, estratexias e plans dos países, das empresas e da sociedade civil para mellorar a resposta aos problemas que xera e para impulsar a educación e a sensibilización de toda a poboación a este respecto.
INVESTIGA. Quén é o Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC)? Cando se creou? Quenes o compoñen? Cáles son as súas funcións?