Diferencia entre revisiones de «ODS3. Saúde e benestar»

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Línea 26: Línea 26:
 
= No cine =
 
= No cine =
  
 +
<div style="column-count:3;-moz-column-count:3;-webkit-column-count:3">
 
* Sicko
 
* Sicko
 
* John q
 
* John q
 
* Hipócrates
 
* Hipócrates
 +
</div>

Revisión del 20:37 12 dic 2024

Ods3.jpg

A saúde e o benestar da poboación están intimamente relacionados coa pobreza en calquera das súas formas e cos episodios de desnutrición, polo que o ODS 3 está ligado aos ODS 1 e 2.

Enfrontámonos a datos realmente alarmantes, que indican, por exemplo, que arredor de seis millóns de seres humanos falecen antes de cumprir cinco anos, ou que a sida é a principal causa de morte nos adolescentes de África subsahariana.

O gran obxectivo que persegue o ODS 3 é o de garantir unha vida saudable e segura para todas as persoas, fomentando o benestar, especialmente nos ámbitos relacionados coa infancia.

En que consiste

O tecido empresarial, así como os profesionais e autónomos, poden colaborar activamente na consecución do ODS 3 promovendo os seguintes fitos sostibles:

Innovar nas prácticas de sustentabilidade, empregando recursos para garantir vidas saudables, sans e seguras, e acadar, ao mesmo tempo, vantaxes competitivas. Propiciar contornas laborais seguras, que contribúan á saúde de todos os empregados da organización.

Exemplo. 
Un traballador profesional sanitario valorará positivamente que se apliquen protocolos de seguridade nos procesos hospitalarios ou nos centros de saúde onde traballe, o que xerará confianza, non só nos pacientes, senón en calquera grupo de interese, como poden ser os pacientes, directivos e provedores de material.

Como se pode actuar?

O avance nas áreas da saúde e o benestar non só debemos encamiñalo aos países subdesenvolvidos ou en vías de desenvolvemento, senón que os países desenvolvidos, especialmente os altamente industrializados, teñen, no ámbito da prevención de riscos laborais, un espazo onde poden aplicar políticas sostibles a través da prevención de accidentes, para dar solución a diferentes riscos.

Adicionalmente, as empresas poden apostar pola investigación en proxectos que contribúan á mellora da saúde e do benestar, non só a través dos laboratorios especializados das corporacións farmacéuticas, senón tamén mediante a concesión de bolsas, a creación de fundacións e a colaboración con todo tipo de asociacións dedicadas á prevención de enfermidades e á prevención de diversas patoloxías.

No cine

  • Sicko
  • John q
  • Hipócrates