Diferencia entre revisiones de «ODS6. Auga limpa e saneamento»
| Línea 27: | Línea 27: | ||
= No cine = | = No cine = | ||
* Erin Brokovich | * Erin Brokovich | ||
| − | * Dark Waters | + | * Dark Waters (baseada no [https://lee.eldiario.es/tiq relatado eiquí]) |
* También la lluvia | * También la lluvia | ||
Revisión del 08:37 14 ene 2025
Segundo algunhas estimacións, máis do 40% da poboación mundial sofre escaseza de auga na súa zona e no seu día a día, porcentaxe que está a incrementarse pola seca e a desertificación, debidas en gran parte ao quecemento global do planeta.
No ano 2022, unhas 2.200 millóns de persoas aínda carecían de servizos de auga potable xestionados de forma segura, 3.500 millóns non dispuñan de servizos de saneamento seguros e 2.000 millóns carecían de servizos de hixiene básicos. A isto súmase o chamado "estrés hídrico", que se produce cando a demanda de auga é máis alta que a cantidade dispoñible durante un período determinado.
En que consiste?
O ODS 6 está centrado en garantir o acceso á auga potable e a saneamentos de calidade nas zonas do planeta que sofren estas disfuncións hídricas, e xestionar ao mesmo tempo os ecosistemas de auga doce, fundamentais para o establecemento e capacidade de supervivencia, non só das persoas, senón de todos os seres vivos.
O acceso á auga potable e o saneamento son sinónimos de mellora na hixiene e na saúde das persoas, o que contribúe a favorecer as condicións alimentarias e enerxéticas, e ao crecemento dos beneficios sociais e económicos, diminuíndo as desigualdades existentes entre distintas comunidades e zonas do planeta.
Exemplo. Nalgúns países con escaseza de auga, son as mulleres e as nenas as encargadas de recoller a auga e transportala manualmente. Isto fáilles perder moitas horas que poderían empregar en recibir unha educación e estudos adecuados.
Como se pode actuar?
Aínda que as empresas agrícolas, gandeiras e industriais, especialmente as dos sectores téxtiles, son as que realizan un maior consumo de auga, todas as empresas e profesionais poden apostar por medidas que posibiliten o cálculo da pegada hídrica directa, como ferramenta necesaria para coñecer o impacto sobre os recursos hídricos e reducir o consumo de auga.
Exemplo. Calquera profesional pode contribuír ao ODS 6 analizando o uso da auga que se leva a cabo na súa empresa e no seu posto de traballo, así como na detección de fugas na rede de abastecemento.
Tanto as empresas como as persoas poden poñer en marcha as seguintes medidas que supoñan un aumento da calidade da auga:
- Redución de vertidos sólidos, químicos ou farmacéuticos, entre outros, polos sumidoiros ou tubaxes industriais ou domésticas.
- Instalación de sistemas de rega automático intelixentes que midan o grao de humidade das plantas e supoñan un aforro no caudal hidráulico utilizado.
No cine
- Erin Brokovich
- Dark Waters (baseada no relatado eiquí)
- También la lluvia