Diferencia entre revisiones de «ODS8. Traballo digno e crecemento económico»
| Línea 25: | Línea 25: | ||
= No cine = | = No cine = | ||
| + | <div style="column-count:5;-moz-column-count:5;-webkit-column-count:5"> | ||
* Office Space | * Office Space | ||
* Diamantes de sangre | * Diamantes de sangre | ||
| Línea 30: | Línea 31: | ||
* Los lunes al sol | * Los lunes al sol | ||
* [https://www.rtve.es/play/videos/documentos-tv/documentos-tv-ia-trabajo/16338946/ La IA en el trabajo] | * [https://www.rtve.es/play/videos/documentos-tv/documentos-tv-ia-trabajo/16338946/ La IA en el trabajo] | ||
| + | </div> | ||
Revisión del 19:24 17 ene 2025
Moitos traballadores realizan hoxe en día o seu traballo en condicións laborais que non son as máis axeitadas e dignas, e, aínda que non estean no limiar da pobreza, aínda existen desigualdades, incluso entre traballadores da mesma empresa ou no mesmo ámbito laboral, o que se suma ao crecemento da poboación mundial.
En que consiste?
O desenvolvemento sostible que persegue o ODS 8 está enmarcado dentro do crecemento económico inclusivo e busca que persoas con baixo nivel educativo ou pertencentes a colectivos vulnerables poidan acceder a postos de traballo decentes e con posibilidades de progresión laboral.
Para acadar o obxectivo de traballo decente hai que ter en conta os riscos que se presentan trala globalización e o progreso industrial e tecnolóxico nas empresas e na sociedade:
- Un mercado laboral cambiante: A robotización ofrece novas oportunidades laborais, pero ao mesmo tempo xera desemprego en traballos máis repetitivos ou mecánicos, afectando a colectivos máis vulnerables.
- Traballos con alta penosidade: Algúns tipos de traballos constitúen unha especie de escravitude moderna en sectores como a minería, a construción, o servizo doméstico ou a industria.
O ODS de traballo decente e crecemento económico busca o acceso ao emprego en condicións laborais axeitadas e está relacionado estreitamente con outros ODS e distintas metas:
- Axuda a diminuír a pobreza: ODS 1.
- Aumenta o benestar xeral: ODS 3.
Como se pode actuar?
Para cumprir as metas do ODS 8, é necesario levar a cabo accións vinculadas ao ODS 4 e formar traballadores preparados para adaptarse a entornos cambiantes, con alta capacidade de resiliencia e enfocados en programas orientados ao aprendizaxe permanente.
Exemplo. A través da gamificación, as empresas poden fixar obxectivos compartidos entre os distintos departamentos e fomentar desta forma a interacción entre os empregados.
No cine
- Office Space
- Diamantes de sangre
- Blue Collar
- Los lunes al sol
- La IA en el trabajo