Diferencia entre revisiones de «Byobu»

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
(Página creada con « = Introdución = Byobu é un multiplexador de terminais; é dicir, permite a execución de varias liñas de comandos nunha mesma terminal. Trátase dun frontal de dous do…»)
 
Línea 38: Línea 38:
 
Podemos ver como abrimos 4 pestanas e como podemos traballar nunha única conexión ssh con varias liñas de comando á vez (recoméndase ver o vídeo en modo pantalla completa para que a barra de control de reproducción non tape a liña de notificacións de byobu):
 
Podemos ver como abrimos 4 pestanas e como podemos traballar nunha única conexión ssh con varias liñas de comando á vez (recoméndase ver o vídeo en modo pantalla completa para que a barra de control de reproducción non tape a liña de notificacións de byobu):
  
−
[![asciicast](https://asciinema.org/a/XpPIw7nwPmrodWErW2SBcUkfw.svg)](https://asciinema.org/a/XpPIw7nwPmrodWErW2SBcUkfw)
+
https://asciinema.org/a/XpPIw7nwPmrodWErW2SBcUkfw
−
 
 
  
 
= Referencias =
 
= Referencias =

Revisión del 19:13 26 ene 2026

Introdución

Byobu é un multiplexador de terminais; é dicir, permite a execución de varias liñas de comandos nunha mesma terminal. Trátase dun frontal de dous dos multiplexadores máis coñecidos, screen e tmux, e permite entre outras cousas:

  • Executar varias liñas de comandos na mesma terminal.
  • Dividir a ventá en divisións horizontais e verticais (splits).
  • Dividir a ventá en pestanas.
  • Manexo de sesións.
  • Amosa notificacións e información sobre o estado do sistema (uptime, nº e frecuencia de cpus, data, uso de disco, actualizacións, ...).

Se nunca traballastes cun multiplexador e comparades as súas funcionalidades con terminator, podemos crer nun principio que fan cousas semellantes e son iguais. Sí fan algunhas cousas iguais, como a división da pantalla, pero byobu vai máis alá; por exemplo, imaxinade que tedes que conectaros por ssh cun equipo remoto e abrir varias liñas de comandos para traballar nel:

Con terminator poderiamos abrir varias pestanas e en cada unha delas facer ssh; polo tanto, habería varias sesións ssh abertas co equipo remoto:

Conexións con terminator

Fig. Varias conexións ssh con terminator para ter varias liñas de comandos no equipo remoto.

Con byobu abriría unha terminal no equipo local e faría ssh ó equipo remoto; unha vez no equio remoto, executaría byobu para crear unha sesión e abriría varias liñas de comandos. Polo tanto, habería unha única conexión ssh pero aínda maís, eu podo pechar a conexión ssh co equipo remoto e volver a abrila horas máis tarde e recuperar a sesión byobu con todas as liñas de comandos como as deixei cando me fun.

Unha conexión ssh, unha sesión byobu e mútiples liás de comandos

Fig. Unha conexión ssh, unha sesión byobu e mútiples liñas de comandos no equipo remoto

Este funcionalidade é unha das razóns polas que uso byobu cando me conecto ó servidor de exames para traballar cos contedores incus; nunha única conexión ssh, pode abrir varias liñas de comando e controlar os contedores, entrar neles e executar comando con incus exec, ... Doutro xeito, tería que andar abrindo conexións ssh unha e outra vez para facer esto.

Instalación

Byobu xa ven instalado nas versión de Ubuntu Server; de tódolos xeitos, se queremos facer a súa instalación noutra distribución:

sudo apt update
sudo apt install byobu

Uso

byobu

O que primeiro vemos é a liña de comandos e na parte inferior a liña de notificacións coa versión, as pestanas, o nº de paquetes a actualizar, uptime, carga, información sobre nº e frecuencia das cpu, tamaño e uso de RAM e hora/data do sistema. Para abrir novas pestanas prememos F2 e para movermos entre elas F3 (anterior) e F4 (seguinte):

Podemos ver como abrimos 4 pestanas e como podemos traballar nunha única conexión ssh con varias liñas de comando á vez (recoméndase ver o vídeo en modo pantalla completa para que a barra de control de reproducción non tape a liña de notificacións de byobu):

https://asciinema.org/a/XpPIw7nwPmrodWErW2SBcUkfw

Referencias

  • Curso G2501013 Escenarios de seguridade en contornas de alta dispoñibilidade e cloud computing cofinanciado polo Fondo Social Europeo: "O FSE inviste en ti", impartido por D. Manuel González Regal, profesor de informática no IES San Clemente de Santiago de Compostela.