Diferencia entre revisiones de «DRUPAL Multi-linguaxe»
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Línea 36: | Línea 36: | ||
</gallery> | </gallery> | ||
− | + | == Criterios para cambiar de idioma o sitio web == | |
+ | |||
+ | [[Imagen:Drupal_multilinguaxe_5.jpg|500px|center] | ||
+ | |||
+ | <br /> | ||
+ | |||
:* Pola URL: Se prememos no botón '''Configurar''' aparecerán dúas opcións: | :* Pola URL: Se prememos no botón '''Configurar''' aparecerán dúas opcións: | ||
: [[Image:Drupal_multilinguaxe_6.jpg| 300px]] | : [[Image:Drupal_multilinguaxe_6.jpg| 300px]] | ||
Línea 77: | Línea 82: | ||
+ | == Contidos con varios idiomas == | ||
Revisión del 15:29 20 nov 2016
Sumario
Introdución
- Cando creamos un sitio web, sobre todo se é un de tipo 'comercial', adicado á venta de produtos, queremos chegar ao maior número de clientes.
- Para logralo, o idioma non debe ser un problema, e Drupal vai permitirnos ter os contidos publicados en múltiples idiomas.
Activando o módulo Multilingual
- O primeiro que temos que determinar é que linguaxes imos ofrecer ao usuario.
- Drupal permitirá escoller ao usuario unha das linguaxes posibles.
- Activaremos primeiro o módulo multilingual o cal xa ven instalado no core de Drupal.
- Configuration translation: permite ter unha tradución dos elementos do sitio web coma o nome do sitio, vocabularios, menús, bloques, e outras configuracións con texto do sitio web.
- Content translation: permite ter unha tradución dos contidos do sitio, coma os artigos,...
- Interface translation: permite ter unha tradución das cadeas estáticas do sitio web, coma as etiquetas dun formulario. Estará activado se instalamos o Drupal en español.
- Language module: permite establecer a linguaxe do sitio web.
- Unha vez activados pasaremos a ter as seguintes opcións no menú Administrar => Configuración => Sección Reginal e Idiomas.
Especificando a linguaxe
- Para establecer as linguaxes que o sitio web para poder dispoñer, teremos que escoller a opción Idiomas.
Criterios para cambiar de idioma o sitio web
[[Imagen:Drupal_multilinguaxe_5.jpg|500px|center]
- Prefixo da ruta:
- Podemos configurar para que o sitio se amose no idioma galego cando na URL teñamos unha entrada do tipo: http://www.meustio.es/gl e que sexa español cando a url sexa: http://www.meusitio.es. Podemos cambiar as url polos valores que queiramos.
- Dominio: Podemos facer que o dominio: http://galego.meusitio.es sexa en galego e http://castelan.meusitio.es sexa en castelán.
- Sesión:
-
- Podemos indicar se o idioma se establece en base a un parámetro indicado na URL do sitio web. Así podo indicar que a url: http://www.meusitio.es?language=gl estableza o idioma galego.
- Navegador: O idioma do sitio será establecido polas preferencias de idioma establecidas no navegador. Será necesario establecer unha relación entre o código do idioma que envía o navegador e o idioma do sitio web.
- Como podemos ver podemos ter diferentes criterios de selección de idiomas activo e se aplicarán na orde establecida (podemos cambiar dita movendo os criterios có gráfico en forma de cruz ou amosando os pesos).
- Como exemplo imos deixar seleccionados a opción de URL e Idioma seleccionado.
- Agora imos a colocar o bloque que permite escoller o idioma por parte do usuario. Chámase Alternador de idioma.
- O colocaremos nunha rexión do tema actual como xa vimos na Unidade 5: Bloques.
Contidos con varios idiomas
-- Ángel D. Fernández González -- (2016).