Diferencia entre revisiones de «PHP IDE Netbeans»

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Línea 200: Línea 200:
  
 
* O que é importante é que a configuración de execución do proxecto teña como URL o nome do proxecto creado.
 
* O que é importante é que a configuración de execución do proxecto teña como URL o nome do proxecto creado.
−
* Hai que ter en conta que http://localhost apunta a /var/www/html/ e polo tanto se creamos un proxecto de nome 'Proxecto' na URL teremos que poñer: 'http://lcahost/Proxecto/paxinaInicio.php' como amosa a seguinte imaxe:
+
* Hai que ter en conta que http://localhost apunta a /var/www/html/ e polo tanto se creamos un proxecto de nome 'Proxecto' na URL teremos que poñer: 'http://localhost/Proxecto/paxinaInicio.php' como amosa a seguinte imaxe:
  
 
[[Imagen:Php_install_xdebug_3.JPG|400px|center]]
 
[[Imagen:Php_install_xdebug_3.JPG|400px|center]]

Revisión del 18:48 17 ene 2017

Introdución

  • NetBeans é un IDE có que imos a desenvolver aplicacións en PHP neste curso.
  • Non é obrigatorio utilizalo pudendo usar calquera editor de texto dispoñible ou IDE con soportes para PHP.

Instalación

  • Primeiro debemos descargar a distribución de PHP que teña soporte para desenvolver aplicacións PHP.
Podemos ver as versións dispoñibles neste enlace
Php ide 1.jpg
  • Debemos escoller o idioma do IDE.
  • Debemos escoller a plataforma do S.O. para o que queiramos instalar.
  • Escolleremos a distribución que teña soporte para PHP.


  • Instalamos o IDE.

Instalación Linux

  • Unha vez descargado o arquivo so teremos que facer os seguinte pasos dende unha terminal de linux:



Instalación Windows

Requirimentos previos

  • En Windows se non temos instalado o XAMPP ou un servidor web con soporte para páxinas PHP, é necesario ter:
  • Desta forma poderemos facer uso do servidor Web interno que incorpora PHP e que se integra dentro do IDE Netbeans.

Primeiro proxecto: Ola Mundo


  • Para inserir código en PHP teremos que escribir dito código entre as etiquetas: <?php ?>
  • Unha función moi interesante para obter información sobre o Apache e características do PHP instado é: phpinfo()
 1 <html>
 2     <head>
 3         <meta charset="UTF-8">
 4         <title></title>
 5     </head>
 6     <body>
 7         <a href="http://www.google.es">Google</a>
 8         <?php
 9  
10             phpinfo();
11  
12         ?>
13     </body>
14 </html>
  • Entre outros informacións danos a ruta do arquivo de configuración que está a utilizar o Apache, como amosa a seguinte imaxe:
Php ide 2.jpg


IMPORTANTE:

O NetBeans permite executar as páxinas web utilizando diferentes servidores.
Cando no paso 2 escollimos PHP Built-in Server o php.ini que vai cargar vai ser: etc/php7/cli/php.ini (o podemos saber cargando unha páxina php e chamando á función phpinfo(), xa que pode ser que dependendo da vesión do NetBeans, cambiades de versión PHP).
Polo tanto, se queremos activar o debugger ou calquera outra operación que leve consigo modificar o arquivo php.ini, teremos que ir a esta ruta se estamos a utilizar o PHP Built-in Server.
Outra opción é utilizar o servidor Apache previamente instalado na máquina (como é o noso caso).
Php ide 10.jpg
Se no proceso de creación do proxecto escollemos a opción Local Web Site estaríamos utilizando o Apache. Nese caso lembrar que o Apache apunta ao cartafol /var/www/html. Polo tanto o noso proxecto debería estar creado nese cartafol e poderíamos acceder coa seguinte URL: http://localhost/PhpOlaMundo/index.php. Como no paso anterior indicamos que o proxecto se vai crear noutro cartafol, é por iso que aparece a opción de se queremos copiar o proxecto ao onde debería apuntar o Apache (fixerse que a ruta está mal). O mellor nestes casos é crear o proxecto directamente no cartafol onde 'apunta' o Apache.

Configuración do proxecto

  • O IDE permite ter diferentes 'configuracións' de proxectos. Por defecto está unha de nome 'default'.
  • Imos ver onde e como crear novas configuracións.


Activando o modo Debugger

  • NOTA: Esta sección está asociada á realización dun EXERCICIO.


  • Para poder executar o proxecto en Modo Debugger e poder poñer puntos de interrupción teremos que executar o proxecto premendo no botón de Debugger:
Php ide 20.jpg
  • De todas formas con iso non chega xa que é necesario cargar unha librería e configurar o php.ini para activar dita opción.


Instalado XDEBUG EXTENSION FOR PHP

  • Instalaremos o paquete php-pear.
1 sudo apt-get update
2 sudo pt-get install php-pear


  • Despois instalamos o módulo xdebug necesario para facer o debugger
1 sudo apt-get update
2 sudo apt-get install php5-dev
3 sudo pecl install xdebug


  • Ao rematar a instalación podemos ver onde gardou a librería compilada.
Php install xdebug 2.JPG
  • Podemos deixala onde está ou copiala ao cartafol /usr/lib

Activando o modo debugger en NetBeans

  • Unha vez instalado, teremos a librería no cartafol: /usr/lib/php5/20121212/xdebug.so
  • Se queremos facer un debugger da aplicación en PHP é necesario engadir unha serie de parámetro no arquivo php.ini.
  • Debemos engadir estas liñas ao arquivo php.ini do apache:
1 zend_extension=/usr/lib/php5/20121212/xdebug.so
2 xdebug.remote_enable=1
3 xdebug.remote_handler=dbgp
4 xdebug.remote_mode=req
5 xdebug.remote_host=127.0.0.1
6 xdebug.remote_port=9000


Nota: É importante poñer a ruta completa onde se atopa a librería xdebug.
  • Finalmente debemos reinicar o servizo apache:


1 service apache2 restart

Proxecto OlaMundo

  • O que é importante é que a configuración de execución do proxecto teña como URL o nome do proxecto creado.
  • Hai que ter en conta que http://localhost apunta a /var/www/html/ e polo tanto se creamos un proxecto de nome 'Proxecto' na URL teremos que poñer: 'http://localhost/Proxecto/paxinaInicio.php' como amosa a seguinte imaxe:
Php install xdebug 3.JPG








-- Ángel D. Fernández González -- (2016).